1ª Autonómica: Desexando que remate
Xornada 31 e xa está sobrando a tempada, sobre todo en Cee. A falta de 3 xornadas, e co equipo xa descendido o treito final estase a facer demasiado longo, alongando a agonía. Onte foi o Ponteceso quen sacou tallada do San Pedro de Refoxos, cunha vitoria que permite aos de Marco respirarvendo a 5 equipos por debaixo.
Cee - Ponteceso (0-3)
- CEE: Parroto, Fiuza, Luís (Moncho, min.49), Berto (Julio, min.49) Rafa, Fermín (Fer, min.49), Piquero, Nico, Jorge, Uri (Mario, min.65), Diego.
- PONTECESO: Norberto (Diego, min.78), Rubén, David Abelenda, Fabián, Dani Pallas, Carlos Mato (Manu Urbieta, min. 66), Tucho, Alberto Recarey (Josito, min. 67), Mendieta (Salva, min. 78), Ramón (Puente, min. 65), Toniño.
- Goles: 0-1, min.15: Alberto Recarey. 0-2, min.38: Ramón. 0-3, min.58: en propia meta a centro de Dani Pallas.
Primeiros 20 minutos con máis claridade de ideas dun Cee que avisaba xa no minuto 13 facendo intervir a Norberto e con un tiro á cepa do poste dereito. Pouco a pouco o Ponteceso foi tomando control do encontro e no 15´ sería o xuvenil Alberto Recarey o que abría o marcador para os pontecesáns cun tiro raso ao pao longo defendido por Parroto. A partires de aí sería o Ponteceso o que levaría o control do encontro. Toniño no 35´dispoñía dunha boa ocasión para poñer o 0-2 pero sería o novo gardamallas do Cee que nese man a man gañáballe a Toniño desbaratando unha gran ocasión.
Tan só tres minutos mais tarde (38´) sería Ramón que nun tiro dende a frontal da área que lle deixa nunha formidable combinación Alberto Recarey puña o 0-2 co que se chegaria ao descanso.
Xa na segunda metade nunha desafortunada xogada para o Cee cando tan só ian 13´, nun centro que pon Dani Pallas o defensa local marcaba en propia meta e xa poría o que sería o definitivo 0-3. A partir deste terceiro gol o resto do encontro o Ponteceso limitouse a controlar e non pasar apuros xa que apenas houbo ocasións. Tan só destacar no 66´ unha boa internada por banda de Mendieta en xogada persoal que remataba cun tiro cruzado que saia acariciando o poste. Partido no que cabe destacar a deportividade por ambos lados e que deixa o Ponteceso practicamente salvado.
Máis información
Crónicas da semana
Máis novas
- Un Mar de Paixón: Un proxecto…, xa traxecto.
- Alberto Pose: Unha por toda a familia futboleira da Serra de Outes.
- O fútbol na Costa da Morte, un mar de paixón.
- QPC MOTOR: Entrevista de David Castro con Dani Carracedo.
- A Esteirana Cadete abre o camiño para conquistar o título provincial de FS.
- O Distribuciones Barral sentencia unha nova Liga de Fútbol Sala de Cee.
- Entrevista de David Castro co internacional Santi Canedo.
- Xa temos cadro da Copa da Costa 2012.
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido coa vimiancesa Ana Mouzo.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Colabora o UC Cee e o Ponteceso.