20 anos de Escola de Música en Carnota

Dise pronto, pero é que 20 anos son moitos. Aló polo 95 comezaba a andar unha pequena Escola de Música de Carnota, con 3 mestres e 29 alumn@s. Hoxe xa son un fantástico grupo de 5 mestres implicados e comprometidos, que aprenden arte a 120 os nenos e nenas dunha vila tan pequena como Carnota.
E foron centos de cativos os que pasaron pola xa prezada ESMU, un dos entes culturais máis importantes do sur da bisbarra. Así o refrenda cada festival de Nadal ou de fin de curso. A ESMU nunca falla eos cheos no Salón de Plenos do Concello son xa míticos.
E como non podía ser doutro xeito, queren celebrar esta data tan especial con forza. Van facer de todo, e como non entran nun auditorio, xa preparan un concerto ao aire libre, en Semana Santa, coa actuación dos propios alumnos/as.
Polo de pronto, déixannos,a través do seu Faceboook “Escola Música Carnota ESMU”, os primeiros #10feitosdaEsmu, un compendio de logros que están conseguindo ca súa actividades:

Novas relacionadas
- Nadal 2014: A ESMU de Carnota nunca falla.
- Xuño 2014: A Escola de Música volve encher o Salón de Plenos de Carnota
- Musicoterapia carnotá para os usuarios de Adisbismur.
- Os máis pequenos de Carnota disfrutaron cos músicos da ESMU.
- 2012: A música volve encher o Salón de Plenos do Concello de Carnota.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).