xoves. 15.05.2025
El tiempo

Senda Nova reinterpretar os bosques na Ribeira da Pena e o Parque do Anllóns

Senda Nova reinterpretar os bosques na Ribeira da Pena e o Parque do Anllóns
Xornadas de interpretacion do Bosque con Senda Nova

Volve Senda Nova (esta xente non ten parada) e o fai achegándonos de cheo aos nosos bosques, especialmente á interpretación das manchas autóctonas máis cercanas.

Así, a través das Xornadas de Interpretación dos bosques deste 2015, pretenden sensibilizar da importancia das especias autótonas e as manchas arbóreas propias do noso clima. Por iso lévannos ata o bosque da Ribeira da Pena é un dos moi poucos que teñen características propias do antigo bosque atlántico e que quedan na Costa da Morte.

Levarannos por novas vías para percorrelo dun xeito ecolóxico, pero nel descubriremos o triste estado de regresión do tesouro natural.

Será durante actividades guiadas e interpretativas abertas ao público en xeral e específicas para escolares. Será moi interesante a participación no roteiro polos Camiños de Aldemunde (día 29, mañán e tarde) xa que hai novos tramos e camiños abertos para disfrute do fermoso bosque. Podedesvos anotar no Horto Ecolóxico o mércores, xoves e venres da mesma semana (16 a 19).

O Día da Árbore

Outra das actividades será a celebración do Día da árbore. Este ano será o domingo 22 de marzo no parque do Anllóns de Carballo e terá como principais protagonistas os nenos e nenas padriños e madriñas que o ano pasado plantaron a súa pranta autóctona no Horto Ecolóxico Infantíl de Carballo. Este ano só fai falta traer un cubo e unha pala para o traballo necesario para seguir repoboando o parque do Anllóns.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios