Sicixia seleccionada no 54º festival internacional de Cine de Xixón

08:10 28/10/16
A Sección Oficial do 54º Internacional de Cine de Xixón - que se celebra entre o 19 e o 26 de novembro de 2016 - vén e seleccionar a longametraxe Sicixia rodada en boa parte na Costa da Morte. O filme foi seleccionado entre máis de 2.000 títulos de todo o mundo e competirá con 15 fitas na categoría de ficción procedentes de EEUU, Francia, Italia, México, Bulgaria, entre outros. Neste certame internacional Sicixia opta aos seguintes galardóns: premio Principado de Asturias á Mellor longametraxe; premio ao Mellor Director; premio á Mellor Actriz; premio ao Mellor Actor; premio ao Mellor Guión; premio Especial do Xurado.
A organización do festival confirmou que Sicixia será o único filme español a competición na presente edición. Ademais subliñou que éste é o primeiro filme rodado en galego que participa no Festival Internacional de Cine de Xixón nos seus 54 anos de historia.
"Esta selección supón un novo éxito na traxectoria de Sicixia, logo do recente premio á Mellor Actriz outorgado a Marta Lado no XXI Festival Cinespaña de Toulouse - Francia -" indican dende Vía Láctea Filmes.
Campaña de promoción
No marco da campaña de promoción da estrea en cines de Sicixia - que será o venres 25 de novembro - o vindeiro 7 de novembro celebrarase unha preestrea do filme no Cinéma Majestic-Passy de París, á que asistirán o director Ignacio Vilar, a actriz Marta Lado e o actor Monti Castiñeiras. O selecto público terá a oportunidade de viaxar a "Galicia a través dos cinco sentidos", xa que logo do pase ofrecerase unha degustación de produtos do mar e viño D.O. Valdeorras na que participarán os cociñeiros Iván Domínguez (Grupo Nove; Alborada), Miguel G. Silvarredonda e Tino Otero (Porto-Muíños).
Sicixia conta co apoio e a colaboración de: AGADIC, ICAA, Deputación da Coruña, GALP Costa da Morte, e os concellos de Carballo, Fisterra, Camariñas, Carnota, Cerceda, A Laracha, A Estrada, Cabana de Bergantiños, Dumbría, Corcubión e Zas.
Máis información
Novas cinematográficas
- Marta Lado leva o premio á Mellor Actriz no Festival de Toulouse por Sicixia
- Sicixia: Oda onírica á Costa da Morte
- Sicixia leva a Costa da Morte ao XXI Festival Cinespaña de Toulouse.
- Primeiras probas de Sicixia na gran pantalla
- Ignacio Vilar pon fin á rodaxe de Sicixia
- Marta Lado: “Con Sicixia descubro lugares e sensacións da Costa da Morte que non coñecía”
- “Agardamos recuperar a Vaca de Fisterra para escoitala en Sicixia”
- A Costa da Morte ponse de longo para acoller a rodaxe do filme Sicixia.
- Nacho Vilar: “Sicixia é unha película para escoitar a vida da Costa da Morte”.
- Comeza a rodaxe do filme Sicixia, no que a Costa da Morte é protagonista
- Almódovar roda escenas de “Silencio” na Virxe da Barca.
- Almodóvar, buscando localizacións pola Costa da Morte
- Os Fenómenos, outro filme de produción galega con participación costeira.
- A Esmorga, no Top 10 da carteleira a nivel estatal.
- Os Crebisnky de Miguel de Lira triunfan nos Mestre Mateo.
- A Costa da Morte de Lois Patiño prepara a carreira polos Goya.
- O filme Costa da Morte, Premio Especial 2015 dos Premios Feroz.
- Unha documental de percebes e boulder.
- Illados, unha nova documental sobre a idiosincrasia da Costa da Morte.
- Un solpor peregrino ao son do chelo.
- As mellores webseries de España, premiadas no Carballo Interplay.
- Unha historia de Cráneos e Ósos na DeadCoast.
- Sicixia, a primeira película que se rodará integramente na Costa da Morte.
- “The Way” tamén chega á Costa .
- “A Mariñeira” enche os cines de Cee.
Outras novas
- 2016: Desaparece escoitar.org: Os sons máis galegos vanse da rede.
- 2012: Escoitar.org: Os Sons da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)
- Sicixia