Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Festival Interplay fai de Carballo a capital da cultura dixital global

O Festival Interplay fai de Carballo a capital da cultura dixital global

Convertiuse Carballo na capital da cultura dixital global durante os tres días deste IV Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay. A Gala de entrega de premios dun concurso ás mellores webseries xa pioneiro en España serviu para pechar o telón a 3 completos días de risas e creatividade, nos que se puideron ver máis de 140 propostas de todo o mundo.

Un festival redondo, que comeza duirante o mes de abril con cursos formativos de primeiro nivel, e remata con ese certame, pasando por presentacións, charlas, e mesmo entrevistas espidas como a que protagonizaron o equipo de Chévere Teatro, que quedaron a mercé das preguntas dos espectadores no xa referente "Código Fonte".

Inauguración do Interplay o xoves-Foto-David Tombilla Codigo Fonte con Chevere no Festival Carballo Interplay 2017-Foto-David Tombilla Codigo Fonte con Chevere no Festival Carballo Interplay 2017-Foto-David Tombilla

Outro dos puntos máis emotivos da fin de semana foi a presentación do premio galardoado o ano pasado, que serve para describir á perfección este festival: esa aposta pola cultura 2.0, e pola creación en galego. “Peter Brandon”, de Porco Bravú, recibía o ano pasado o primeiro premio á webserie en galego, e podía realizar durante este ano unha completa produción que vivíu a súa estrea mundial en loor de multitudes o pasado venres.
A resposta do mundo da escena galega para colaborar no proxecto dá conta da incidencia que está tendo este festival a todos os niveis.

Presentacion de Peter Brandon no Festival Carballo Interplay 2017-Foto-David Tombilla Presentación de Peter Brandon no Festival Carballo Interplay 2017-Foto-David Tombilla Familias das webseries galegas no Festival Carballo Interplay 2017-Foto-David Tombilla Familias das webseries galegas no Festival Carballo Interplay 2017-Foto-David TombillaPazo da Cultura case cheo no Festival Carballo Interplay 2017-Foto-David Tombilla Pazo da Cultura case cheo no Festival Carballo Interplay 2017-Foto-David Tombilla Coloquios profesionais no Forum-Foto-David Tombilla Javi Mos community manager do LandRober estivo no Festival Carballo Interplay 2017-Foto-David Tombilla Javi Mos, community manager do LandRober estivo no Festival Carballo Interplay 2017-Foto-David Tombilla  

Concurso cheo de risas

Publico durante unha proxeccion no Festival Carballo Interplay 2017-Foto-David Tombilla Público durante unha proxección no Festival Carballo Interplay 2017-Foto-David Tombilla

As comedias foron as grandes triunfadoras do certame, aínda que entre as premiadas hai un amplo abano de matices, mesturas e experimentos formais e conceptuais, tan propios do sector máis atrevido e imaxinativo do audiovisual contemporáneo.

