2ª Autonómica: A Esteirana canta o alirón e os de abaixo xogándose a vida



Vaia festa que se pegaron en Esteiro. O cadro da Esteirana vencía e aproveitaba o empate do Baio ante o Sofán para celebrar o título. O campo, río, as rúas, os bares... todo Esteiro vestiuse de blaugrana para disfrutar dun título que non chegaba dende os anos 80, e co que Esteiro terá un equipo na 1ª Autonómica.
Pero as cousas aínda están moi abertas por abaixo, os Mazaricos, Cabana e Outes loitarán na última xornada por evitar o descenso tralo arrastre provocado polo descenso do Fisterra. O Cabana dáballe a volta á clasificación, e coa súa vitoria en Corcubión e o empate do Mazaricos ante o Zas quedan empatados pero co golaverage individual para os cabaneses. O Outes caía incomprensiblemente no Conco ante o pechacancelas e se complica a vida deixando todo para unha última xornada de infarto. Un descenso a repartir entre os 3, cos choques claves: Cabana-Buño, Outes-San Lorenzo e Montelouro-Mazaricos.
Esteirana - Carnota (5-0)

- ESTEIRANA: Ramón, Dani Rama, Pablo Serrano, José Varela (Suizo, min.44), Simón, Picholeiro (Codesido, min.75), Uru, Álex (Eloy Serrano, min.70), Adelino (Alberto, min.80), Kike, Roberto Pladur.
- CARNOTA: Luís de la Peña, Iván (Manoliño, min.60), Manolo Chouza, Pablo de Pichín, Pumuky, Rodrigo, Jacobo, Nakata, Manuel Luis (Boni, min.65), Buonanotte, Adrián dos Lombos (Urko, min.60)
- Goles: 1-0, min.10: Álex; 2-0, min.20: Roberto Pladur; 3-0, min.35: Roberto Pladur; 4-0, min.55: Roberto Pladur; 5-0, min.80: Roberto Pladur.

Cheo a rebentar o Xosé Luis Vara para festexar a festa do fútbol esteirán, gracias ao tropezo do Baio ante o Sofán. Unha cita que xa comezaba en clave de celebración, coa entrega do trofeo ao equipo cadete, que arrasa na 1ª Cadete. Os dous equipos facíanlle o pasillo aos campións.
E ao comezo do partido saía a por todas os locais, un equipo perfectamente autoxestionado que combina experiencia con xuventude, seriedade cunha grandísima calidade. Alex, e sobre todo un espectacular Roberto Pladur, acababan pronto co partido.

Así celebraron o título os esteiráns con toda a súa parroquia.



Buño - Montelouro (4-1)

- BUÑO: Brais, Casais (Eloy, min.67), Diego, David, Rubén, Mauri, Dourado, Gustavo (Victor, min.55) , Elías, Emilio, Gurita (Juan, min.55).
- MONTELOURO: García, Isma, Bolo, Pablo, Geico, Fernando, Canelo, Raúl (Chema, min.77), Pepiño (Álvaro, min.75), David, Pesco.
- Goles: 1-0, min.7: Elías; 1-1, min.25: Pesco; 1-1, min.66: Mauri; 3-1, min.83: Elías; 4-1, min.89: Elías.
Mereceu moito máis o Montelouro, unha xornada máis, desta volta en Buño. E malia merecer a vitoria acabou goleado. Os de Canelo saíron moi ben pero os locais se adiantaban pronto por medio de Elías. Conseguía empatar Pesco e os muradáns se puideron meter por diante con ata 3 tiros ao pao, un de Pesco ao longueiro, un de Geico que fixo un paradón o porteiro Brais a man cambiada e tocou, e un tiro raso á base do poste de Raúl.
Pero na segunda, o gol de Mauri desestabilizou aos vistantes que se desmoronaron nos últimos minutos e acabaron goleados, e mesmo os locais fallaron un penalti no min.90.

Corcubión - Cabana (2-3)
- CORCUBIÓN: Cristian (Abelleira, min.46), Antón Lestón, Senra, Julito, Jonnie, Sebas, Javi, Lema, Lourido, Cristian, Mario (Abraham, min.70).
- CABANA: Sergio Aranzubia, Pepe, Iván de Treos, Sande, Marcos, Fariña (Eloy), Dani Mato (Mario), Fernando, Rubén Rama (Posiño), Sandro e Iván Mato (Jose)
- Goles: 1-0, min.30: Lema; 2-0, min.40: Lourido; 2-1, min.55: Fernando; 2-2, min.65: Sandro; 2-3, min.80: Sandro.
- Expulsións: os corcubioneses Jonnie e Cristian.
Vitoria tremenda do Cabana que depende agora de si mesmo tras moitas semanas metido nesa posición de arrastre. E iso que o Corcubión comezou mandando e marchaba ao descanso con 2-0, gracias aos goles de dous grandes talentos técnicos e prodixios físicos como son Lema e David Lourido.
Pero cambiou o conto na segunda metade. O Cabana foise arriba e empatou. Aí chegaron varias xogadas claves, como un gol anulado ao Corcubión, que provocaba as protestas locais, supoñendo ademais dúas expulsións para os de Manolín, que puido vivir o seu último partido no Cubaleiro.
Chegou o gol final que pode valer unha permanencia para os de Periscal.
Cee - Volantes (1-2)

- CEE: Parroto, Fiuza, Jorgito, Berto (Tebo, min.55), Dani, Carlos Leis, Yayá (Fermín min 46), Rivi (Diego Cespón min 62), Serginho e Isma.
- VOLANTES: Rubén Santos, Josiño, Juan do Sivil, Maikel, Mingos, Javi de Baño (Nacho, min.75), Varito, Adrián (Yeray, min.71), Pardelo (Brais, min.56), Ivi (Iago, min.85), Chenel (Martín, min.80).
- Goles: 0-1, min.1: Ivi; 0-2, min.30: Chenel; 1-2, min.70: Isma Leis.
Notouse a necesidade no san Paio de Refoxos, cun Cee que non estivo centrado. O Volantes certificou coa vitoria a súa permanencia tras un choque sen demasiada calidade e no que os erros foron claves.
Como o que deu paso ao primeiro gol no minuto 1, por medio Ivi. O gol deulle ás aos visitantes que souberon como xogar aos de Floreal. Nico tivo a primeira clara para o Cee pero o seu disparo sae por encima do larguero. Pouco despois Isma sacaba unha falta á que Dani non chega por pouco e o balón sae rozando o pau. Cando mellor está o Cee chegou o segundo gol visitante. Chenel é quen se aproveita dunha mala saída de balón para superar a Parroto.
A punto estivo o Cee de recortar distancias antes do descanso pero o tiro de Rivi, a pase de Yayá, envíao a córner Rubén. Unha máis tivo o Volantes no primeiro tempo, preséntase ante Parroto pero no canto de tirar decide pasar e moi áxil o porteiro ceense corta o pase.
Na segunda metade a entrada de Fermín deulle outro aire ao medio campo ceense pero as ocasións foron contadas para ambos equipos. As máis destacables para o Cee, un pase diagonal de Fermín a Rivi que controla e orienta a portería pero este vólvese atopar con Rubén e un remate de Dani Freire que sae rozando o pau á saída dun córner. O gol local chego a balón parada, boa falta que saca Isma e Rubén non chega por pouco.

San Lorenzo - Castriz (4-4)
- SAN LORENZO: Abraham, David (Quillo, min.46), Adrián, Anxo, Casillero, Cachizo, Robin (Carlos, min.46), Fuentefría, Bolón (Chucho, min.55), Eloy, Palermo.
- CASTRIZ: Toño, Martín, Prego, Agra, Javi, Fili, Luís, David Pose, Esteban, Sebas, Rubén. Tamén xogaron: Iván, Mata e Pepe.
- Goles: 0-1, min.10: Luís; 0-2, min.20: Sebas; 0-3, min.30: Luís; 1-3, min.47: Carlos; 2-3, min.53: Cachizo; 2-4, min.65: Pepe: 3-4, min.80: Carlos; 4-4, min.90: Cachizo.
Primeira parte estiveron desaparecidos os locais, fóra de sitio, cun Castriz moi forte que fixo patente superioridade cos tantos de Luís (2) e Sebas. Pero se a primeira parte foi de cor vistante, a segunda foi de cor local. Cos cambios de Gueli no descanso, o equipo de Verdillo amosou outra cara, e por orgullo deron a volta ante un Castriz algo relaxado, e contando coa fortuna marcando no desconto.
Dumbría B - Outes (1-0)
- DUMBRÍA B: Rodrigo, Roberto, Dudo (Rafa, min.60), Jesús, Charli, Adrián Alcaina, Josiño, Rivas, Martín, Kevin, Maikel.
- OUTES: Gato, Saúl (Sergi, min.75), Arturo, Chúa, Borja, Poke (Fabio, min.70), Martín, Pesco (Michi, min.46), Mighi, Quin (Veleiro, min.55), Elías.
- Gol: 1-0, min.65: Rivas.
Complícase a vida o Outes, que xa leva un mes con 10 baixas, caendo no campo dun pechacancelas que fixo un gran partido de entrega e loita a pesar de que xa está descendido dende hai moitas xornadas. Ademais, os dumbrieses tiveron que meter a Rodrigo nunha área que non é a súa. Habituado a xogar de dianteiro, tivo que poñerse baixo paos e fixo un partido tremendo mantendo a porta a cero.
Comezaba o Outes chegando arriba, pero cos primeiros erros comezaron as présas e as indecisións no cadro de Manu Roque. Foi Rivas no min.65 o que anotaba o gol da vitoria local.
Quédalle unha final ao Outes no Conchido, cunha afección que seguro responde para doblegar ao San Lorenzo e a afianzar a permanencia.
Baio - Sofán (0-0)

- BAIO: Anxo, José Antonio, Mario, Moncho (Iago, min.46), Eloy, Norberto, Martín, Rubio (Pablo, min.71), Chucho, Cristian (Fachal, min.61), Alberto (Manuel, min.76).
- SOFÁN: Bugy, Cantudo, Lista, Juanjo, Marcos, David Pensado (Iván Rojo, min.62), Míchel, Eloy Boedo, Iván, Suso Docampo (Jacobo, min.71), Santi (Abel, min.66).
- Expulsión: o local Anxo (min.75).

Non puido o Baio superar a un Sofán ben ordenado a pesar de levar o peso do partido. Non foi un partido de ocasións e se demasiada fe nun tropezo da Esteirana, o Baio conformouse coa promoción nun día de festas nas bancadas do Platas Reinoso. De feito, foi a afección branquiazul a protagonista, que disfrutou dun día do club con churrascada e todo, demostrando a unidade que hai no fútbol baiés. Pequenos, medianos e maiores tifaron co equipo e apoiarán para acadar o soño do ascenso.

Mazaricos - Zas (1-1)

- MAZARICOS: Dani, Chico, Matías, Ramón, Casáis, Ricardo, Sandelo (José Ángel m.62), Brais (Ramón, min.70), Estéfano, Esteban, Molinos.
- ZAS: Miki, Martín, Amado, Óliver, Pereiro, Pío (Damián, min.60), Peke, Rubio, Jaime (César, min.70), Braulio, Pablo.
- Goles: 0-1, min.30: Braulio; 1-1, min.85: Molinos.
Métese en verdadeiros problemas o Mazaricos que xa non depende de si mesmo para non descender. A vitoria do Cabana, que ten o golaverage individual a favor, deixa aos amarelos ao borde do desceso polo arrastre do Fisterra.
O cadro local, atenazado polos nervios, non chegaba con claridade. O Zas meteuse por diante e tras intentalo durante toda a segunda metade, Molinos facía un empate que vale de pouco.
Muros - Corme (Susp.*)
- MUROS: Fabio, Pulpo, Javi de Vístete, David, Pedro de Paky, Dani Corniños, Juanito Murciano, Gelo, Sexo, Kikinho, Saúl.
- CORME: Javi, Dani, Jesús, Pandi, Alejandro, Brais, Joshua, Adrián Doldán, Miguel Torrado, Lucas, Juan Chans.
- Gol: 0-1, min.20: Joshua.
Partido suspendido no descanso polo colexiado, unha vez que cando marchaba para os vestiarios era insultado dende a bancada. O árbitro non quixo saír de novo ao céspede do Eleuterio Balayo e pediu a chegad da Garda Civil, que nese momento non puido chegar por estar nun incendio. Chegou finalmente pero o colexiado xa se cambiara.
Máis información
Novas relacionadas
- Os Clubes da Costa piden a unificación das Ligas Xuvenís nunha reunión con pouco aforo.
- 50 anos da Copa da Costa cos Oliver e Benji do Ghañan Style.
Crónicas da semana
- 1ª Autonómica: Triste e cruel adeus á categoría da SD Fisterra.
- Preferente: Máis pendentes do Dubra que dos nosos.
- Resultados e crónica dunha trascendental xornada con ascensos e descensos consumados.
Artigos relacionados
- Alberto Pose: Do auténtico fútbol da Costa. Con Manolín.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Colabora David Castro, Sergio Aranzubía, Unión Club Cee.