xoves. 01.05.2025
El tiempo

Medio centenar de especialistas convertiron o Esteiro do Anllóns no centro da ornitoloxía galega

Medio centenar de especialistas convertiron o Esteiro do Anllóns no centro da ornitoloxía galega
Ornitólogos de toda Galicia no Mirador José Luís Rabuñal Patiño durante o VIII Congreso Galego de Ornitoloxía

Convertiuse Cabana, 5 anos despois, no centro da ornitoloxía galega. I é o Concello de Bergantiños xa acolleu no 2006 o primeiro Congreso Galego de Ornitoloxía e no 2008 o segundo, e esta fin de semana máis de 50 especialistas de todo o país invadían a Costa da Morte para celebrar a 8ª edición.

Un Congreso que serviu para unir forzas entre os amantes das aves, e devolver o Esteiro do Anllóns a importancia ornitolóxica que sempre tivo. E iso que varios dos asistentes coincidiron no empobrecemento da zona, e saltaron á palestra varias das posibles causas do mesmo.

A expansión dos parques eólicos e a falta de protección ambiental das zonas de nidificación e de paso de aves migratorias son os puntos máis criticados polos ornitólogos. A mesa redonda sobre a conservación e a xestión das áreas foi dos momentos máis interesantes da fin de semana. E, de feito, o Congreso servíu para realizar a presentación do novo inventario de Áreas importantes para as aves (IBAS), pero que segue a ser insuficiente para os expertos.

Os expertos sinalaron ata 8 zonas de gran interese avícola na Costa da Morte. Ademais das xa coñecidas Lagoa de Traba e a Lagoa das Xargas de Louro, destacaron a zona do Cabo Vilán, o Roncudo, as Illas Sisargas, o Cabo Fisterra, a ría de Lires e, por susposto, o propio Esteiro do Anllóns.

Inauguración oficial do VIII Congreso Galego de Ornitoloxía a cargo do Carlos Sande, concelleiro de Economía e Industria do Concello de Cabana Xabier Vázquez Pumariño falou do voitres na súa ponencia

O turismo tamén tivo cabida no congreso e en varias ponencias se repasou o potencial en turismo ornitolóxico da Costa da Morte, con varias zonas moi rivas.

Don José Luís Rabuñal Patiño foi o gran protagonista do VIII Congreso Galego de Ornitoloxía

Pero o gran protagonista da fin de semana foi o mesmo José Luís Rabuñal Patiño. Este especialista leva máis de 35 anos estudiando as aves do Esteiro do Anllóns, e mesmo ten Miradoiro de Aves co seu nome na praia da Urixeira. Rabuñal Patiño quixo engrandecer a riqueza da zona na súa ponencia-homenaxe. O Miradoiro tamén acolleu unha das citas máis esperadas da fin de semana, como era a saída a divisar ás protagonistas: as aves do Anllóns.

Ornitólogos no Mirador José Luís Rabuñal Patiño Ornitólogos no Mirador José Luís Rabuñal Patiño

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios