luns. 26.05.2025
El tiempo

Un amigo para a avoa con Salvacadelos

Un amigo para a avoa con Salvacadelos

Esta semana, esta fermosa familia achegábase ata a Clínica Veterinaria Argos de Cee logo de ver en Salvacadelos este canciño. Este pequerrecho marcha para facerlle compañía a unha persoa maior que vive soa, así que agardamos que se leven de marabilla.

Ademais, ao longo destas semanas dende Argos conseguiron atopar familia para media ducia de animais, entre eles este simpático peludo mazaricán que un lector de Salvacadelos achegou ata a Clínica.

Máis información de Salvacadelos

Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:

Novas relacionadas

Historias Bonitas de Salvacadelos

Fonte

  • Redacción de QPC (salvacadelos@quepasanacosta.gal).
  • Clínica Veterinaria Argos de Cee.

Comentarios