Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Xa temos os Programas do Entroido de todos os Concellos da Costa

Xa temos os Programas do Entroido de todos os Concellos da Costa
Entroido 2013

Para facilitarmos os plans, ademais de recoller todas as citas festexeiras debulladas en www.axendacostadamorte.com, dexiámosvos aquí, todos xuntos, os programas municipais de Entroido. Conten con actividades dende este venres 8 ata o domingo 17, con gran protagonismo da troula, pero tamén da gastronomía con varias rutas dos Pinchos, algún que outro concurso, e moitas, moitas filloas e orellas.

QPC estará en varios dos Entroidos costeiro. Durante esta primeira fin de semana intentará tomarlle uns pinchos en Muxía e máis en Corcubión. Para o domingo, ineludible cita con Nucha e Mucha en Dumbría. Xa estamos a luns, e toca ir de xurado ao Entroido de Vimianzo, e repetiremos facendo de xuíces do concurso de comparsas o mítico martes de Entroido de Fisterra.

O mércores comezan a esmorecer os entroidos, pero non decae a festa. Por exemplo, en Lariño enterran a Facundo. En Laxe a gran cita con Caietano queda para o venres e non se pode esquecer a cita ca Mikaela en Buño a golpe de sábado 16, o mesmo día por certo, que en Muxía proceden co Enterro do Percebe.

Entroidos da Costa

Fonte

Comentarios