O Rexenera Fest enche de cor as rúas de Carballo
20:42 31/05/16
Cinco especialistas en arte urban transformaran algunhas paredes do casco urban de Carballo
Esta mañá arrancou en Carballo a segunda edición do Rexenera Fest ou o que ben sendo o mesmo: o festival internacional de arte pública que se celebra na capital bergantiñana e que ten por obxectivo amosar as posibilidades da arte na recuperación da paisaxe urbana. O evento reúne ata o vindeiro domingo, 5 de xuño, a un elenco capitaneado por cinco artistas de nivel internacional e que lle darán vida a cinco paredes de gran tamaño do casco urbán de Carballo.
O alemán Case Maclaim - membro da M’Claim Crew -, a polaca Natalia Rak - coñecida polos seus grandes traballos cheos de cor -; a arxentina Hyuro - creadora de debuxos cunha gran carga social -; o galego Nö3l, - coa súa peculiar visión da arte urbana - e o zaragozano Isaac Mahow - co seu propio estilo - encherán de cor cinco edificios do casco urbán de Carballo.
O polifacético artista Sekone imparte estes días unha masterclass sobre o "Realismo no Graffiti"
Ademais diso tamén haberá ao longo destes días disintas masterclass; unha mesa redonda que reunirá a diferentes iniciativas sobre o graffiti; un concerto musical que correrá a cargo de "Familia Caamagno" e "Fluzo" e mesmo un roteiro polo casco urbán de Carballo para visitar os traballos realizados durantes estes días. Precisamente hoxe , o polifacético artista Sekone - especialista na técnica do spray - comezou a súa clase maxistral sobre o "Realismo no Graffiti" que terá continuidade durante mañá todo o día. A actividade, de carácter gratuita, completou o seu aforo.
Máis información
- www.rexenerafest.gal.
- Facebook “Derrubando Muros con pintura.
- Turismo Carballo: Guía práctica para visitar os graffitis de Carballo.
Novas relacionadas
- Cinco artistas en arte urbana abren o Rexenera Fest
- Carballo Rexenera as súas rúas cun festival internacional de arte urbano
- As pintadas carballesas seguen derrubando muros.
- A documental que derruba muros con pintura.
- Paredes que modernizan.
- Aprendendo a ser actor, director, maquetador….
- #ForoMobilidade: Carballo repensa o seu modelo de cidade.
- Graffitis que humanizan Carballo.
- Pintando muros para derribar barreiras.
- Os muros convírtense en Murais.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Concello Carballo