martes. 12.11.2024
El tiempo

500 cogumelos máis nun novo libro micolóxico con semente da Costa

500 cogumelos máis nun novo libro micolóxico con semente da Costa

Estos día chega as librerías a segunda parte, ou edición, de "Cogomelos de Galicia", un dos libros con semente costeira, pois os seus autores non son outros que os membros da Asociación Micolóxico Naturista Pan de Raposo, Chemi Traba, M. Pose, e José Manuel Castro Marcote, o noso colaborador micolóxico de escepción. E chega ampliada, xa que o nome é "500 setas del litoral atlántico y noroeste peninsular".

A publicación describe outras 500 setas máis, o que dá conta de que na Costa da Morte temos un equipo de referencia a nivel peninsular.

Sinopse

A publicación "500 cogomelos do litoral atlántico e noroeste peninsular" engade outras 500 especies ao primeiro volume editado en galego "Cogomelos de Galicia", edición esgotada, do cal realizarase unha edición revisada cos títulos "cogomelos de galicia e noroeste peninsular" - "cogomelos de galicia e noroeste peninsular".

Seguindo a liña da primeira publicación, o contido da obra está baseado nas especies que crecen espontáneas nos bosques de Galicia, desde os sistemas dunares ata os bosques autóctonos ou as plantacións con especies foráneas, ás que engadimos unha serie de especies interesantes que crecen en diversos hábitats de Asturias, fundamentalmente en bosques de faias, un bosque moi pouco representado en Galicia.

Se no primeiro volume faise unha introdución que nos inicia no mundo do reino Fungi, no segundo achégase un elaborado traballo de José María Costa Lago sobre etnomicología e usos tradicionais dos cogomelos, no que se fala de temas de enorme interese como a micofilia e a micofobia, usos alimentarios, usos medicinais e usos rituais, facendo un gran percorrido a través do tempo e da xeografía, para achegar gran cantidade de datos sobre esta ciencia que estuda os usos humanos e o saber tradicional relacionado cos fungos no pasado da humanidade.

Nocións micolóxicas con José Manuel Castro Marcote

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios