2ª Autonómica: Os grandes achéganse ás novas sorpresas
Disputadísima esta 4ª xornada da 2ª Autonómica. A igualdade na zona alta parece enorme, e mentres Outes e Porteño seguen sorprendendo a propios e estranos, os teóricos grandes van collendo posicións. Non así o Sofán, que parece un xigante aínda durmido, e que tras facer un gran partido na Serra, sucumbía ante un equipo tocado pola varita máxica neste comezo de tempada. O Porteño tamén vencía pola mínima ante un Cabana que aínda non sumou pola falta de determinación arriba.
Preto xa se sitúan os chamados a estar arriba. Castriz, Cee, Fisterra e Zas xa ocupan esa zona noble, quedando o Corme máis abaixo tralo partido máis igualado da xornada en San Pedro.
Por abaixo, ademais do Cabana o IDC, aínda feble en defensa, e o Corcubión, parece que van pasar apuros.
E haberá que estar atento ás xogadas a balón parado, que parece que serán clave unha temporada máis.
Camelle - Corcubión (6-2)
- CAMELLE: Carlos, Carlos de Dido, Valiña (Álvaro, min.80), Iván do Muelle (Álvaro, min.65), Matías, Ángel Riveiro (René, min.70), Sergiño (Tajes, min.60), Mario, Miguel Riveiro (Martín, min.75), Fran, Barreiro.
- CORCUBIÓN: Abelleira, Trillo, Balucho, Gabri, Iago Lema, Alberto, Lucas (David Blanco, min.46), Villar (Diego, min.46), Edu, David (Mini Mario, min.75), Mario.
- Goles: 1-0, min.15: Sergiño; 2-0, min.35: Sergiño; 3-0, min.44: Matías; 3-1, min.47: Mario; 4-1, min.50: Iván do Muelle; 4-2, min.55: Mario; 5-2, min.65: Barreiro; 6-2, min.75: Barreiro.
- Expulsión: o camellán Adrián xa no min.80.
Moito vai necesitar este Corcubión para arrincar, se ben onte contaban con ata 8 baixas entre lesionados e expulsados. O pasado sábado o Camelle foi superior, e ademais do estado do campo, que non favoreceu aos de Nito, os locais pronto tomaron o mando do partido. Sergiño adiantaba aos seus ao cuarto de hora, e ampliaba a renda á media hora. Chegaba a que puido ser a xogada do partido, pero un paradón Purrúa evitaba que Mario recurtase para os de Nito dende os 11 metros.
O Camelle seguuse aproveitando dunha defensa demasiada adiantada do Corcubión, e a base de balóns longos ás costas da defensa facía moito dano. A segunda arrincaba co propio Mario recurtando pero pronto Iván do Muelle sentenciaba o partido. Barreiro fixo dous contra o infal para completar o set.
Carnota - Buño (2-1)
- CARNOTA: Luís De la Peña, Boni, Ferreiro, Pedro Pichín, Tono da Caixa, Manuel Luís (Elías, min.50), Pablo Beiro (Pablo Pichín, min.55), Nakata, Pumuki, Joselu (Urko, min.60), Adrián (Manolo Chouza, min.75).
- BUÑO: Brais, Casais, Rubén, Diego, Alfredo, Fran, Dani, Miguel Dourado (Ángel, min.75), Charro, Elías, Gurita.
- Goles: 0-1, min.15: Miguel Dourado ante a pasividade de Luís De la Peña; 1-1, min.38: Pablo Beiro de cabeza a unha falta de Ferreiro; 2-1, min.75: Nakata de penalti.
- Expulsión: o adestrador visitante Esmorís.
Partido disputadísimo en Lombáns, entre dous equipos moi igualados, e no que probablemente un empate tería sido o máis xusto polas ocasións de ambos bandos. O choque comezaba con 10 minutos equilibrados, pero pronto colleu o balón o Carnota que fixo unha media hora moi boa. Se embargo foi o Buño quen se adiantou tras un erro do veterano meta coruñés Luís de la Peña, que se confiou demasiado e Miguel Dourado lle roubo a carteira.
Os carnotáns protestaron unha man dentro da área nunha contra pero tampouco conseguiron facer demasiado dano. Sorprendíu o bo de Pablo Beiro acadando o empate nunha xogada pouco habitual nun maestro do esférico coma el, de cabea tras unha falta de Ferreiro.
A segunda volvía comezar moi equilibrada, ata que chegou a xogada do partido. O porteiro visitante Brais sae un metro fóra da área e derriba a Joselu, e malia que o colexiado parece que pitou fóra da área, o balón acaba nos 11 metros antes as protestas dos xogadores do Buño. Mala decisión arbitral que meteu a falta dentro da área e que ademais non expulsou ao porteiro. Nakata non fallou poñendo por diante aos de Cambeiro.
A partir de aí foi un querer e non poder por ambas partes. Os de Esmorís intentábano pero a defensa carnotá estaba moi firme. Ademais o Carnota buscaba algunha contra sen demasiada convición asegurando o resultado.
Outes - Sofán (2-1)
- OUTES: Gato, Arturo (Michi, min.60), Chúa, Maduro, Borja, Chía, Martín, Fabio (Saúl, min.55), Piki (Babu, min.85), Elías, Migui (Rafa, min.70).
- SOFÁN: Dani, Cantudo (Alberto, min.70), Diego (Marcos Pensado, min.70), Pablo Martinez, Eloy Boedo, Jorge Calvete, Martin, Ivan Rey (Suso Docampo, min.60), Ivan Rojo (Santi, min.67), Raul e Brais.
- Goles: 0-1, min.25: Chúa en propia meta intentando despexar un centro; 1-1, min.44: Elías marcou un fermoso gol tras levar a dous defensas tras un centro de Arturo; 2-1, min.60: Piki tras revirarse.
Partidazo no Cunchido entre dous equipazos. Foi un partido moi reñido entre un xigante que aínda está durmido, e un equipo máis novo tremendamente en racha. Os de Mallón comezaron apretando. Brais e Rojo estaban moi activos por banda, e Raúl, impresionante arriba pola súa mobilidade, forza e determinación, tivo duas boas ocasións. Un Raúl que estivo moi ben controlado por un veterano como Chúa, e por un rapaz como Maduro, que como ben di o nome está por riba da súa idade.
Avisaba o Outes pero Elías marraba diante de Dani e a Piki se lle escapaba un control cando quedaba só. Chúa intentaba despexar un centro de Rojo pero o balón cólase en propia meta. Tiña o partido na man o Sofán, pero non sentenciou e foi clave o gol do empate ao fío do descanso por medio de Elías.
Saíu moi forte o Outes no segundo tempo, ainda que a primeira ocasión foi para Rojo, pero o seu remate sacouno un defensa baixo paos. Antes do segundo gol, fixo Dani un paradón a disparo de Pedrosa. Co tanto o Outes botouse algo atrás, tamén obrigado por unha intensa SD que buscaba o empate, ante unha seria defensa local, que evitaba grandes ocasións.
Volantes - Fisterra (0-6)
- VOLANTES: Rubén (Iago, min.75), Yeray (Cucurro, min.80), Isma (Cajulo, min.46), Mingos (Gabriel, min.60), Juan, Miguel, Martín, Iago, Vidal, Ivi (Pardelo, min.70), Piru.
- FISTERRA: Joselu, Munitis (Dani, min.60), Roco, Manuel Cartamil, Robertín, Santi (Sergio Manín, min.70), Tati (Bebeto, min.70), Toni (Hidalgo, min.65), Aitor, Bruno, Mané (Roa, min.80).
- Goles: 0-1, min.25: Toni; 0-2, min.30: Mané; 0-3, min.53: Mané; 0-4, min.56: Mané; 0-5, min.70: Aitor; 0-6, min.80: Bruno.
Vitoria cómoda do Fisterra, que vai collendo ritmo se ben na derrota ante o Outes fixo un gran partido. Os de Javi Maceiras aguantaron ata o primeiro gol pero tralo segundo á media hora de Mané, que asinou un hat trick tras unha fin de semana de relax nun balneario, xa se descompuxeron.
Na segunda fisicamente veuse abaixo o equipo muradán, que segue tendo moitas baixas importantes, como Fran do Español Varo, Edu, que posiblemente volverán para a semana, e Adrián, para un par de semanas, mentres que Javi e Nacho perderanse boa parte da temporada con longas lesións.
Porteño - Cabana (2-1)
- PORTEÑO: Ali, Bonano, Gabi, Pejo, Maikol, Juan Antonio, Doyle, Iago, Cousillas, Óscar, Piti (Elvis, min.85), Isma (Marcos, min.60).
