Martes. 30.04.2024
El tiempo

Nace o Carbajazz, o primeiro festival de jazz de Carballo

Unha birra no Casino 1889 Carballo
O Casino 1889 acollerá a presentación do festival
Nace o Carbajazz, o primeiro festival de jazz de Carballo

Con alegría recibimos a nova da creación do primeiro festival de jazz de Carballo. A Fundación Manuel Facal, de recente creación, en colaboración co Concello de Carballo, e no marco dun programa de actividades de homenaxe polo 80º aniversario do artista, vai presentar o proxecto do CarbaJazz!

O acto de presentación do festival será este venres 15 de setembro, ás 20:30 horas no Espazo Casino 1889.
Tomarán a palabra Xaime Díaz, Manuel Facal e o Alcalde de Carballo para dar a benvida e falar do proxecto. A idea inicial da Fundación é facer un festival jazz, de periocidade anual e e na que participen sobre todo músicos galegos e portugueses, mais tamén doutras nacionalidades. "O galego é un valor cultural que nos identifica como pobo e que nos conecta coa comunidade lusófona de case 200 millóns de persoas que falan portugués, xa que a intercomprensión entre ambas as linguas é posible sen necesidade de mediación", explican dende a Fundación.

O concerto de presentación será cuarteto Lois Rivera Quartet, dirixido polo saxofonista, clarinetista, arranxista, compositor e director de BigBand coruñes Lois Rivera, que ofrecerán unha sesión improvisada na que interpretarán diversos temas en directo durante unha hora. O grupo reúne a catro das novas promesas do jazz galego, como son Alber Grela á guitarra, Miguel Piñeiro ao contrabaixo e Brais Villar á batería.

Comentarios