mércores. 14.05.2025
El tiempo

Axenda con Letras

Axenda con Letras

Cargada de lingua chega a Axenda Cultural da Costa da Morte para esta fin de semana. As citas coas Letras Galegas sucéndese ao longo da fin de semana e ata o martes, se ben o programa do Festiletras do Couto é a cita máis importante destes días. De feito as actividades no Couto durarán ata o vindeiro domingo 22.

Pero outros concellos, como Cabana, Cee, Muxía, Corcubión, Zas, Carnota ou Fisterra tamén teñen cita con Lois Pereiro.

A Axenda vai máis alá e hai algunha que outra sorpresa. Como a chegada do ex cantante de Barón Rojo, Sherpa, a Corcubión.

E por suposto, non faltarán as citas co teatro en Vimianzo e Dumbría.

Poden ollar todas as propostas socio cultural en www.axendacostadamorte.com.

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios