Luns. 07.10.2024
El tiempo

1ª Autonómica: O Ponteceso rubrica a permanencia

1ª Autonómica: O Ponteceso rubrica a permanencia

Ponteceso vén de rubricar a permanencia nun gran encontro ante todo un Noia que se xogaba recuperar o posto de ascenso directo a Preferente. Boa xornada pois para os de Marco, que poderán afrontar as dúas últimas xornadas con maior tranquilidade.

Polo sur da bisbarra, o Cee segue esperando que remate a tempada, e segue percorrendo, con máis pena que gloria, os campos da provincia. Así e todo onte mereceu traer algo de Padrón.

Ponteceso - Noia (3-2)

    PONTECESO: Norberto, Rubén (Puente, min.70), David, Fabián, Dani Pallas, Pablo Vazquez, Mendieta, Tucho, Alberto Recarey (Josito, min.70), Ramón, Toniño (Alex, min.75) (Adrian Porteiro, min.85).
  • Goles: 1-0, min.32: Alberto Recarey anota un golazo tras dous recortes e unha fermosa vaselina; 1-1, min.67: Pablo Lopez; 2-1, min.82: Mendieta; 3-1, min.85: Alex; 3-2, min.91: Santi.
  • Lesión: Alex sufriría unha forte contusión ao anotar o terceiro gol nun choque fortuito co gardamallas Oscar.

O Gran encontro o desta tarde no Pinguel entre dous equipos que apostaron polo ataque en todo momento.
Comenzaba mellor o Ponteceso que xa mandaba o primeiro aviso nun lazamento de falta (7´) do xuvenil Alberto Recarey que saia acariciando a escadra defendida por Oscar. O Noia tentaba sorprender a base de contras pero sen poñer en apuros o gardamallas pontecesán. Cando estaba sendo un partido de ida e volta, xogado a un gran ritmo sería de novo o xuvenil Recarey que sacaba unha xogada como se de primeira se tratase, na que recorta ao central e senta ao porteiro noiés para logo marcar de vaselina. Con este resultado íase o descanso.

Xa na segunda metade Toniño no minuto 55´ nunha formidable contra pon o primeiro aviso. O Noia facía un dobre cambio para tentar ter mais posesión con mais calidade no medio do campo e así Pablo Lopez no 67´ acadaba o empate para os de Noia. Pero o Ponteceso, máis que virse abaixo segue a tentar seguir co control do partido.
Cos cambios de Puente, Alex e Josito, o Ponteceso consegue máis profundidade e pouco a pouco volve meter ao Noia no seu campo. Puente, minuto 80, manda o esférico ao lateral do poste no que sería o aviso da xogada que dous minutos despois Alex serve unha maxistral asistencia a Mendieta que define a perfeccion e pon o 2-1. Tan só tres minutos despois (85´) o mesmo Alex anotaría o 3-1. Gol que lle saía caro, pois sufriria un choque fortuito co gardamallas Oscar e tería que ser sustituido por precaución ante os mareos que parecia sufrir.
Con este resultado o Noia apostou a subir liñas nos ultimos 5 minutos e poñer mais xogadores en punta. Xa en tempo de desconto recurtaba distancias (91´) poñendo o 3-2 que xa sería o resultado definitivo.

Flavia - Cee (2-0)

  • CEE: Parroto, Fiuza, Jorge, Berto, Rafa, Diego, Piquero (Sergiño, min.61) Nico, Victor (Uri, min.71) Fer, Chiru (Carlos, min.57).
  • Goles: 1-0, min.88; 2-0, min.91.
  • Expulsións: ao porteiro local Diego no min.31 por dar unha patada e un puñetazo a Rafa; e ao ceense Jorge por soble cartón no min.77.

Partido sen nada en xogo para os dous equipos. Unha primeira parte sen un dominador claro levou máis a iniciativa o Cee. Víctor, que volvía logo da lesión nas costas, volveu ser o xogador máis activo dos ceenses asistindo primeiro a Chiru que mandaba o balón rozando o pau e despois a Fer, que remataba moi forzado ante a saída de David. Estas foron as ocasións máis claras na primeira parte.

Na segunda e a pesar de xogar cun home menos preto de 45 minutos, levou o peso do partido o Flavia, que coa entrada de Fonso e Cristian crearon moito perigo á porteria ceense. Ata tres veces se presentou Fonso só diante de Parroto pero os seus tiros saíron moi desviados.
Xusto antes do gol local chegaría a máis clara para os ceenses, nunha boa xogada entre os xuvenís Carlos e Uri, que a deixa para a chegada de Sergio pero para en dous tempos David. Unha perdida no medio campo no min 88 e un pase en profundidade a Fonso acababa co primeiro gol (merecido esta segunda parte) do Flavia batendo por encima a Parroto. O segundo sería un calco do primeiro unha perdida cerca do area local, remataría cunha nova contra coa mesma definición.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios