Martes. 21.05.2024
El tiempo

O FIOT convirte ás tabernas de Carballo en lugares de culto na Rúa dos Contos

O FIOT convirte ás tabernas de Carballo en lugares de culto na Rúa dos Contos
7 magnificos mais 1 presentando a rua dos contos

Non queda nada. Este xoves 2 de outubro dase o pistoletazo de saída ao 23º Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) 2014, a mostra de teatro máis importante de toda a bisbarra. Coas entradas xa á venda (e ollo que se acaban…), xa temos repasado a programación principal chea de clásicos, o programa do OTNI, as actividades paralelas, o Xograr de Outono, ou o Fiotiño.

Hoxe toca repasar as propostas da XVI edición da Rúa dos Contos, esa idea de levar a acción aos bares, ás tabernas. Grandes como Rober Bodegas, que ademais estrea na casa a súa “Antoloxía sen filtro”, Candido Pazó, Estephanie Llaryora, David Amor, Quico Cadaval, Evaristo Calvo ou Isabel Risco, levarán os seus monólogos e espectáculos aos pubs da zona, dando conta de que a tabernas tamén son sitios de culto na comarca de Bergantiños.

Seran 14 espectáculos con dúas estreas e a pre estrea do novo monólogo de Rober Bodegas. Ademais, a Rúa dos Contos medra, despois da experiencia de 2013 coa "Ultranoite" de Grupo Chévere no Mercado Municipal, trasladando nesta edición tres espectáculos ao segundo andar deste edificio que xa ten demostrado a súa versatilidade para acoller eventos culturais.

E son once os establecementos colaboradores: bares A Barra e O Pescador, cervexarías Dublín e A Bombonera, pub A Reserva, mesón A Cabaña, cafeterías Valle Inclán e Colón e taberna O'Patacón; ademais do Mercado Municipal.

Aquí vos deixamos as propostas taberneiras pero se queredes velas debulladas día a día podedes atopalas en www.axendacostadamorte.com.

Rua dos Contos Carballo Rua dos Contos Carballo 10 Rua dos Contos Carballo 11 Rua dos Contos Carballo 12

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios