![]()
O premio do
Carballo Interplay ao mellor proxecto de webserie en galego, dotado con 1.500 euros para a gravación dos primeiros tres capítulos, convirte o festival nun verxel no que agroman webseries galegas. Tres comedias e un drama compiten este ano polo galardón que na pasada edición conquistaron os Porco Bravú con Peter Brandon, unha comedia con tintes dramáticos que se estreará o venres 5 de maio, ás 22:30 horas no auditorio do Pazo da Cultura de Carballo. Todas as actividades do Carballo Interplay son de acceso libre e gratuíto ata completar aforo.
Peter Brandon é un falso documental que amosa a vida do popular cómico Pedro Brandariz fóra dos escenarios e, no camiño, satiriza o sector audiovisual galego coa complicidade de caras coñecidas como Xosé Antonio Touriñán, Evaristo Calvo, María Tasende, David Amor ou Isabel Risco, entre moitos outros. Con claras referencias ás series de Louis CK ou Ricky Gervais e cun ton pouco habitual no noso audiovisual, Peter Brandon está asinada polos gañadores do Mestre Mateo á mellor webserie nas edicións De 2015 e 2016, os Porco Bravú: Jorge Boquete (director), Javi Lopa (productor), Óscar Cruz (guionista), Dani Graña (director de fotografía) e Diego Bouzón (xefe de sonido).
Un día antes, o xoves día 4 ás 19 horas, catro proxectos de webserie competirán nun
pitching público polo beneplácito dun xurado composto por Mafalda González-Alegre, de Flooxer; David Sainz, da produtora Diffferent Entertanment; Xosé Regueira, concelleiro de Promoción Económica de Carballo; e Sonia Méndez, directora do Carballo Interplay. Trátase do drama existencialista
Albedrío, creado por J.S. Raimundi e Álex Vázquez e protagonizado por Melania Cruz e Tito Asorey; da comedia de situación
Efectos Secundarios, creada e protagonizada por Pablo Cobos e Paula Ballesteros-Arias; da comedia con pequenas tinturas dramáticas
Hai vida en Bran, creada e protagonizada por Ángela Andrada, que se acompaña por un nutrido grupo de personaxes que rompen estereotipos; e máis da comedia fantástica
Megamadriñas, que mestura o mellor da épica dos superheroes co máis enxebre do rural galego, baixo a batuta de Antón Coucheiro, Paulo Rubal e Joseba Muruzábal.
O premio ao mellor proxecto de webserie en lingua galega naceu no 2016 como unha aposta do Carballo Interplay polo apoio á produción de novos contidos para Internet.
Novas relacionadas
- 2017: O IV Festival Carballo Interplay, a máxima calidade audiovisual entra na Costa da Morte
- 2017: Volve o Carballo Interplay cos youtubers, as webseries, as estreas e as conversas como protagonistas.
- 2017: En marcha a 4ª edición do Carballo Interplay, os Goya do audiovisual virtual
- Maio 2016: O éxito do III Carballo Interplay asegura unha cuarta edición no 2017.
- 2016: Os Premios Fouciño, os irmáns pequenos do Carballo Interplay
- 2016: Carballo prepárase para o terceiro festival Interplay
- 2016: David Saínz e Teresa Segura imparten un obradoiro de creación de webseries
- 2016: Un total 36 webseries de todo o mundo compiten na terceira edición do Carballo Interplay
- 2016: As novas narrativas dixitais estarán presentes no III Festival Carballo Interplay
- 2016: Máis de 120 proxectos de todo o mundo estarán no III Festival de Webseries Carballo Interplay
- 2016: O Interplay aposta polos contidos en galego e crea un premio de 1.500€ para a mellor webserie.
- 2016: O “pioneiro” festival internacional Carballo Interplay xa conta co apoio da Deputación.
- 2016: O III Carballo Interplay quece motores co FormaCIP.
- Interplay 2015: O Carballo Interplay, os Óscars 2.0:
- Interplay 2015: Arrinca un desenfadado Festival Interplay para poñer Carballo no centro das miradas do audiovisual.
- O Festival Interplay, unha regueifa audiovisual de vangarda.
- A canteira audiovisual recupera a historia bergantiñá.
- FormaCIP: Aprendendo a ser actor, director, maquetador….
- FormaCIP: formación audiovisual de vangarda.
- 2014: As mellores webseries de España, premiadas no Carballo Interplay.
- 2014: Carballo Interplay: En marcha o primeiro Festival de Webseries de España.
- 2014: Carballo prepara a cámara para convertirse na Sundance das webseries.
- 2014: O Festival de webseries Carballo Interplay xa ten finalistas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Carballo Interplay