Xoves. 14.11.2019
El tiempo

O Pactómetro (II): Avanzando cara gobernos en minoría e algunha sorprendente coalición

O Pactómetro (II): Avanzando cara gobernos en minoría e algunha sorprendente coalición

Pasadas dúas semana despois das Eleccións do 26M, tras facer unha batida polos 9 concellos que fican pendentes do Pactómetro, e a unha semana do pleno de formación das novas corporacións (o sábado 15 teremos unha mañá completita), facemos un novo repaso para ver como está a situación municipal.

Negociando en Corcubión

Van a bo ritmo as negociacións entre todos os partidos implicados no Pactómetro corcubionés. trala primeira toma de contacto (sen puntos concretos), PSOE e BNG achegan posturas para formar o primeiro goberno de coalición en anos, facendo boa a calma que houbo nesta pasada lexislatura.

En todo caso, o BNG mantivo reunións do Sempre Corcubión e PACor, os outros dous grupos que poderían axudar a formar goberno. Reunións cordiais, cun maior entendemento con Alfredo González que con Paco Rojo, que parece que pode complicar a formación de goberno.

Chave será a asemblea local da militancia do BNG deste sábado, na que decidirán sen formar goberno co PSOE, ou con Sempre Corcubión e PACor.

En Vimianzo, titular falso e portas abertas

En Vimianzo un titular falso remexía as posibilidades de pacto entre Adiante Vimianzo e PP. Pero a realidade é que nin PP nin Adiante Vimianzo teñen as portas pechadas a seguir negociación pensando nun posible goberno de coalición, que poida manter na alcaldía a Antelo. De feito, xa nos confirmar que está habendo “conversas informais entre xentes dun e outro partido explorando posibilidades”.

Mentres, o PSOE segue tendendo a man a Antelo “para dialogar”, coa intención de gobernar en minoría.

Santa Comba

A Xunta electoral vén de desestimar o recurso presentou CxG polo que o PSOE mantén o 6º concelleiro, deixando a CxG cun só edil no pleno. En todo caso, a efectos prácticos non cambia nada a configuración do Pactómetro xalleiro, pois o PP segue sendo a forza máis votada e CxG segue sendo a peza chave para formar unha maioría, por un lado ou por outro.

A alcaldesa en funcións María Pose sinala que aínda non houbo negociacións pero recoñece que esta semana é chave.

Difícilmente será posible superar a oferta do PSOE a CxG, que lle propón compartir a alcaldía dous anos para Ucha Velo e dous para Barbeira. “Poñemos todo para propoñer unha maioría alternativa, agora a responsabilidade é del”, sinala Ucha.

Porén, parece que Barbeira mantense na idea de non formar parte dun goberno de coalición.

Bipartito por un lado ou tripartito polo outro en Muros

Parece que todos os grupos teñen claro que outro goberno en minoría sería un suicido para o Concello. Por iso as nefociacións están que ferven. A finais de semana, o BNG formulouse como posible ponte en PSOE e CxG para formar un goberno tripartito “de esquerdas”. Pero a alcaldesa en funcións, María Xosé Alfonso, xa deixou completamente claro que non vai formar con “ quen pode ser (ou xa foi) mala para o pobo, non quen pode ser (ou xa foi) mala para nós (CxG e membros de CxG), porque o importante é o ben para o pobo”.

Deste xeito, as negociacións polo outro lado entre Inés Monteagudo (PP) e María Xosé Alfonso (CxG) continúan avanzando. O PP ten as portas abertas a un goberno de coalición e se ben non falaron aínda de cargos esta parece a posibilidade máis viable. A asemblea do CxG decidirá.

O PSOE quere asaltar a alcaldía de Malpica

Avanzan as reunións en Malpica polos dous lados do espectro. Walter Pardo (PSOE) ten claro que quere asaltar a alcaldía unha vez que o alcalde enfuncións, o popular Eduardo Parga, perdeu a súa maioría absoluta. Pardo xa mantivo reunións cos candidatos de BNG e Ciudadanos, cos que podería formar un goberno alternativo, e se ben aínda non hai “propostas firmes”, “houbo boa sintonía e tanto Dani García Reigía, como Alfredo Cañizo coma nin compartimos a idea de que Malpica necesita un cambio para saír do estacamento político no que se atopa”, sinala Pardo.

Coristanco camiña nunha dirección

Juan García, o candidato do PP, como forza máis votada, xa rematou a súa primeira rolda de contactos. “Mal empezamos se non falamos”, apunta García .Entendendo que o normal sería un goberno popular en minoría con acordos puntuais, pode que haia un entendo maior con TEGA. PSOE e BNG xa anunciaron, cordialmente, que non poden formar goberno. E parece que as posturas con Antonio Pensado Plágaro son distintas. “Con Antonio falamos e quedamos en volver falar. Pero a verdade é que os prantexamentos son distantes e opostos, teñen unhas pretensións que non os que temos nós”, explica.

Deste xeito, para evitar un goberno en minoría a única opoción que daría sería un goberno PP-TEGA. Ante esta posibilidade nin un nin outro pechan as portas, se ben por agora non houbo ningún tipo de propostas firmes. De feito, houbo un diáolog positivo. ”Amancio é unha persoa co que se pode falar, e seino porque temos coincidido na nosa traxectoria profesional, e aos dous nos move o ben de Coristanco”, deixa o máis que posible vindeiro alcalde coristanqués.

O propio Lavandeira recoñece que “ temos a nosa idea segue sendo liderar a oposición, que foi onde nos puxeron os veciños de Coristanco, e a partir de aí, se ben aínda non houbo ningún avance no sentido de formar goberno, non pechamos ningunha porta. Veremos que condicións e que compromisos adquirimos todos para poder traballar polo ben dos veciños. A Asemblea de TEGA será a que decida en todo caso”, explica.

Carnota e Cee, camiño dun goberno en minoría

Se non hai novidades (máis alá da renuncia de Milucho Louro á vida política, Carnota camiña cara un goberno en minoría de José Manuel Saborido, “Moma” (PSOE).

Mentres en Cee, a candidata da forza máis votada, Margarita Lamela (PSOE), mantivo reunións con todos os grupos, IXCee, PP, Ciudadanos e BNG. "Todos manifestaron o mesmo que se ían a votar a si mesmos", polo que queda "gobernar en minoría cun diálogo fluído coa oposición. Agora toca traballar, traballar e traballar", sinala Lamela. Parece que os posibles pactos van perdendo forza. 

Fisterra avanza na coalición PSOE-BNG

Seguen sentados á mesa Jose Marcote e Kuka Sar, para chegar a un entendemento e manter a coalición que leva gobernando os últimso 4 anos. “Estamos nelo, e non debería haber problema”, sinalan fontes achegadas aos grupos municipais.

Todas as novas das Eleccións

Comentarios