A Xunta regula a pesca recreativa nos portos
Tras case un ano de mobilizacións, a Xunta vén de publicar no DOG a resolución que autoriza a pesca non profesional en superficie de xeito total ou parcialmente en 107 dos 122 peiraos de titularidade autonómica.
Unha necesidade, pois a práctica seguía estando regulada por unha normativa de 1972 na que supostamente non se permitía pescar nos peiraos, sendo unha desas leis que nunca se cumplían nin se facían cumplir.
A normativa, como avanzabamos en xullo, fai 3 niveis, tras unha “análise pormenorizada das instalacións e un debate e traballo coordinado coas entidades representanrtes dosector da pesca recreativa”, asegura a Xunta:
- Portos Libres de restricións (28): Santa Mariña de Ponteceso, Ézaro (Dumbría), Os Muíños (Muros).
- Portos onde se prohibe totalmente (15): Quenxe (Corcubión).
- Portos con condicións por zonas ou horarios: Caión, Razo, Malpica, Barizo, Santa Mariña de Ponteceso, Corme, Laxe, Camelle, Arou, Santa Mariña de Camariñas, Camariñas, Muxía, O Sardiñeiro, Fisterra, Corcubión, Brens, Ézaro, O Pindo, Portocubelo, Muros, Os Muíños, Esteiro.
A resolución xa está vixente e os usuarios poden facer efectivo o seu permiso a través do procedemento correspondente en sede electrónica da Xunta de Galicia puidendo acceder dende a páxina web de Portos de Galicia, onde ademais se poden ver os planos detallados das zonas habilitadas para a pesca non profesional en superficie de cada porto.
Unha vez tramitada a solicitude de autorización coa documentación requirida poderase iniciar a actividade sen esperar resolución expresa, sempre que ademais se teña un seguro de responsabilidade civil. A autorización solicitada terá vixencia dun ano caducando pasado este ou se vencese o seguro obrigatorio.
- Máis información: Ver os planos dos portos con restricións.
NOVAS RELACIONADAS
- Xullo 21: Portos debulla 3 niveis de restrición para a pesca recreativa nos peiraos autonómicos.
- 06-06-21: Manifestación en Compostela dos pescadores recreativos: “Somos deportivos, non somos furtivos”.
- Xuño 21: “Non ao Real Decreto" sobre a Regulamentación da Pesca Deportiva en Augas Exteriores.
- Maio 21: “Pescar non é delito. Deixádenos pescar!”.
- Abril 21: Os pescadores recreativos pediron a apertura dos portos en Malpica.
- Febreiro 2021: Así son as normas que vai impoñer Portos para a pesca recreativa nos peiraos e así é a proposta da Confraría de Malpica:
- Decembro 2020: Os pescadores recreativos de Malpica tamén protestan pola súa inxustificada criminalización.
- Novembro 2020: Os pescadores recreativos saen aos portos para pedir que non se lles trate como delincuentes.
- 2017: Caso “Luras”, peirao de Malpica: A gran mentira.
- 2017: Un pescador de luras do porto de Corcubión.