venres. 16.05.2025
El tiempo

Alumnos carballeses aprenden o valor lingua e o pensamento crítico no Club de Debate

Alumnos carballeses aprenden o valor lingua e o pensamento crítico no Club de Debate
Responsables municipais dos concellos que participan no Club de Debate Club de Debate Carballo 2015

O ano pasado quedaron campións da zona. Este ano, os rapaces carballeses volverán formar parte do Club de Debate. Trátase dunn proxecto para o fomento da lingua e o pensamento crítico no que participarán máis de 200 rapaces e rapazas repartidos/as en vinte e tres equipos de nove concellos debaterán nos próximos meses sobre temas diversos.

A pasada mañá os nove concellos impulsores da iniciativa asinaron en Carballo o acordo de colaboración. Os concellos, a través dos seus servizos de normalización lingüística (SNL), participantes son: Ames, O Carballiño, Carballo, Ferrol, Negreira, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela e Teo.

A final, en Carballo

O tema escollido para esa final galega é “Herdamos o galego, temos que transmitilo” e terá lugar o domingo 26 de abril no Pazo da Cultura de Carballo. A esa final chegarán 6 equipos, que serán os dous primeiros clasificados de cada unha das tres zonas en que se divide a competición: 1. Carballo, Ferrol e Negreira. 2. Ames, Rois e Santiago de Compostela. 3. O Carballiño e Pontevedra.

Cada un dos equipos participantes está formado por entre 4 ou 10 rapaces e rapazas de 3.º ou 4.º de ESO, 1.º de Bacharelato ou ciclos formativos, sempre que sexan menores de 18 anos. Os equipos son sempre mixtos e están coordinados por un preparador ou preparadora, que é un/unha docente do centro de ensino.

A primeira fase de zona terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns, Ames, o venres 27 de febreiro, e nela debaterán oito equipos de Ames, Santiago de Compostela e Rois. As outras dúas fases de zona terán lugar o sábado 7 de marzo. Ese día no Pazo da Cultura de Pontevedra debaterán os equipos desa cidade e do Carballiño, e no Teatro Jofre de Ferrol os desa cidade, Carballo e Negreira. Os temas sobre os que se debaterá nestas fases de zona están aínda por determinar.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios