Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Historia, sendeirismo, música e gastronomía mestúranse no III Encontro Monte Pindo

Historia, sendeirismo, música e gastronomía mestúranse no III Encontro Monte Pindo

Os arqueólogos Felipe Senén e Tito Concheiro abrirán mañá venres, 8 de xullo, o programa do III Encontro Monte Pindo, organizado por A.D.R. C. Pedramar e patrocinado por Ferroatlántica. Un programa completo que combinará historia, sendeirismo, música e gastronomía da zona ao longo de toda a fin de semana.

Trala inauguración do evento, que terá lugar o vernes 8 de xullo ás 19.00 h. do serán, Tito Concheiro ofrecerá unha ponencia baixo o título “Pedra e auga: paisaxe e símbolos a través do tempo”. Logo dará paso a Felipe Senén, quen falará sobre “O falar das pedras”. A xornada rematará cunha degustación culinaria coa animación musical das Pandereteiras da Solaina.

Na xornada do sábado, máis de 180 participantes tomarán a saída na andaina guiada que terá como meta o cumio do Monte Pindo, aínda que os máis avezados poderán continuar por un roteiro de maior dificultade ata a Cova de Xoana.
Xa na tarde do sábado, ás 17.30 h., 247 corredores tomarán a saída correspondente á cuarta etapa do circuíto Trail Monte Pindo, organizado por Galicia Máxica Trail Adventure, en colaboración con A.D.R. C. Pedramar. Esta proba, na que participarán fundamentalmente corredores galegos, portugueses e cataláns, consta dun traxecto de 12 kilómetros, cunha dificultade extrema, atravesando todo tipo de terreos.
A entrega de trofeos terá lugar esa mesma noite, antes da sardiñada e a queimada que estarán animadas pola música dun grupo folk.

Para o domingo quedará unha ruta en catamarán pola costa, cunha visita ás Illas Lobeiras ou ben un roteiro de sendeirismo polo litoral, así como una visita ao Museo de Interpretación da Electricidade son as actividades propostas para a xornada de peche deste encontro, que rematará cunha comida baixo carpa, amenizada por unha charanga.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa da ACDR Pedramar do Pindo.

Comentarios