Luns. 16.09.2019
El tiempo

#AxendaCostadaMorte: Propostas culturais e festivas para a fin de semana na Costa da Morte

Así se presenta a axenda para esta fin de semana na Costa da Morte, que vén marcada  polas numerosas celebracións de San Pedro, polo Festival Fisterra Blues, así como pola fin da festa do San Xoán de Carballo co Rockin e a mítica Festa do Bosque.

 

O Fisterra Blues Experience celébrase do 28 ao 30 de xuño en Fisterra.
O Fisterra Blues Experience celébrase do 28 ao 30 de xuño en Fisterra.
#AxendaCostadaMorte: Propostas culturais e festivas para a fin de semana na Costa da Morte

ARTE DE METEOGALICIA: TEMPO ESTABLE E SOLLEIRO

Meteogalicia avísanos que o venres comezamos a ter influencia das altas presións polo que aumentará significativamente a estabilidade atmosférica. Con isto, amenceremos con ceos máis anubrados canto máis ao noroeste, con brétemas costeiras. Á tarde os ceos quedarán pouco anubrados ou despexados en xeral, con algunhas nubes no litoral norte e nubes de evolución ao leste. O sábado, Galicia comeza a quedar na influencia das altas presións. Así, amenceremos con nubes baixas e néboas na metade norte que se irán disipando co avance da mañá para quedar cunha tarde de ceos pouco anubrados ou despexados en xeral. Xa o domingo, Galicia queda nunha situación intermedia entre o anticiclón situado en Azores e unha baixa térmica centrada na península Ibérica, con réxime de ventos de compoñente norte. Con esta situación, no terzo norte amenceremos cos ceos cubertos e iranse abrindo grandes claros co avance do día. 

Venres 28-domingo 30 de xuño

-Festas de San Pedro en Muros.

-Festas de San Pedro en Buxantes (Dumbría).

-Festas de San Pedro na Ponte do Porto.

-Festas de San Pedro en Santa Comba.

-Festival Fisterra Blues Experience.

Venres 28 de xuño

-Festas de Corcoesto (Cabana).

-Festival Folclórico Agrocovo en Esteiro.

-Presentación dun libro sobre a Ataxia en Cabana.

Sábado 29 de xuño

-Festas de Corcoesto (Cabana).

-Festas de San Pedro de Corcubión.

-Festas de San Pedro de Barizo (Malpica).

-Festival Rockin en Carballo.

-Xornadas de Pesca O Pindo é mar.

Domingo 30 de xuño

-Festa do Bosque de Carballo.

-V Noite Rock na Sala Nasmo en Muros.

-Festa da Carballeira de Baio.

EXPOSICIÓNS

  • As Torres do Allo, en Zas, de luns a venres dende as 11:00 da mañá ás 20:00 da tarde; e o sábado e domingo amplíase este horario ata as 21:00 horas. A programación habitual:
    - Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia.
    - O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
    - Visitas teatralizadas todos os domingos de xullo e agosto ás 19:30.
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
  • A Tenda Turística Stoupa acolle a exposición "Mar de Crebas".

TODA A INFORMACIÓN DEBULLADA NA #AXENDACOSTADAMORTE

Comentarios