Martes. 19.11.2019
El tiempo

As novas narrativas dixitais estarán presentes no III Festival Carballo Interplay

As novas narrativas dixitais estarán presentes no III Festival Carballo Interplay
Entertainment estreara no Carballo Interplay a sua segunda tempada Entertainment estreará no Carballo Interplay a súa segunda tempada A menos dun mes da terceira edición do Festival de contidos dixitais Carballo Interplay, que se celebrará os días 5, 6 e 7 de maio amosará as últimas tendencias o mundo ds novas narrativas da man de Andreu Meixide - un dos principais expertos españois en non ficción web - e de Miriam Heranz - responsable do laboratorio de innovación audiovisual de RTVE.es - o departamento da compañía de radio televisión pública adicado a experimentar coas ferramentas e linguaxes audiovisuais máis avanzadas, como o webdoc, o vídeo interactivo ou a visualización de datos. Andreu Meixide é un coñecido director e realizador de documentais (Soy Rambla2), webdocumentais (Parkcelona) e webseries (Bloc dels Pescadors) que ofrecerá unha masterclass sobre Narrativas dixitais de non ficción. Meixide é, tamén, responsable de BccN Barcelona Creative Commons Film, CCMad e director de contidos de DocS.21 Festival Documental Narrativas Digitales de Zaragoza. Todas elas son iniciativas para promover e investigar sobre as posibilidades que ten o cine e o audiovisual para crear novas narrativas derivadas de enfoque en rede con lóxica da era dixital. Miriam Hernánz, xornalista que formou parte do equipo fundacional da RTVE.es e que ahora dirixe o Lab de RTVE.es, falará deste departamento da cadea pública que leva varios anos apostando polas narrativas audiovisuais máis vangardistas. Hernánz especializouse na creación de webdocs e reportaxes interactivas, como JFK Sombras de un magnicidio ou Fracking, fiebre del gas, e baixo a súa dirección realizáronse os primeiros proxectos de VR de RTVE.es ou a primeira curta de ficción interactiva. Estrea exclusiva no Carballo Interplay Dentro da categoría de novas narrativas encádrase tamén a webserie en formato de falso documental Entertainment, que estreará en exclusiva no Carballo Interplay a súa segunda temporada. Os seus creadores, David Sainz e Teresa Segura, presentarán a proxección dos novos e agardados capítulos desta webserie que conta a vida dos integrantes de Different Entertainment SL despois da webserie de éxito Malviviendo. Sainz e Segura son, tamén, os responsables do obradoiro de Creación dunha webserie que se desenvolverá a semana antes do festival en Carballo e para o que aínda hai prazas dispoñibles. O Código Fonte Audiovisual dos Zopilote Os Zopilote son Xosé Castro, Andrés Mahía y Carlos Ares, os tres guionistas máis populares da ficción galega. Son os responsables de máis de trescentos guións, así como do deseño de máis dunha ducia de programas e series de televisión, entre as que destacan Mareas Vias, Terra de Miranda, Pepe o Inglés, Air Galicia, O Nordés e Era Visto!, unha das ficcións de maior éxito da TVG nos últimos anos. Agora atrévense a recoller o relevo que lles deixa Xosé Antonio Touriñán e Belén Regueira e afrontar o reto de expoñer publicamente o seu Código Fonte Audiovisual, cunha proxección-conferencia na que repasarán as películas, series e “artefactos audiovisuais” que forman os seus referentes. Un dos imperdibles deste CIP, sen dúbida. Malandrómeda no concerto de clausura O duo de hip hop galego Malandromeda clausura o festival cun concerto que tera lugar o sabado dia 7 de maio O duo de hip hop galego Malandrómeda clausura o festival cun concerto que terá lugar o sábado día 7 de maio Despois de cinco anos de silencio discográfico, o dúo de hip hop galego Malandrómeda volveu con dous LP´s simultáneos: Cada can que lamba o seu carallo e Os corenta oito nomes do inimigo, que presentarán no concerto de clausura do Festival, o sábado 7 á tardiña no Pazo da Cultura de Carballo. E xunto a eles, o estilo eclectico e variado de DJ Teresa da Praia, que pretende poñer todo o público a bailar. Esta Dj comezou a súa andadura en Río de Janeiro e voltou logo a Coruña, a súa cidade natal, onde desenvolve unha intensa actividade musical e é asidua clubs, bares e festivais, como o de sereas e piratas da Praia de Razo. Estas actividades súmanse ás xa anunciadas pola organización do CIP, que nas semanas anteriores adiantaba a presenza no Festival de creadores de contidos para a rede, youtubers, vídeo bloggers, pranksters e viners tan coñecidos como os Hermanos Podcast, Da Suisa, Adrián López, Dulceedeleche, Tworumbel, os Páramo Pictures, os Poetarras e os responsables da webserie Fame. Todas as actividades do festival son de acceso libre e gratuíto ata completar aforo.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios