Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os traballadores de Salvamento, arroupados pola xente do mar, fan pública a súa folga

Concentracion dos traballadores en folga de Salvamento Maritimo na Coruna
Concentracion dos traballadores en folga de Salvamento Marítimo na Coruña
Os traballadores de Salvamento, arroupados pola xente do mar, fan pública a súa folga

Este pasado mércores, traballadores en folga de Salvamento Marítimo amosaron a súa disconformidade coa proposta da empresa concesionaria do servizo (tan básico que nunca debería terse privatizado) de baixada de condicións salariais e soldos. Fixérono cunha concentración no Obelisco na Coruña, na que estiveron arroupados por algún partido político omo Unidas Podemos, e por varios profesionais do mar, como o patrón cormelán Roberto Vidal.

Cada vez son máis confrarías que amosan o seu apoico e compromiso coa loita dos traballadores duns traballadores nos que lles vai a vida ás xentes do mar. Case todos os pósitos da Costa da Morte (Muxía, Camariñas, Laxe, Malpica) xa ratificaron o apoio amosado dende a Confraría de Corme, que aproveita a homenaxe que lles vai facer este ano como pregoeiros da Festa do Percebe do Roncudo para tecer lazos e poñerse do seu lado.

O Patron Maior de Corme na Concentracion dos traballadores en folga de Salvamento Maritimo na Coruna
O Patrón Maior de Corme, de branco, na Concentración dos traballadores en folga de Salvamento Marítimo na Coruña

Ademais, estes días están recibindo máis e máis apoios das xentes do mar. Cangas ou Cedeira son outras confrarías que están estes días facendo patente o apoio a estes profesionais, para que poidan centrarse no seu traballo, precisamente salvarlles a vida.

Durante a concentración unha das accións máis simbólicas protagonizounas o helicóptero de Tráfico (un dos poucos medios aéreos que non están afectados, porque os helicópteros antiicendios, de aduanas, de urxencias… tamén están afectados por esta proposta de baixada de soldos de entre un 13 ao 30%). Achegouse ao Obelisco e ficou uns minutos voando, parado, sobre a concentración. Así llo recoñeceron os representantes sindiciais durante os discursos, así como ao patrón da Confraría cormelá. “En temas Salvamento non se pode andar xogando con estas”, apunta Vidal. Agora chega a campaña do bonito, e os barcos van moi lonxe e se hai un infarto ten que saír o helicóptero, o mesmo helicóptero no que os seus traballladores están en folga, e aínda que estean ao 100% de servizos mínimos, non é o mesmo”, valora.

Concentracion dos traballadores en folga de Salvamento Maritimo na Coruna 2

Novas relacionadas

Comentarios