Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O PP tumbou a ILP de SOS Sanidade Pública a pesar das 50.000 sinaturas que a avalan

Vanesa Viquendi de SOS Sanidade Publica no parlamento Galego
A fisterrá Vanesa Viquendi fixo de voceira de SOS Sanidade Publica no Parlamento Galego
O PP tumbou a ILP de SOS Sanidade Pública a pesar das 50.000 sinaturas que a avalan

De pouco vale nesta democracia levar dous anos colleitando sinaturas que avalen unha Iniciativa Lexislativa Popular cando xa se sabe de antemán que a maioría absoluta vai tumbar a proposta cando chegue o Parlamento Galego.

Non houbo sorpresas na votación da ILP para adoptar medidas urxentes e necesarias para recuperar a atención primaria impulsada pola Plataforma SOS Sanidade Pública, que conseguiu máis de 50.000 sinaturas cidadás (a máis apoiada da historia de Galicia). O PP votou “non” (o resto de partidos votaron a favor) a pesar de que en moitos concellos do país, como en Fisterra, a moción foi aprobada por unanimidade, mesmo co voto a favor dos populares.

“A sanidade é un dereito, non se pide, se esixe”. Así rematou a súa intervención a voceira da Plataforma, a combativa fisterrá Vanessa Viquendi (podedes ver aquí a súa intervención que lamenta o desalento democrático que supón este rexeitamento do PP a unha iniciativa cidadá, apartidista. Tívolle que lembrar Viquendi ante as acusacións electorais do voceiro popular, que non milita en ningún partido, e que moitas desas 50.000 sinaturas son de votantes do PP que son conscientes da realidade.

Porque ante os datos “inútiles” e “irreais” que amosou o deputado do PP, Alberto Pazos, Viquendi levou “realidades. Cando chego ao centro de saúde e non hai pediatra, que lle digo á miña filla??” espetoulle nunha crúa réplica a fisterrá, que despois dunha presentación algo máis calmada agriou aínda máis o seu discurso ante as acusacións persoas de Pazos, recibindo numerosas loubanzas pola súa potente intervención. E iso que só tivo 5 minutos, que impediron que desenvolvese todo o seu argumentario de “realidades”.

Viquendi debullaba primeiro as medidas que os expertos consideran necesarias para rescatar a sanidade pública, como fixar un máximo de 48 horas de espera para consultas en centros de saúde, aumentar as ofertas públicas de emprego e elevar ata o 25% o gasto total sanitario adicado á Atención Primaria.

Tamén tiveron palabras Julio Torrado polo PSOE como Ana Pontón polo BNG, que antes da votación PP xa lamentaban que non ía ser aprobado. ”Sinto moito pero non estou dacordo”, sinaloulles Viquendi xusto antes de votar, ”eu veño aquí para que isto se aprobe”, sinalou antes de darse de bruces coa parede parlamentaria. “É duro debater cun grupo que se cre as súas propias mentiras. É duro escoitar que o único argumento é o bipartito ou que isto é unha iniciativa partidista, ou ver que para poñer en valor os seus fitos traen datos de 1975…”
”É unha mágoa. Danche a oportunidade de manifestarse, pero unha vez chegas te calan a boca gracias á maioría absoluta”, lamenta Viquendi.

E datos tamén levou Pontón, lembrando que 181 dos 313 concellos do país están sen pediatra; que se convocan menos prazas MIR das recondemendas polo Ministerio (46); que o persoal dos centros de saúde reduciuse en máis da metade; ou que as listas de espera son de 83,9 días para intervención cirúrxica, 25 para unha radiografía simple, 88 para unha resonancia e 118 para unha ecografía abdominal.

Non quixeron perder o debates xentes da comarca como o deputado nacionalista o carballés Daniel Pérez, ou o candidato á alcaldía de Laxe, Xosé Manuel Pose Lema.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios