Moito máis que música no Sereas e Piratas de Razo
O Festival carballés Sereas e Piratas vén de confirmar a súa data de celebración 2012. Doble data ademais, sendo a primeira vez, das 7 edicións que o Festival estira a música en dúas noites de troula na máxica praia de Razo. Pero hai moito máis que música....
Así, os 20 e 21 de xullo disfrutaremos de música da casa. I é que como xa nos teñen acostumados, apostan pola música e o deporte nun lugar previlexiado, onde a xente que se achegue poderá acampar totalmente de balde durante esa fin de semana no espacio habilitado pola organización.
I é que o Sereas e Piratas de día acollerá un Open de Surf Galego e diferentes ofertas deportivas coma Clases de Surf gratuitas para os asistentes a cargo do Artsurfcamp e Campionatos de Fútbol e Volley praia.
Música e música
Pero como non, a música será a auténtica protagonista, e estará presente durante toda a xornada a pé de praia. Dende o día disfrutaremos das mellores bandas galegas emerxentes acompañadas dun cabeza de cartel de nivel estatal, para rematar con sesión de dj xa no Sereas e Piratas de noite.
Aínda non está pechado o cartel, pero para escollelo a organización vén de abrir unha Pregunta a través do seu Facebook, para que votemos as bandas que queremos ver este verán en Razo:
Máis información
- www.sereasepiratas.es.
- www.facebook.com/festivalsereasepiratas.
- Axenda Sonora da Costa da Morte a través do Facebook.
Novas relacionadas
- Leo Bassi en Corcubión por Palestina.
- a href="/articulo/ponteceso/a-praia-de-valares-preparase-xa-para-un-festival-con-v/20120322071040070075.html">A Praia de Valarés prepárase xa para un festival con V.
- Malpica “josará” cos Heredeiros da Crus no Nordestazo Rock 2012.
- Entrevista con Santi Romay, un malpicán en todos os “fregaos”.
- The Gone&Lost superan en Madrid a primeira batalla de bandas metaleiras.
- Quilmas ruxe a ritmo de rock.
- LeöKCh en estado de ansiedade.
- Escolma de bandas costeiras – A Axenda Sonora da Costa da Morte segue crecendo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).