Venres. 26.04.2024
El tiempo

Comezou a Terceira con goleadas de Cerqueda, Coristanco e Independiente

Comezou a Terceira con goleadas de Cerqueda, Coristanco e Independiente
Planteles moi cambiados na Terceira e moito traballo por diante para os adestradores. Algunha sorpresa nesta primeira xornada tendo en conta os prognósticos de favoritos, aínda que semella que vamos a estar ante unha liga moi igualada, ao igual que o fora a do ano pasado. Porteño, Independiente, Baiñas, Muxía, Nantón, Cerqueda están chamados a estar na parte alta, aínda que non podemos perder de vista ao filial Soneirán, Laxe ou mesmo Corcoesto. Para a vindeira xornada, coas festas da Barca por diante os horarios van a cambiar bastante, cando menos xa está confirmado que o Castrelo-Laxe se xogará no Municipal de Vimianzo ás 21:00h do venres 7, mentres que o Baiñas-Coristanco será o sábado ás 17:00h, nese mesmo campo. O Ameixenda farao contra o filial soneirán o sábado ás 18:30h.

Corcoesto – Muxía (2-1)

  • CORCOESTO: Anxo; Alberto, Germán, Pablo Longo, Sergio; Martín (Xabi, min.46), Edelmiro, Pablo Vázquez (Pichón, min.85), Josiño (Rodri, min.65); Héctor e Pichuco (Javi, min.55).
  • MUXÍA: Luís Romaní, Peski, Currás, Pataca, Martínsiño, Javi (Cabejo, min.46) (Carrera, min.80), Santi Papi, Dimas, Adrián Negro, Iván Lagoa e Casais (Pardelo, min.85).
  • Goles: 1-0, min.20: Adrián Negro; 1-1, min.30: Héctor, de penalti feito sobre el; 2-1, min.42: Héctor, de falta directa.
  • Expulsión: O visitante Iván Lagoa con cartón vermello directo (min.80).
Partido inaugural entre dous conxuntos con moi novedosos proxectos deportivos. O Corcoesto pasou de ser un equipo de veteranos, a aportar moita xuventude. Os cabaneses reforzáronse bastante e ben. Volven ao campo das Bouzas xogadores que xa xogaran alí como Pablo Vázquez logo de recorrer por equipos da talla do Sofán, Baio ou Ponteceso, Pichuco deixa os veteranos do Ponteceso para xogar cos brancos de novo. Tamén son caras novas e xoves o meta Anxo, que procede dos xuvenís do Ponteceso, Alberto dos xuvenís do Cabana, Sergio vén dun equipo da Coruña, mentres que Angel faino do Corme. O Muxía de Papi, contou con algunhas baixas importantes por problemas federativos, aínda así volvero ao equipo vermellón xogadores míticos como Luís Romaní e Cabejo, mentres que recuperaron a Santi Papi que xogara no Corcubión, ou Adrián Negro e Peski que o fixeron no Camariñas. O partido comezou forte para o Muxía, que tivo o primeiro gol nos pés de Lagoa que quedou só nun despiste local e enviaba o balón o pau. O Muxía apretaba nestes primeiros minutos conseguindo numerosos corners (así como faltas ao borde da área) que puideron chegar a 30 entre todo o partido, pero sempre desaproveitados. Pero foi cun cambio de xogo de Peski diagonal cara Adrián Negro cando este batía na saída por alto e abría a lata aos vinte minutos de xogo. Pero pouco lle durou a alegría os muxiáns porque o Corcoesto empataba de penalti moi protestado polos muxiáns (tanto polo penalti en sí, como pola xogada anterior na que o árbitro sinalou saque de banda en contra inexplicablemente), e de seguido, de novo o cormelán Héctor, clavaba unha falta ao borde da área que tocaba no pau e logo na espalda do meta veterano Luís Romaní. Os locais dábanlle a volta ao marcador. Xa na segunda parte máis do mesmo, partido bronco, e moitas xogadas a balón parado para o Muxía que non conseguiu materializar. O porteiro local luciuse con 2 paradóns a sendos remates de Adrián Negro co pé e coa cabeza. Ao final o Corcoesto nunha contra levada por Pichón puido sentenciar aínda máis, pero o partido quedou niso, nun querer e non poder do Muxía. Ademais perdeu o Muxía no treito final do encontro a Iván Lagoa, por soltar a perna nunha caída contra as vallas, e saíu lesionado Cabejo cunha microrotura de fibras. Bo comezo para o Corcoesto neste novo proxecto, e traballo para os de Papi que descansarán esta xornada polas Festas da Barca.

Soneira B – Baiñas (1-0)

  • SONEIRA B: Víctor, Chuchi, Alberto, Pichón, Curra, Quilmes, Cristian Canosa, Cristian Figueroa, Chino (Richi), Félix (Jemisa) e Fernando (Conexo)
  • BAIÑAS: Damian, Ani (Adrián, min.80), Samuel, Héctor, Iván Hermida, Esteban, Stiven (Diego, min.75), Cristian (Susiño, min.75), Fernando (Luís, min.60) e Tasky.
  • Gol: 1-0, min.1: Chino.
Aguou o filial Soneirán o debut do Baiñas, equipo chamado a estar na parte alta da clasificación ao final da tempada. O encontro a parte de ser un derbi tiña un sabor especial, pois Juan Silva, o agora presidente do Baiñas, foino do Soneira nas pasadas catro campañas. No deportivo, o encontro foi como os clásicos derbis no que hai moito respecto e moita intensidade. O gol local aos 40 segundos fixo que os visitantes tiveran que ir a contrareloxo durante os noventa minutos e a falta de gol pagárona (xa andan por Baiñas tentando fichar un dianteiro que supla as carencias goleadores dos verdillos). Suso cun tiro ao pau e Tasky cunha vaselina que se foi lixeiramente alta crearon as mellores ocasións para o equipo de Jose Manuel Pato. Os locais tamén estrelaron un balón no pau.

Cerqueda – Fisterra B (3-1)

  • CERQUEDA: Costa, Manuel, Santi Javier, Pablo, Daniel, Dieguito, Javi Pazos, Juanjo, Santi e You.
  • Goles: 1-0, min.30: Juanjo; 2-0, min.60: Dieguito; 2-1, min.70: Mario; 3-1, min.85: Dani.
Victoria do Cerqueda, ante un filial que non mostrou a sua mellor cara, e pese a poñerse con 2-1, non creou moito perigo como para poñer en apuros os tres primeiros puntos do equipo de Roberto Lozano. Coristanco – Castrelo (5-2)
  • CORISTANCO: Che, Iván, Óscar, Marcos, Torreira, Damián, Luis, Edgar (Sergio, min.50), Añón (Omar, min.70), Magovi (Mallón, min.60) e Cancela.
  • CASTRELO: David, Fran, Luís, César (Martín Bolli, min.80), Mario, Kevin, Litos, Estevo, Andrés (Manolo Insua, min.46), Denís (Kevin de Castrelo, min.70), Ismael e Germán.
  • Goles: 1-0, min.20: Cancela; 2-0, min.35: Magobi; 2-1, min.43: Luís, de cabeza nun córner; 3-1, min.55: Damián; 4-1, min.75: Omar; 4-2, min.82: Ismael; 5-2, min.85: Mallón.
Debut ilusionante do Castrelo que pese á derrota (varios goles foron facilidades dos visitantes) xogou unha boa primeira metade na que non mereceu acabar perdendo. Terán que facer axustes e melloras ao igual que todos os equipos para non dar facilidades aos rivais e ir mellorando xornada a xornada. No bando local, Rochi tamén terá traballo para conxuntar a un equipo moi cambiado con respecto a campaña anterior. Che e Añón procedentes do Cerqueda, Cancela que estaba sen equipo, Omar que vén da Peña de Razo, xunto con varios xuvenís, son as caras novas no equipo coristanqués. Xaviña – Indep. Carballo (1-4)
  • XAVIÑA: Boro; Juan Antonio, Beto, Caamaño, Gallego; Camazas, Pilu, David, Correos; Dani e Kanouté.
  • INDEPENDIENTE: Iván (Noé, min.88), Castr, Dani Rosalía, Brais (Míchel, min.46), Suso Noya, Carlos, Cholo, Velo (Efren, min.55), Mario (Scot, min.84), Ivi (Adrián, min.70) e Juni.
  • Goles: 0-1, min.15: Cholo, de falta directa; 0-2, min.22: Juni, vaise por velocidade e no man a man bate ao meta Boro; 1-2, min.55: Dani, de penalti; 1-3, min.60: Cholo, de falta directa; 1-4, min.80: Ivi, gol olímpico.
Partido máis complicado do que indica o marcador para os de Carballo que este ano saen coa bitola de equipo favorito. Nas súas filas conta con novas altas como son o meta Iván que vén do Club do Mar, Castro, dos veteranos, Velo, das Peñas, Mario, do Bergantiños xuvenil, Adrián, do Laracha xuvenil e Benitez do Coristanco. O Xaviña capitaneado por Roberto Pirucho prantou cara e non mereceu unha derrota tan abultada. O meta visitante Iván impedíu que se virán máis goles no Hermanas Patiño. o equipo coristanqués. Alcaián – Lira (1-2)
  • ALCAIÁN: Martín, Jorge Facal, Lino, Marcos Pichel (Iván Souto, min.50), Pombo (Fede, min.80), Dani Facal, Framil, Daviciño (Corral, min.75), David García, Rubén Rial e Diego.
  • Goles: 1-0, min.25: Fran Perico; 1-1, min.42: Diego; 1-2, min.80: Suso Perico.
Venceu o Lira nun partido non doado, pero que levou ben o equipo liracho. A maior parte das ocasións foron dos carnotáns, agás dun par delas que foron do Alcaián. Terá que mellorar o Lira si quere estar na parte alta da clasificación, namentres que Lorenzo ten traballo en Alcaian para conxuntar un plantel moi novo e moi renovado con respecto a campaña anterior, procedentes boa parte deles do Coristanco xuvenil. Porteño – Ameixenda (4-3)
  • PORTEÑO: Pablo, Maikol, Pejo, Oscar, Gabi (Mario Toja, min.57), Asier, Ismael, Iago, Brais Grela, Búa e Bieito
  • Goles: 1-0, min.30: Asier; 2-0, min.51: Ismael, de penalti feito a Bieito; 3-0, min.60: Brais Grela; 3-1, min.65: Javi de Marucha; 3-2, min.69: Diego Trillo; 3-3, min.80: Jesús, de penalti; 4-3, min.88: Brais Grela.
  • Expulsión: O adestrador local Gerpe.
Apunto estivo de lle amargar o debut da tempada na súa casa o debutante Ameixenda ao Porteño, e iso que os pupilos de Gerpe se puxeron cun 3-0 a falta de media hora para o final do encontro, pero un baixón na concentración case lle sae caro. A rentes do final Brais salvou a papeleta colocando o gol da vitoria. No Porteño tan só puido debutar o irmán máis vello dos Toja, Mario, pois David tivo problemas na tramitación da ficha e terá que esperar a semana que vén fronte ao Nantón nas Fontiñas. Laxe – Camelle (2-1)
  • LAXE: Illote, Pailos, López, Ventura (Samuel, min.46), Roi (Darío, min.30), Felipe, Borja, Iván Vilanova, Iván Porteiro, Zurich e Manuel Saleta.
  • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Manuel (René, min.86), Valiña, Adrián (Coruña, min.51), Matías, Iván (Varu, min.80), Miguel Riveiro, Sergio (Buri, min.70), Jose e Felipe Barreiro.
  • Goles: 0-1, min.17: Iván; 1-1, min.47: Darío; 2-1, min.84: Samuel.
Moi intenso o primeiro partido da tempada o desputado na tarde do sábado en Laxe. O comezo foi para o Camelle, que era o que tiña o dominio do balón e do xogo, facendo perigo sobre todo pola banda esquerda e dispoñendo moi rápido dunha clara ocasión que Barreiro non foi quen de marcar cando na grada xa se cantaba o gol. Ese que non tardaría en chegar cando nun balón largo peiteado por Barreiro deixaba franco a Iván que recorreu todo o campo do Laxe para plantarse só diante do porteiro e marcar por baixo. Gol que facía xustiza ao visto, xa que o Laxe poñía moita vontade e demasiada intensidade pero pouco xogo. Pero a partir do gol, e pouco a pouco, o Laxe foise asentando e facéndose co control do partido. No último minuto unha gran parada de Purrúa a Adrián Porteiro (que uns minutos antes puido ser expulsado por unha falta fóra da área) impedía un empate que o Laxe non merecera. Pero cambiou o partido no segundo tempo no que nada mais comezar empataba o Laxe cun balón as costas de Adrián, Darío foise por velocidade recorrendo case que todo o campo do Camelle e bateu por raso a Purrúa que nada puido facer. O Camelle perdeu por completo o control do partido e só a calidade de moitos dos xogadores mantiñan a igualdade no xogo e no marcador. Unha desafortunada acción no medio do campo rematou coa expulsión de Jose e do local Zurich, montándose unha pequena tangana sen maiores consecuencias. Tras varias ocasións polos dous bandos, entre elas unha clara de Carlos de Dido tras unha parede con Miguel Riveiro, nova fichaxe do Camelle para esta tempada e ex-xogador do Muros e Cee, entre outros, puido decantar o partido ao favor dos visitantes se Barreiro empurrase dentro un magnifico saque en longo do porteiro que controlou con moita calidade, prantándose só diante do porteiro local pero mandando o balón pegado ó pau pola parte de fóra cando faltaban dez minutos para rematar. O que si acertou foi un Laxe cun punto mais de agresividade que o Camelle seis minutos despois aproveitando unha indecisión dentro da área para conseguir o dous a un definitivo. Se algo destacou no encontro foi a afección do Camelle que, unha tempada mais, acompañou en masa ao equipo, deixándose notar en terras laxenses, e animando durante todo o encontro. Para a semana o Camelle debutará no seu campo do Rodeiro, recén arranxado, ante o Alcaián. Ademais de Miguel Riveiro, tamén debutaron Matías (ex do Baio) e Adrián (ex do porteño) polo bando camellán. En Laxe son altas para esta tempada Pailos, que estaba sen xogar, Iván Lorenzo, estaba sen xogar e antes fixérao no Coristanco e no Baio, Iván Porteiro, procedente do Ponteceso e Mandi, que o recuperan tras unha tempada sen xogar. Non se descartan máis altas nos vindeiros días.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Colaboración de Dimas Búa Sar, blog da S.D. Camelle, e facebook do Baiñas.

Comentarios