Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Proxecto da Mina de Corcoesto, unha "aberración normativa"

O Proxecto da Mina de Corcoesto, unha "aberración normativa"
Uns dos montes da zona de Corcoesto

Xa estivemos analizando as críticas á Declaración de Impacto Ambiental que prantexan varios colectivos contrarios ao proxecto. Pero hoxe recibimos o testemuño dunha avogada que leva a defensa dalgúns dos afectados, Ana M. Varela Velo, que denuncia a "aberración normativa" que está a levar a cabo a Xunta de Galicia na tramitación deste proxecto mineiro.

Contando con información de todas as partes, Varela, quere darnos "un punto de vista máis persoal e máis concreto dos problemas xurídicos que ten o proxecto en sí, xa que logo desde o meu punto de vista, éche un "sismo legal"".

Varela xa presentou na Dirección Xeral de Minas da Consellería de Industria da Xunta de Galciia un escrito, entre outros moitos que xa se teñen presentado, para denunciar en todo momento "defectos de tramitación, que neste caso son moi abondosos e sustanciosos, e en principio máis que suficientes para que calquer Xulgado do Contencioso declare a nulidade de todo o procedemento", denuncia.

No seu escrito, Varela Velo, alega varios "defectos na tramitación do expediente de concesión de autorización para a explotación da mina a ceo aberto".

  • No EIA (Estudio de Impacto Ambiental) presentado pola empresa non se tivo en conta o impacto que o proxecto vai a ter para a poboación de Corcoesto tanto a nivel social como económico, focalizando na falta de consideración sobre os montes afectados, principais fontes económicas de Corcoesto. Para a avogada esta “ocultación de datos ou a súa falsidade, total ou parcial no procedemento de obtención da autorización ou licencia” é patente.
  • No PXOM do concello de Cabana de Bergantiños os montes de Corcoesto están clasificados como suelo rústico de protección forestal, e os propios informes técnicos recoñecen que os terreos nunca recuperarán o seu valor forestal e gandeiro tralo "seu deterioro significativo e irreversible". Deste xeito así a Xunta incumple o seu cometido de velar pola protección e supón un conflito de intereses, destacando ademais o valor estratéxido do sector madereiro.

Reunión en Corcoesto

Paralelamente a Plataforma pola Defensa de Corcoesto convoca unha reunión para este domingo 23 de decembro ás 11:00h no Local Social de Corcoesto, en Cures.

Reunión da Plataforma en Defensa de Corcoesto

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios