1ª Autonómica: Camariñas e Ponteceso aínda viven
Sendas vitorias sacaban os dous pechacancelas da 1ª Autonómica nesta xornada 27. Camariñas e Ponteceso sacaron 3 puntos que lles permiten soñar coa permanencia. Os conserveiros quedan con 23, a 3 dos teóricos postos de salvación (sen contar os arrastres, que de seguro que os hai), e o Ponteceso ten 21, quedando a 9 da permanencia asegurada, pois con 29 se atopan equipos como o Puebla, Amio ou Sigüeiro.
Por arriba, xa son 12 os partidos sen perder do Malpica de David Baña. Impresionante o cadro malpicán que se achega ao Arzúa a só 2 puntos, e que o deixa coas opcións intactas para meterse no PlayOff.
Ademais, gran campaña tamén do Baio, agora cómodo nunha espectacular 6ª praza.
Flavia - Malpica (0-1)
- MALPICA: Pombo, Adrián, David Castro, Alemán, Mario Casal, Andrés, Fernando Varela (Martín Maradona, min.70), Juan oBello (Eloy Cabeza, min.69), Abel (Cheo, min.60), Ismael, Óscar Suárez (Manu Casal, min.89).
- Gol: 0-1, min.87: Óscar Suárez aproveita e remacha un despexe do porteiro a un tiro de Eloy Cabeza.
Partido no que o Malpica tivo dous rivais mais añadidos ao conxunto de Padrón. O primeiro era o campo pois aínda que estaba seco non había quen poidese ter control ningún pola cantidade de desniveles e buratos que tiña. Cando o balón botaba non había forma de saber para donde iba. O segundo foi o colexiado porque ante a mínima dúbida pitaba sempre a favor do conxunto local e un dos seus auxiliares tamén, permitindo todo tipo de xogadas bruscas aos dianteiros do Flavia.
Así e todo, o Malpica aguantou as embestidas locales na primeira metade e Pombo fíxose ver. Na segunda metade foron os malpicáns os que se fixeron ca batuta do xogo e os cambios introducidos axudaron a darlle profundidade ao equipo. Vitoria moi pelexada cun tanto que chegaba nos minutos finais, cando a base de fe e nunha xogada na que tiveron que chutar ata 4 veces a gol, os malpicáns levan 3 puntos que os achegan ao Arzúa e a ese postos de promoción.
Piloño - Esteirana (5-1)
- ESTEIRANA: Manu, Sui, Rafa, Dani (Eloi Serrano, min.55), Varela, Pabliño, Serrano, Alex, Josiño (Rubén, min.75), Kike (Adrián, min.55) e Róber Pladur (Raúl, min.68).
- Goles: 1-0, min.10; 1-1, min.11: Róber Pladur marca sen oposición; 2-1, min.29; 3-1, min.44; 4-1, min.52. 5-1, min.66.
- Lesións: Dani por corte na cabeza.
Moi mal encontro da Esteirana ante un rival que o precedía na clasificación. Iso non foi o que se viu no terreo de xogo, pois os locais foron dominadores do partido por intensidade, vontade e desexo de gañar. Estivo a Esteirana todo partido a mercé do Piloño e xa desde o segundo gol que non era a tarde da Esteirana. Os goles comezaron cedo e todo se volviu extrano tras a lesión de Dani, con corte que na cabeza que precisaba ventaxe aparatoso. Seguiu xogando pero algo convaleciente. Este detalle despistou e sacou do partido de todo a uns visitantes algo descentrados todo o partido. Proba delo foi a anéctoda da xornada, o Piloño devolvía o balón que tiraba a Esteirana, o defensa local manda un patadón cara a diante que se cola na portería. Acto seguido, nun xesto moi deportivo deixáronse meter gol. A partir de aí, desapareceu o equipo da vila mariñeira.
Lástima de non poder adicar un triunfo a Lucas, un veciño moi en contacto co clube, que falecía a semana pasada no naufraxio do Santa Ana en Asturias.
Baio - Puebla (3-1)
- BAIO: Anxo, Jose, Norber, Yago, Eloy, Fachal (Alberto, min.46), Martin, Brais (Rubio, min.80), Bieito, Christian (Canay, min.50) e MC (Fredi, min.85).
- Goles: 0-1, min.7; 1-1, min.42: MC; 2-1, min.60: Alberto; 3-1, min.63: Brais.
