Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Camiño dos Faros espállase por Londres

O Camiño dos Faros espállase por Londres
Traski en London

Alá foi Traski. Cambiou as botas de montaña polos zapatos e foi presentarse na sociedade londinense como ese traslo que os levará polos deerroteiros máis salvaxes da Europa Occidental. Que importante son estas accións par espallar turisticamente a marca Costa da Morte, e Traski e o seu Camiño dos Faros, esa iniciativa civil, segue demostrando que con vontade e coñecemento, se pode chegar moi lonxe.

Todo cun obxetivo é “claro e único”, como recoñecen os responsables da iniciativa: que “O Camiño dos Faros exista e o faga moita xente co máximo respeto á natureza”.

Na World Trade Market

Traski e o Camino dos Faros na World Trade Market

Pero desta volta o obxectivos de ir ao World Trade Market foron varios:

Por unha banda, coñecer de primeira man os diferentes produtos similares ao Camiño dos Faros que existen no mundo. “The Wild Atlantic Way en Irlanda, a Wales Coast Path en País de Gales ou o Sentier deas Douaniers na Bretaña francesa son rutas irmás ao Camiño dos Faros e cunha consolidación entre a poboación e a nivel mundial á que queremos chegar nós”, explíca Traski a través das redes sociais.
Neste sentido, a conclusión é clara: “A clave é a homologación da ruta como unha GR (Gran Percorrido) que fará que sexa incluída en todas as publicacións especializadas”. E xa saben os pasos a dar: Para iso, é a Diputación a que ten que converterse en promotor desa homologación que xa excede as capacidades e posibilidades da Asociación O Camiño dos Faros”.

Outro dos obxectivos é dala a coñecer a todo o mundo. En Londres os membros da Asociación reuniuse con varios operadores estranxeiros especializados en senderismo e que moven milleiros de persoas ao ano por toda Europa. Nas próximas semanas irán dando noticias dos avances neste sentido, que consideran tamén básico para conseguir a consolidación do Camiño do Faros.

Traski en Hyde Park

O Camiño, patrimonio da Costa da Morte

Outra cousa que os trasnos queren resaltar é a boa recepción que amosaron varios concellos e asociacións da Costa da Morte nas xuntanzas realizadas nas útimas datas. “Agora é o momento de empuxar, aportando cada un o seu granito de area para que este Camiño dos Faros se consolide”, comentan. E rematan cun “Non o esquezades, O Camiño dos Faros non é dos trasnos, é un patrimonio de toda A Costa dá Morte”.

Máis información

Novas relacionadas

O Camiño dos Faros por etapas

Fonte

Comentarios