Os Concellos apuntan ao CMAT
Falabamos estes días con Pablo Canosa, o novo presidente da APTCM, e recoñecía que a posta en marcha do CMAT, como se vai chamar aquí ao Consorcio de Turismo (Costa da Morte Asociación Turística), é o seu principal obxectivo. Un CMAT que terá participación privada (a da propia APTCM como patronal e mais da Neria, se efectivamente confirma as intencións que fixo públicas o seu Secretario) e pública. Parece que a Xunta e a Deputación están interesados en sacalo adiante, polo que os Concellos son claves.
A día de hoxe os Concellos de Cabana, Laracha, Fisterra, Zas e Cee xa confirmaron a súa adhesión. E outros tantos o teñen comprometido, como son o de Vimianzo, Ponteceso e Muxía.
Así mesmo, a directiva da APTMC quere amosar a súa “satisfacción e optimismo despois das primeiras reunións cos alcaldes da Costa da Morte”. A axenda da directiva segue repleta de reuniçons cos mandatarios, pero destacan que as últimas xuntanzas cos responsables dos concellos de Dumbría, Carnota e Corcubión foron “satisfactorias” e “todos amosaron o seu interese popo proxecto CMAT e animaron á APTCM a continuar nesa liña”.
Están xa fixadas as xuntanzas con Carballo, Mazaricos, Laxe e Coristanco, e con iso xa terían tocado aos 17 concellos que forman o Xeodestino Costa da Morte, o verdadeiro paraugas que abrangue a bisbarra en materia turística para as administracións.
Novas relacionadas
- Pablo Canosa: Levamos 10 anos de retraso e por iso fai falta o CMAT.
- A APTCM cambia a directiva e centra a súa acción na posta en marcha do CMAT.
- O Camiño dos Faros espállase por Londres.
- As frechas azuis van ao xulgado.
- SOLPOR editará unha guía do Camiño de Fisterra-Muxía.
- Oficina de Turismo: Pechada por vacacións.
- 26-03-14: A APTCM aprobou a súa integración no CMAT e a renuncia do seu presidente.
- A Xunta recoñece ao CMAT como único interlocutor para o turismo na Costa da Morte.
- Traski envía unha carta de unión e eficiencia ao sector turístico da Costa da Morte.
- A Costa da Morte segue lonxe dos primeiros destinos de Galicia.
- 30-12-13: Presentado o ente turístico que xestionará o xeodestino Costa da Morte.
- 20-12-13: CMAT: En marcha o ente que unirá o turismo na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).