2ª Autonómica: Frenazo pontecesán no Carral

13:11 21/02/11
Frenazo pontecesán no Carral que deixa a Liga da Costa un pouco máis apretada. Puido ter empatado a puntos o Camariñas, que non vai dar a Liga por perdida ata o último segundo malia que o equipo de Manolín mire máis cara abaixo que cara arriba. E son 12 puntos os que separan ao Ponteceso do 3º clasificado, o propio Sofán, unha fenda difícil de superar pero que deixa aínda a loita aberta.
A xornada por abaixo trouxo novidades. O Carnota vencía ao Club do Mar e volvía dar esperanzas aos seus. Os de Nito quedan 4 puntos por debaixo do Porteño (nunha situación delicada polo máis que seguro posto de arrastre do Zas, malia que a salvación do terceiro clasificado pola parte baixa podería darse co ascenso do segundo clasificado da Liga da Costa), 11 puntos de O Pindo Esteirana e Corme, e 12 de San Lorenzo e Baio, que aínda non se poden despistar.
Partidazo no Carral que permite que o líder non escape definitivamente no alto da táboa. Comezaba o partido ben tenso, cunha loita tremenda no medio campo, e cun xogo bastante duro. O Ponteceso fíxose co mando do medio campo, cun Pablo Vázquez seguro e cun Toniño que mantén un nivel nesta segunda volta impresionante. Se Álex sacaba as castañas do lume ante as accións de Alfrediño, o equipo local se adiantaba tras un inocente penalti de Luisito.
Replegouse o equipo de Baña, buscando a contra. O Ponteceso forzaban faltas laterais moi perigosas pero os centrais sofanistas estiveron serios. Charro acadaba o empate pero Adrián volvía poñer ao cadro local por diante ras un bo pase de Pizo en profundidade.
Comezaba a segunda metade e cando o empate estaba máis cerca, o Sofán tivo a sorte de cara. Bertín marcaba o terceiro e a expulsion de Pablo Vazquez decantou definitivamente o partido. Seguros atrás, os de Baña saían á contra pero non deixaban a Alex só en ningún momento. O Ponteceso tentouno con orgullo pero aínda cando as forzas se igualaron coa expulsion de Diego non foi quen de recurtar a distancia.
Sofán - Ponteceso (3-1)

- Sofán: Alex, Roberto Souto (Jacobo, min.46), Diego, Juanjo Arijón, Alberto Pensado, Mario Casal, Pizo, Adrian, David Pensado (Manolo Varela, min.80), Bertin (Gende, min.88) e Luisito.
- Ponteceso: Norberto, David Velo, Dani Pallas, David Abelenda, Fabián, Pablo Vazquez, Bolon (Tucho, min.55), Toniño (Adrian Porteiro, min.69), Nando (Puente 55), Alfrediño (Pitu, min.55) e Charro.
- Goles: 1-0, min.22: Bertín de penalti; 1-1, min.35: Charro a pase de Toniño; 2-1, min.40: Adrián tras pase de Pizo; 3-1, min.52: Bertín de fermosa vaselina.
- Expulsión: Pablo Vázquez no min.55 e Diego por bando local no min.80.


Muros - Camariñas (1-1)
- Muros: Lupi, Gael, Iván, Teo (Dani, min.20), Mayu, David, Oscar (Miguel, min.60), Martín (Seluco, min.50), Toni (Gelo, min.80), Bibi, Sexo.
- Camariñas: Pombo, Pesqui, Breo, Maikel, Ogando (Gabriel, min.75), Moriño, De la Sierra (Nico, min.75), Juan oBello, Brais, David (Adrián, min.70), Mané (Antelo, min.70).
- Gol: 1-0, min.1: Toni; 1-1, min.88: Juan oBello de libre directo dende o borde da área.
- Expulsión: Iván por doble cartón e a Sexo contra o final.
Corme - Castriz (2-2)
- Corme: Suso, Joshua (Darío, min.75), Pandi, Lelo, Adolfo, Abel, Alejandro. Lentejo, Alejo (Pipo, min.65), Lucas, e Iago (Chino, min.87).
- Castriz: Diego, Martín (Martín Río, min.72), Sergio Pose (Bruno, min.44), Alejandro, Toniño, Alberto, Noli, Oscarín, Sebas (Rubén, min.80), Chinda (Ovidio, min.46), Cilindro.
- Goles: 1-0, min.10: Lucas; 2-0, min.30: Alejo de penalti; 2-1, min.52: Ovidio; 2-2, min.66: Ovidio.
Dumbría B - San Lorenzo (2-1)
- Dumbría B: David, José Carreira, Sergio Cives, David Carreira, José Manuel, Fernando, Pablo Lestón (Ivanete, min.75), Tatán, Ramiro (Pablo Casais, min.46), Miguel Poyo, Pablo Muíño.
- San Lorenzo: Recarey, Iván Rey, Adrián, Casillero (Canteiro min. 45), Puñal, Fabián, Javi (Jorge min. 70), Anxo (Eloy min. 78), Marcos Cancela, Fuentefría, Carliños.
- Goles: 1-0, min.65: Fernando dende fóra da área; 1-1, min.89: Marcos Cancela de cabeza; 2-1, min.91: Pablo Muíño tras un barullo na área.
Vimianzo - Malpica (0-3)
- Vimianzo: Sergio; Susiño, Amarelle, Maikol, Iván de Treos, Martín (Maracas, min.70), Dieguito (Vilaseco, min.46), Pablo Pereira, Arán, Lagoa e Pose (Iván de Baiñas, min.46).
- Malpica: Suso; Charly, Marcos Amado, Víctor, Marco, Eloy (Gonzalo, min.60), Neucha, Casais (Diego, min.70), David Blanco, Ismael e Miguel Dourado (Eme, min.70).
- Goles: 0-1, min.20: David Blanco a centro de Charly; 0-2, min.25: Neucha de chutazo; 0-3, min.53: David Blanco, remata un medido centro de M. Dourado.
Porteño - Fisterra (2-4)

- Fisterra: Joselu, Juan (Ronerto, min.70), Piti, Luis, Roco, Guardiola, Nico, Roco, Roa (Tati, min.80), Dudo (Bruno, min.85), Manoliño (C. Hidalgo, min.85).
- Porteño: Asier, Oscar, Pejo, Iago (Cousillas, min.80), Manu, Quilmes (Varela, min.60), Astu (Iago, min.60), Piti, Brais, Ismael, Martín.
- Gol: 0-1, min.2: Manoliño aproveita un rexeite do porteiro a unha falta de Nico; 0-2, min.15: Manoliño; 0-3, min.50: Nico tras un pase de Manoliño; 1-3, min.65: Piti de penalti; 2-3, min.80: Varela tras un saque de banda; 2-4, min.80: Manoliño tras un tiro de Dudo.

O Pindo - Baio (2-2)
- O Pindo: Diego Garrido, César, Juan de Dios, Piquero, Miguel de Lira (Ángel, min.90), Julián (Edu, min.60), Diego León (Mateo, min.72), Rivas, Fran de Cee (Víctor, min.72), Hugo (Poky, min.60), Aitor.
- Baio: Poyo, Matías, Diego, Ramón, Pablo, Martín, Fachal, Jorge, Alberto, Bieito (Andrés, min.75), MC.
- Goles: 1-0, min.5: Juan de Dios de falta; 2-0, min.10: Aitor; 1-2, min.40: Alberto tras unha saída de córner co axuda do meta local; 2-2, min.50: Miguel de Lira en propia meta tras un centro de MC.
Buño - Esteirana (1-0)
- Buño: Brais, Óscar, Lolo, Jose, Ángel, Diego, Dourado, Fernando (Emilio, min.46) , Juan (Jorge, min.60), Berti (Pardiñas, min.75), Víctor.
- Esteirana: Venancio, José Varela, Fran Maceiras (Chispi, min.60), Dani Rama, Mingos, Simón (Andel, min.5), Adrián (Picholeiro, min.60), Pepe, Álex, Roberto Pladur, Adelino (Iago, min.20)
- Gol: 1-0, min.70: Víctor.
Club do Mar - Carnota (1-2)

- Club do Mar: Borja, Chori, Luis, Alberto, Isaac (Juan Lareo, min.70), Corral (Diego, min.75), Mariano, Repi, Fran Borrazás, Jacobo, Brais.
- Carnota: Peipo, Nico Capi, Pedro, Adrián, Brea, Gabri (Demetrio, min.70), Miguel Beiro, Andrés Pato, Casti, Nico Alvarado, Óliver (Manolo Chouza, min.75)
- Goles: 1-0, min.20: Brais; 1-1, min.35: Andrés Pato; 1-2, min.65: Nico Alvarado.
Máis información
Novas relacionadas
- 1ª Autonómica: 10 xornadas para o final e 3 equipos con opcións de ascenso.
- Prerefente: Alonxando a zona de perigo e dando minutos ás nova promesas.
- Resultados do fútbol da Costa.
- Crónica de Manuel Varela: Exercicio de democracia.
- Crónica de Alberto Pose: Momento para a asociación de clubs da Costa.
- Os segredos máis íntimos dos xogadores do Camariñas.
- As outras pelotas dos xogadores do Camariñas.
- O San Lorenzo quita a roupa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Colabora o Blog da SCD Malpica de Luis E. Porto.
- Fotos do Sofán (Ponteceso da SD Sofán.