domingo. 11.05.2025
El tiempo

Axenda completa para a Semana Santa na Costa da Morte

Axenda completa para a Semana Santa na Costa da Morte
Axenda Costa da Morte Semana Santa 2013

Chegan unhas datas moi especiais para a Costa da Morte. A Semana Santa xa se cpomezaba a sentir co Domingo de Ramos, pero a partir deste xoves 28 de marzo será cando as rúas se enchan de procesións, e as xentes de devoción, e tamén alegría. Se o tempo o permite...

O que seguro que permite é ir visitar, con paraugas en man, a Fervenza do Ézaro, que ademais de estar ben chea polas copiosas chuvias, estará iluminanada nas noites do venres e do sábado.

E se ben tendes todas as actividades debulladas en wwww.axendacostadamorte.com, facemos aquí un resumo completo do que nos depararán estes días.

Son varias as citas máis esperadas na zona. E comezamos coas grandes Festas do Cristo de Fisterra, con festa as noites do sábado, domingo e luns, citas litúrxicas cada día, facendo especial fincapé na Resurrección da mañá dominical. Atentos ademais porque a devoción e a festa serán complementadas coa Artesanía nos postos do Faro.

Outra das citas singulares será a XXIII Mostra do Encaixe, que chega máis renovada que nunca. Os desfiles serán de novo os protagonistas pero serán 4 días (de mércores a sábado) de completa actividade palilleira.
Unha mostra complementada pola Exposición "Ventos de Cor", de Novais no Faro do Cabo Vilán., onde tamén se proxectarán moitas das fotografías que participaron ao través de Facebook ou Instagram no concurso "Camariñas, Toda la Mar".

Tamén toca facer parada en Muxíac oa Festa do Congrom, unha das citas gastronómicas máis auténticas da Costa da Morte.

Variedade imos ter na Mostra Víndemo Ver de Carnota, con mercados, artesanías… Ademais haberá Ruta BTT, a I Carreira Viquinga, Expo-Caravaning emais o Mercado ecolóxico de Quilmas.

Por Ponteceso e Cee propoñen sendeirismo e pinchos, mentres que en Muros estará aberta a Exposición de artistas locais da man da Asociación Sorum.

O Mosteiro de San Martiño de Ozón tamén abrirá as súas portas cun completo programa, e ademais teremos outras cousas como un concerto en Cee, outro en Ponteceso ou a Festa da Xuventude de Malpica.

Máis información

Novas relacionadas

Citas por Semana Santa na Costa da Morte

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios