Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Resultados da fin de semana no #futboldacosta

Resultados da fin de semana no #futboldacosta

Fin de semana do 21 e 22 de abril con moito #futboldacosta. Nunha xornada na que o comezo da Copa da Costa fixo os seus estragos como se pode comprobar con algunha goleada que outra.
E comezamos a crónica da xornada precisamente pola Copa, na que só o Fisterra sentenciou o pase ante o Montelouro. Camariñas e San Lorenzo encarrilaron a eliminatoria con sendas vitorias fóra de casa ante Outes e Mazaricos e o Baio trae un 1-1 ao Platas Reinoso dende Esteiro.

Continuamos pola Preferente, onde os nosos acadaron resultados dispares: 1 vitorias, 1 empate e 2 derrotas. O Santa Comba que cae ao 5º posto e que ademais fai fraco favor aos veciños deixando marchar os 3 puntos cara Viveiro. O Xallas caía sen sorte ante un Santiago que recurta, e o Soneira non pasou do empate ante O Val. Deste xeito, nin Dumbría, nin Xallas nin Soneira poden despistarse.
O derbi da 1ª rematou como se esperaba, cunha clara vitoria do Ponteceso ante un Cee que xa desexa o final desta agonía.

Na Liga da Costa, continúa moi igualada a loita pola 3ª e 4ª praza. Hoxe o Corme métese 3º tralo tropezo do Malpica ante o Zas, un empate que ademais aos zaenses lle sabe a gloria trala derrota do Nantón ante o Camariñas, nun choque intenso que acabou co cadro local pedindo a hora ante a case remontada dos cabaneses. Os de Pepucho seguen 2º cunha cómoda vantaxe sobre o Corme. Así, por abaixo, parece que o Nantón afunde máis e máis e queda a 4 puntos do Zas. Outros como Castriz (que sorprendeu en Baio), ou Buño, xa poden respirar tranquilos.
Mañá faremos un repaso ao acontecido o sábado en Lombáns, i é que o corcubionés Sebas saíu cun forte golpe na fronte e tivo que vivir un auténtico periplo para ser traladado á Coruña en Ambulancia para ser operado. Parece que os recortes chegan ao fútbol.

A xornada na tiña o foco no Volantes-Montelouro, derbi muradán que rematou cun sorpredente 5-1 a favor dos de Baño que os meten xa 4º. Ademais, por arriba, Carnota e Outes non decaen e manteñen o ritmo, por diante dun Cabana que case ten asegurada a Liguilla e que agarda un tropezo dos de arriba.

En Xuvenís, o Malpica escapa, quedando Baio e Cee empatados 4 puntos por detrás. Os baieses seguen desafiando o potencial do Cee, que sacou un empate do Conco anteun Dumbría B que está a 3 puntos de baieses e ceenses e que non di adeus á Fase.
Ademais, comezaba a Copa Xuvenil nos que o Mazaricos e o Ponteceso case que sentenciaban o pase a semis.

En Cadetes xa temos campión. O Dumbría empataba co Cee e sácalle 6 puntos ao Santa Comba a falta de 3 xornadas pero os xalleiros teñen que descansar. Así e todo parece que ambos serán os que participen na Fase de Ascenso á Liga Galega
E parece que a Liga Infantil tamén vai quedar no Conco trala derrota do Cabana, tocado do partido entre ambos da semana pasada, que caía co Cee 3-5.
E aquí hai que facer mención á Esteirana Perruquería Koletas, que xogará as semifinais do Campionato Provincial de Fútbol sala tras superara nada menos que ao Autos Lobelle, facendo boa a renda de 3 goles da ida.

E non quedamos sen falar dos Veteranos, onde o Castriz sentenciou a Liga e se proclamou Campión de 1ª División tras vencer ao Bergantiños e aproveitar a xornada de descanso do San Román.

Preferente, xornada 33

Santiago 1-0 Xallas
Xove Lago 1-2 Dumbría
Soneira 1-1 O Val
Santa Comba 2-3 Viveiro

1ª Autonómica, xornada 31

Cee 0-3Ponteceso

2ª Autonómica, xornada 31

Club do Mar 2-0Muros
O Pindo 1-8Corcubión
Fisterra 7-1 Dumbría B
Buño 7-2 Esteirana
Malpica 1-1 Zas
Corme 3-0 San Lorenzo
Sofán 2-1Mazaricos
Baio 0-1 Castriz
Camariñas 4-3 Nantón

13ª Autonómica, xornada 35

Xaviña 2-2 Cerqueda
Laxe2-1 Indep. Carballo
Cabana1-0 Alcaián
Atl. Pereiriña0-3Outes
Carnota 4-1 Fisterra B
Lira 2-4 Soneira B
Coristanco 4-2 Corcoesto
Volantes 5-1 Montelouro
Muxía 0-3 Porteño

Copa da Costa, ida da previa

0-1Mazaricos - San Lorenzo--
1-1Esteirana - Baio--
1-2Outes - Camariñas--
4-0Fisterra - Montelouro--

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 11

Santa Comba 0-3Baio
Malpica 4-1 Soneira
Corcubión 4-3 Camariñas
Dumbría B 1-1 Cee

Copa da Costa Xuvenil, Cuartos

4-0Mazaricos - Fisterra--
1-2Dumbría A - Cabana--
0-3Coristanco - Ponteceso--
0-1Corme - Zas--

2ª Cadete, xornada 31

Esteirana 2-1 Camariñas
Fisterra 13-0 Zas
Ponteceso 2-2 Malpica
Coristanco 4-3 Outes
Santa Comba 3-0 Soneira
Baio 1-3 Cabana
Porteño 2-4 Muros
Dumbría 1-1 Cee

2ª Infantil, xornada 31

Coristanco 3-1 Corme
Santa Comba 1-2 Muxía
E.M.F. Vimianzo 0-10 Dumbría
Cabana3-5 Cee
Outes3-2 Os Miudos
Ponteceso 9-3 Baio
Fisterra 22/04 - 18:30 As Baleas

Ligas de Veteranos, xornada 29

1ª División

Buño3-3Bértoa
Nantón 0-3 Zas
Cabana 1-0Ponteceso
Xv. Bergantiños 2-2 San Lorenzo
Vimianzo 1-7 Corcubión
Castriz 4-0Bergantiños
Camariñas 0-5 Baio

2ª División

Agualada 0-4 Muros
Sofán 1-4 Soneira
Leiloio 4-1 Cerqueda
Malpica 3-3 Club do Mar
Coristanco3-1Porteño
Dep. Carballo 5-1 Corme
At. Milagrosa 0-2 Corcoesto

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios