1ª Autonómica: Os de arriba marcan o paso
Doble derbi vivía a Costa nesta xornada 29 da 1ª Autonómica. E a táboa falou, pois os dous equipos da zona alta superaron aos de máis abaixo. En Camariñas, o Malpica afundía un pouco máis ao cadro de Berto tras un choque disputado pero no que a posición se deixou ver no campo. O cadro malpicán, tras 14 xornadas sen perder, segue loitando co Arzúa pola 2ª praza, de Promoción, quedando a 2 puntos do cadro queixeiro, e só cun de vantaxe sobre o Villestro. Mentres, o Camariñas segue penúltimo xa a 7 da teórica salvación, e a 10 do máis que posible posto de salvación por mor do arratres.
Un posto que ocupa agora mesmo a Esteirana, que non se pode despistar nin o máis mínimo, por só ten 3 puntos sobre os 3 inmediatos perseguidores, e calquera erro pode ser fatal para uns esteiráns que onte non podían co Baio, que afianza a súa 4ª praza coa vitoria no derbi.
Camariñas - Malpica (0-2)
- CAMARIÑAS: José Luís; Rodri (Saviola, min.83), Sule, Sergio, Manu (David Toja, min.61), Moriño, Brais Triñáns, David (Congui, min.68), Martín, Mario Toja, (Asier, min.83), Pirucho.
- MALPICA: Pombo; Adrián, Manu Casal, David Castro, Alemán, Fernando Varela, Eloy Cabeza (Mario Casal, min.72), Cheo, Abel (Neucha, 79), Juan oBello (David, min.88), Óscar Suárez, (Martín Maradona, min.83).
- Goles: 0-1, min.1: Manu Casal dende 30 metros á saída dun córner cun tiro que dá no traveseiro, bota e o colexiado dá gol; 0-2, min.75: Óscar Suárez aproveita un barullo na área.
Partido tremendamente disputado, cos dous equipos volcados pola vitoria pois ambos necesitaban, cada un na súa liga, os puntos. O Malpica levou o peso, e ademais tiña a sorte de cara tralo gol conseguido no primeiro minuto. O Camariñas prantou cara durante todo o partido, pero sempre pareceu estar máis preto a sentenza que o empate, pois o Malpica está un punto por riba, e daba a sensanción que en calquera momento subían unha marcha e escapaban no marcador.
Non foi así durante 74 minutos chuviosos, nos que unha espectacular xogada de Sule pola banda, e unha internada do camariñán pedindo a expulsión do meta Pombo, foron as chegadas máis claras dos camariñáns.
Noia - Ponteceso (3-0)
- PONTECESO: Guille, Lorenzo (Dani Cotelo, min.53), Javi Peón, Jorge (Adri, min.88), David Brenlla, Cholo, Martín Puente, Iván (Pablo, min.63), Mendieta, Alberto Recarey e Dieguito (Ismael, min.83).
- Goles: 1-0, min.40; 2-0, min.44; 3-0, min.65.
Con moitas baixas se presentaba o cadro de David Velo ante o poderoso líder. E non puido aguantar as embestidas do cadro noiés, ao que, con todo, puido prantar cara durante todo o partido.
A pesar de que é un gran campo para xogar ao fútbol, onte era moi difícil. Moita agua e eso fixo que os xogadores esvararan moito. O Noia moi ben plantado no campo e con moita movilidade. Moi rápidos por banda que foi por onde chegaron os goles. Os laterais sempre doblando e chegando á liña de fondo, sorprendendo á defensa pontecesá.
O partido decidiuse no último treito do primeiro tempo, cando en 5 minutos o Noia facía dous tantos consecutivos e abría unha fenda insalvable para os costeiros, o segundo ca mala fortuna de Lorenzo, que intentando despexar colaba o balón na meta de Grille.
O ponteceso tivo algunha oportunidade a pesar de que o Noia levou todo o peso do partido, como un tiro de Javi Peón por encima do largueiro despois din saque de córner no ecuador do primeiro tempo, aínda co 0-0, ou un tiro de Puente tamén por encima do largueiro,m xa co 3-0 no marcador.
Cómpre sinala que onte debutaban Cholo e Iván Pena, procedentes do IDC.
Baio - Esteirana (4-1)
- BAIO: Anxo, Fachal, Mario, Yago, Eloy, Norber, Brais (Alberto I, min.60), Martín (Alberto II, min.70), MC (Rubio, min.75), Bieito e Christian (Canay, min.65).
- ESTEIRANA: Rubén (MJ, min.78), Codesido, Pabliño, Dani Rama, Sui (Rafa, min.68), Varela (Andel, min.67), Álex, Pablo (Eloi, min.74), Josiño, Kike (Raúl, min.60) e Róber Pladur.
- Goles: 1-0, min.10: Brais dende 40 metros; 2-0, min.55: Martín; 3-0, min.60: MC; 3-1, min.75: Álex; 4-1, min.91: Alberto.
Vibrante derbi no Platas Reinoso entre dous debutantes que xa parecen habituais da categoría. O Baio afrontou mellor o partido e pronto se viu por diante do marcador. Soubo ler o choque e aguantou, para decidir en dúas arrancadas no comezo da segunda metade por medio de Martín e MC. Só contra o final, o cadro esteirán recurtaba, pero xa sen tempo para a remontada.
Máis información
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- Facebook Fútbol da Costa.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
- Xa temos sorteo da I Copa da Costa Infantil.
Crónicas da semana
- Preferente: Peor case imposible.
- Resultados e crónica da última xornada de marzo do Fútbol da Costa.
Artigos relacionados
- O Gato parapenaltis.
- O campo de fútbol de Louro terá herba artificial a temporada que vén.
- Alberto Pose: Unha fiestra aberta para acoller Campionatos Nacionais na Costa da Morte.
- Óscar Suárez e Raúl lideran as táboas dos pichichis da Costa.
- A Pipa de Corredoira: 30 novos adestradores diplomados na Costa.
- Alberto Pose: Da ilusión que xeneran os cromos da Costa.
- Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Colabora Blog do Malpica de Luís Porto.