Impresionante este Baio, chegando nada menos que á 6ª praza a estas alturas de liga. Os de Félix controlaron o partido de principio a fin, a pesar de verse por debaixo no marcador dende o minuto 7. Pero non decaeron e foron polo partido e tras unha primeira metade de continuo dominio local, o empate chegou ao fío do descanso, un tanto fundamental de MC.
Cun penalti fallado por cada equipo, Alberto facía o segungo tanto aos 15 minutos, e clave foi tamén o 3-1, que chegaría apenas 3 minutos despois por medio de Brais, sentenciando o choque e deixando ao Puebla sen opcións.
Camariñas - Cordeiro (3-2)
- CAMARIÑAS: Pablo, Sergio, Roi (Wii, min.75), Rodri, Manu (Asier, min.70) , Moriño, Pirucho, Mario Toja (Saviola, min.85), Sule, Martín (David Toja, min.50) e Brais.
- Goles: 1-0, min.20: Brais; 2-0, min.35: Sule a centro de Brais; 3-0, min.75: Mario Toja de falta directa que non toca ninguén; 3-1, min.78; 3-2, min.85: de penalti. Primeira metade dominada polo cadro conserveiro con algunha chegada clara, como unha de Sule, unha de Roi a un saque de esquina ou unha de Martín nun rexeite. Brais abría o marcador e puña o partido de cara para os locais, e cando faltaban 10 da primeira Sule rouba no medio campo, mete en profundidade para Brais que centra e o propio Sule fai o 2-0, o que deixaba o choque perfectamente dominado e encarrilado ao descanso.
- PONTECESO: Illote, Diego, Lorenzo, Javi Peón, Josito, Bolón (Dani Cotelo, min.70), Puente (Jorge, min.75), Mendieta, Alberto Recarey, Dieguito e David Brenlla.
- Goles: 0-1, min.1: Dieguito queda só tras un balón longo de Josito que peitea David Brenlla ; 0-2, min.67: Alberto Recarey tras un pase de Martín Puente.
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
- Facebook Fútbol da Costa.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
- Preferente: O Dumbría non frea polo Play Off.
- Resultados e análise dunha xornada co primeiro ascenso da temporada.
- O IDC dase de baixa.
- Óscar Suárez e Raúl lideran as táboas dos pichichis da Costa.
- A Pipa de Corredoira: 30 novos adestradores diplomados na Costa.
- Alberto Pose: Da ilusión que xeneran os cromos da Costa.
- Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Colabora blog do Malpica de Luís Porto.
Na segunda o Camariñas intentou durmir o partido, pero Pablo tivo que intervir en varias ocasións salvando un par de man a man fundamentais. Roi remata un córner lambendo o pau e Mario Toja, xa faltando 15 minutos fai un gol de falta lateral que entra directamente sen que toque ninguén. Pero na seguinte xogada, unha falta a favor dos visitantes provoca o 3-1 e faltando 5 minutos un penalti de Asier significa o 3-2 e sufrimento para os locais, que acabaron positivamente.
Agolada - Ponteceso (0-2)
Gran vitoria do Ponteceso que non se vai dar por vencido ata que matemativamente haia opcións de salvarse. Os de David Velo saíron moi fortes a pesar das 2 horas e media de viaxe (como é posible que Agolada en Pom nteceso estean no mesmo grupo...) e de contado Dieguito marcaba o 0-1. Este gol condicionou moito o partido. Os locais quixeron vir arriba e o Ponteceso aproveitaba moi ben os espacios que deixaban para facer. E moitas ocasións tivo o cadro pontecesán no primeiro tempo, pero matou o partido. David Brenlla a centro de Dieugito, Javi Peón nun córner remataba lambendo o pau, Dieguito dende fóra da área e cun tiro cruzado, Martín Puente... moitas ocasións dos visitantes por un par dos locais no primeiro periodo.
Arrincaba a segunda co mesmo panorama e nunha contra chegaba o 0-2, obra de Alberto Recarey, que rompía o fóra de xogo entrando dende atrás e aproveita un gran pase de Martín Puente. Brenlla, para sentenciar, tivo un man a man co porteiro pero doulle moi frouxo e parou o porteiro. E Peón tamén tivo unha nun córner que rematou só e cabeceou fóra pero o marcador non se movería e os 3 puntos dan esperanza aos costeiros.