Pesame Street gañou dous galardóns, o de animación e o do público, coa súa resposta á pregunta: "Que nos dirían os animais se puidesen falar?", mentres que A todo riesgo acadou os de mellor webserie de imaxe real e o de mellor actor, para Miguel Lago Casal. Esta última conta a historia de Pedro Germán e Max, que sempre soñaron con ser inspectores de homicidios pero que só conseguiron un traballo como peritos de seguros. Na categoría de mellor webserie de imaxe real, o xurado composto polo guionista Rubén Ontiveros, pola guionista e creadora de contidos Isa Calderón, polo director Javi Camino e máis por Javier Trigales -en representación da Asociación Galega de Guionistas- e Giselle Llanio -en representación da Asociación de Directores e Realizadores de Galicia- quixo facer tamén unha mención especial para Te quiero, yo tampoco, unha comedia documental que retrata a relación do director, Miguel Bosch, coa súa parella, Fran. Ambos os dous teñen catro meses para decidir que facer coa súa vida… e para coñecer todo tipo de rapaces gais dentro e fóra dos estereotipos. Teno unha hora en San Sadurnino no Festival Carballo Interplay 2017-Foto-David Tombilla Teño unha hora en San Sadurniño, Mellor Webserie en galego no Festival Carballo Interplay 2017-Foto-David Tombilla Teño unha horta en San Sadurniño, que naceu coa intención de compartir o coñecemento das mulleres maiores do rural galego en relación cos traballos no campo, acadou o galardón de mellor webserie en versión orixinal en galego, mentres que a comedia israeliana You're the next conquistou o premio á mellor webserie internacional coa súa historia de cinco trintaneiras buscando o seu camiño na vida. O xurado fixo tamén unha meción especial para a arxentina Si me volviera a enamorar, que se centra no entrañable vencello de amizade de tres adultos de arredor de corenta e cinco anos. A segunda temporada da comedia política El partido, que o ano pasado conquistara o premio á mellor webserie de imaxe real, acadou nesta edición o premio CREA á mellor dirección para Álex Rodrigo. Mentres que Hilario Abad e José Luis Bustillo conseguiron premio AGAG ao mellor guión polo seu traballo en Caniville, que narra as aventuras e desventuras dunha pandilla de canis. Finalmente, Teresa Cuesta fíxose co premio á mellor actriz polo seu papel en El show de Teresa Cuesta. O proxecto de webserie xurado composto por Mafalda González-Alegre, de Flooxer; David Sainz, da produtora Diffferent Entertanment; Xosé Regueira, concelleiro de Promoción Económica de Carballo; e Sonia Méndez, directora do Carballo Interplay, decidiron outorgar o Premio ao mellor proxecto de webserie en galego, dotado con 1.500 euros para a produción dos tres primeiros capítulos, a Hai vida en Bran?, creada e protagonizada por Ángela Andrada. Unha webserie que quere contar a vida de Mariña, unha moza licenciada en belas artes que volve á pequena vila de Bran despois de intentar, sen éxito, abrirse camiño no mundo do cómic. É unha comedia con pequenas tinturas dramáticas que retrata a Xeración Xabarín, os mozos de soños rotos, criados enfronte dun televisor, aos que se lles prometeu que chegarían lonxe e que agora se atopan cun futuro incerto. Un proxecto que quere "cambiar o rumbo do audiovisual rompendo estereotipos". Foto de Familia do Festival Carballo Interplay 2017-Foto-David Tombilla Foto de Familia do Festival Carballo Interplay 2017-Foto-David Tombilla

Palmarés do Concurso

  • Mellor webserie de imaxe real, dotado con 800 euros e trofeo, para A todo riesgo. Mención especial do xurado para Te quiero, yo tampoco
  • Mellor webserie de animación, dotado con 800 euros e trofeo, para Pesame street
  • Mellor webserie internacional, dotado con 800 euros e trofeo, para You ́re next (Israel). Mención especial do xurado para Si me volviera a enamorar (Arxentina)
  • Mellor webserie en versión orixinal en galego, dotado con 800 euros e trofeo, para Teño unha horta en San Sadurniño
  • Premio CREA á mellor dirección, dotado con 200 euros e trofeo, para Alex Rodrigo, por El Partido 2 Premio AGAG ao mellor guión, dotado con 200 euros e trofeo, para Hilario Abad e José Luis Bustillo, por Caniville
  • Premio á mellor actriz, dotado cun trofeo, para Teresa Cuesta, por El show de Teresa Cuesta
  • Premio ao mellor actor, dotado cun trofeo, para Miguel Lago Casal, por A todo riesgo
  • Premio do Público, dotado con 400 euros e trofeo, a Pesame street.
  • Premio ao mellor proxecto de webserie en galego, dotado con 1.500 euros e trofeo, a Hai vida en Bran?, creada e protagonizada por Ángela Andrada.
 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios