Pataca, poesía, jazz, liño e verbena na Axenda Costa da Morte

Vaise o verán, comeza o curso e a actividade festexeira e cultural baixa o ritmo. Poucas, pero ben escollidas, as citas na Axenda Costa da Morte deste ecuador do mes de setembro.
Festa da Pataca de Coristanco
Completísimo programa o que trae a Festa da Pacata de Coristanco. Unha das festas gastronómicas máis importantes da nosa comarca, que vivirá estes 15, 16 e 17 de setembro a súa 41ª edición, que se presenta cun programa completísimo (con música, artesanía, exposicións, agro…).

Roteiro Literario por Malpica
A Asociación Caldeiros artella para a mañá deste sábado 16 un roteiro literario por Malpica na horna do poeta e percebeiro Paco Souto.
Festa de presentación do CarbaJazz
O Casino 1889 acolle hoxe venres ás 20:30h a festa de presentación do novo festival CarbaJazz, coa actuación de Lois Rivera Quartet.
Xornada do liño
As Torres do Allo acollen este sábado unhas completas Xornadas arredor do liño, cunha completa mañá de charlas, desfiles e petiscos.
Festas de Castriz
Festas de Fátima de Cambeda
A parroquia vimiancesa está de festa dende onte e ata a sábado.