Os traballadores do transporte sanitario avalan o preacordo conseguido polos sindicatos unidos

Tras máis dun mes de accións e negociacións, os traballadores transporte colectivo teñen xa un convenio decente. Tras case 4 anos de soldos conxelados, conseguen unha suba importante (arredor do 22%, contando extras...) de aquí ao 2022. Suspéndese así a folga indefinida que había programada para onte mesmo, porén “iso non quere dicir que se desconvoque a folga xa que este paso só se dará no momento da sinatura definitiva do convenio, porque coñecemos como as gasta a nosa patronal e a súa nula fiabilidade”.
Con estas palabras deixan claro a postura os sindicatos. Así o ratificaron a pasada noite de mércores 20 os traballadores, votando nun 81% a favor do preacordo avalado polos tres sindicatos unidos, UGT, CCOO e CIG. Unhas asembleas que contaron cunha altísima participación.
Agora as miradas están no día 25 cando teña lugar a que pode ser a última mesa de negociación.
Novas relacionadas
- 20-03-19: Sindicatos, unidos, e patronal achegan posturas para intentar poñer fin á folga das ambulancias.
- 14-03-19: A quen lle interesa que ardan as ambulancias?.
- 26-02-19: “Queimar ambulancias non nos fai ningún ben aos traballadores que loitamos por mellorar a nosa situación”.
- 22-02-19: A folga das Ambulancias ponse máis tensa na Costa da Morte mentres a negociación continúa en Santiago.
- 20-02-19: Días de gran tensión arredor da folga das Ambulancias.