QPC despide un 2013 de éxitos


Un ano máis, e xa van para 7, e Quepasanacosta segue medrando. E a todos os niveis. Deixamos o 2013 cun sabor de boca moi positivo e recibimos o 2014 como un ano chave para o devir dun humilde diario dixital que se convirte na meirande referencia informativa na rede na Costa da Morte.
Son varias as frontes nas que se move este xornal, sempre coa idea de xerar comunidade, co obxectivo de vetebrar a Costa da Morte a través da rede, abrindo canles de comunicación. O crecemento segue sendo constante e este curso entramos entre as 100 webs máis lidas de Galicia. Ademais, seguimos crecemento nas redes sociais xa con máis de 13.500 siareiros entre Facebook, Twitter e Tuenti.
Este 2013 afianzamos a nosa aposta pola Formación con diferentes Cursos de Alfabetización Dixital, como este último en Ponteceso ou dos de Dumbría e Muxía.
Tamén abrimos as portas ata Carballo e seguimos creando país dende a vicepresidencia da Asociación de Medios en Galego, loitando porque Galicia siga tendo medios de comunicación na nosa lingua.
Seguramente a cita do ano foi a Gran Gala do Álbum de Cromos do Fútbol da Costa. Esa posta en escena dun proxecto dos máis ilusionantes dos últimos anos. O éxito é total como o referenda a repercusión mediática, i é que dar o salto off-line era moi importante. Ademais, este 2013 serve para afianzarnos como gran referencia futbolística, con iniciativas como a da APP do Fútbol da Costa que nos permite facer un seguemento en tempo real dos goles do noso deporte. Sempre iso si, intentando aproveitar a febre futboleira para seguir creando conciencia.
Para este ano 2104, trataremos de afianzar a nosa aposta pola formación, polo deporte costeiro e polo espallamento dese sentimento de comunidade, que cremos que se convirte como alicerce fundamental do desenvolvemento da Costa da Morte. Ademais, trataremos de exportar a nosa experiencia a outras partes de Europa, pero diso xa falaremos!
Feliz 2014!!
Novas QPC
- QPC abre as portas ata Carballo.
- Renovados os horarios de Autobuses en QPC, o único espazo de información unificada.
- #6anosQPC.
- QPC entre as 100 webs máis lidas de Galicia.
Formación QPC
- QPC axudou a reducir a fenda dixital en Ponteceso.
- QPC espalla o poder da rede entre os maiores de Dumbría.
- A rede une ás familias de Muxía.
- Muxía aprende a manexar as Novas Tecnoloxías en Igualdade.
Fútbol da Costa
- Da repercusión mediática do Álbum de Cromos da Costa.
- Os cromos da Costa, un estado de ánimo.
- QPC lanza a APP do Fútbol da Costa.
- Gran Gala do Álbum de Cromos: Noite de Estrellas da Costa.
QPC e os medios en galego
- A Xunta comprométese a traballar coa Asociación de Medios en Galego.
- 2013. Un bo ano para os medios en galego.
- QPC participou no 10 aniversario do Galicia Confidencial.
- Fotocolaboradores QPC: “Dende o seu punto de vista”.
- Descarga a túa APP de QPC no teu móbil.
- 2011: Un gran ano para QPC.
- II Encontro de Colaboradores QPC: Os colaboradores de QPC tomaron a palabra.
- QPC e outros medios lanzan a campaña Vitaminas par o Galego.
- QPC e Certo unen a Costa da Morte e a Barbanza.
- QPC exporta información da Costa da Morte a toda Galicia Confidencial.
- QPC segue crecendo e se afianza como unha referencia informativa na Costa da Morte.
- 1 millón de visitas, 1 millón de gracias.
- Repaso ao 2010 para QPC.
- A Costa da Morte no corazón das TIC galegas.
- I Encontro de Colaboradores QPC: QPC presentouse en sociedade.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).