Un Festival para darlle Vitaminas á comunicación en galego

14:45 20/04/12

Vitaminas 17
No mesmo festival darase conta do proxecto en marcha de cara ao gran evento do 17 de maio, que Vitaminas para o Galego está preparando co gallo do Día das Letras Galegas. Unha campaña na que xa participan os concellos de Corcubión, Carballo, Zas, Vimianzo e Carnota, que mercarán uns regaliños en galego para os pequenos escolares.
24 medios en galego
A campaña Vitaminas para o Galego está artellada polos medios de comunicación: Tempos Novos, Galicia Confidencial, Radiofusión, Praza Pública, Novas da Galiza, Val Miñor.info e Quepasanacosta. Colaboran ademais Xornal Certo , O Sil.info , Crónica 3 , Radio Nordés , Terra Chá.Xa , Crónicas da Comarca , Surf GZ , Cardenos de Comunicación e Análise ,Lalín e Comarca , Hermes e Atenea , Disquecool , De Luns a Venres , Cabozo.com , Vencello , Cartafol , A nova Peneira , Programa radio Plástico Elástico , Cerne, terra de Melide e Gaceta de Fene, A iniciativa diríxese a todas as persoas que queren contribuír a que o idioma propio de Galicia adquira un rango social de normalidade. Para logralo, resulta imprescindible a existencia dunha pluralidade de medios de comunicación en galego.Máis información

- Microsite de Vitaminas para o mobil.
- Facebook: Vitaminas para o galego.
- Twitter: Vitaminasgalego.
Novas relacionadas
- Terbutalina, no panorama bizarro da música galega dagora.
- Case 200 recompensas aos que vitaminaron o galego e un festival pola lingua.
- Carballo dá Vitaminas ao Galego co seu Premio a artigos xornalísiticos normalizadores.
- Galicia segue demandando e vitaminando o galego.
- Máis de 100 mecenas polo galego nos medios de comunicación.
- A campaña a prol dos medios en galego supera as expectativas de recadación e amplia cabeceiras.