- CABANA: Añón, Ismael (Diego, min.60), Iván de Treos, David Sande (Iván Mato, min.46), Pepe, Sandro (Dani Mato, min.46), Josiño, Eloy Pereira, Adán (Rubén Rama, min.40), Fernando, Berti.
- Goles: 1-0, min.25: Óscar; 2-0, min.44: Óscar; 2-1, min.88: Josiño.
Segue o Cabana sen puntuar, i é que aos de Periscal fáltalle definición arriba. E iso que comezaba algo mellor prantado sobre o campo da Grixa, creando perigo como un balón á madeira de Fernando. Pero dous erros atrás, tras malas cesións ao porteiro permitían que Óscar, con moita picardía, marcase dous tantos antes do descanso.
Na segunda mereceu algo máis, o Cabana, creando boas ocasións pero sen definir. Josiño marraba un man a man e Rubén Rama fallaba un penalti no min.80 que podía ter metido ao equipo no partido. O propo Josiño marcaba xa sen tempo para remontar.
Mazaricos - Muros (1-1)
- MAZARICOS: David, Casais (David, min.46), Martín, Tuco, Ricardo, Oreiro, Sandelo, Estéfano, Molinos (Cristian, min.70), Pereiro.
- MUROS: Fabio, Ramón (Berni, min.55), Nieto, Teo, Javi, Dani, Juanito (Gabo, min.50), Gelo (Elisardo, min.70), Yanki (Piti, min.20), Bibi, Sexo.
- Goles: 0-1, min.10: Yanki de cabeza a centro de Sexo; 1-1, min.44: Pereiro aproveita o rexeite do porteiro muradán a un gran cabezazo de Molinos tras unha xogada de Estéfano pola banda.
- Lesión: Yanki con molestias nun nocello.
Puido gañar calquera, pero ambos equipos fallaron boas ocasións para levar o partido e ao final acabou nun xusto empate. Comezaba cun Mazaricos máis metido, pero nunha internada de Sexo Yaki facía o gol visitante. O cadro de Alvite seguiuno intentando e ao fío do descanso chegaba o gol do empate.
Na segunda, seguíu o mesmo guión, cun Muros algo máis agazapado atrás, buscando a velocidade de Sexo nas contras e as xogadas a balón parado, e un Mazaricos que dominaba territorialmente pero non tiña grandes ocasións.
Zas - San Lorenzo (2-1)
- ZAS: Miki, Pereiro, Óliver, Víctor, Fabián (Amado, min.60), Canedo, Pablo, Isma, Jaime (Mario, min.80), Lagoa, David Blanco.
- SAN LORENZO: Puyol, Canteiro, David Rey, Sergio (Palermo, min.85), Germán, Anxo, Velo (David Álvarez, min.80), Schuster, Joaquín, Fuentefría (Dani, min.70), Javi (Chucho, min.65).
- Goles: 1-0, min.35: Canedo tras unha xogada en banda de Jaime; 1-1, min.55: Joaquín de penalti; 2-1, min.83: Lagoa de penalti.
Dous penaltis discutidos foron protagonistas para o devir do encontro, se ben malia equivocarse a colexiada o fixo para os dous bandos, nu partido que non tivo nin unha soa tarxeta.
Primeira metade dominada polo Zas, chegando pero sen eficacia, cun San Lorenzo que estaba moi ben prantado buscando balóns parado, Lagoa cun chut tras un bo recorte e nunha falta, e David Blanco, avisaron para os locais, que estaban facendo unha moi boa primeira metade. Adiantábanse gracias a unha xogada de Jaime pola banda que centra e remata Canedo.
Na segunda estirouse o equipo de Gueli, malia que había demasiado xogo no medio campo, cun Zas que pegou un lixeiro baixón e apenas chegou na xogada do penalti final, malia intentar sacar varias contras. O San Lorenzo, que deu a cara en todo o partido, comezou avisando e tivo que sacar baixo paos os defensas. Schuster, Joaquín, Dani tiveron ocasións para empatar pero non estiveron finos. Si que empataba Joaquín co primeiro penalti inexistente, e a vitoria local chegaría na compensación, outro penalti que non foi pero que serviu para deixar os tres puntos en San Andrés.
Indep. Carballo - Cee (3-6)
- IDC: Noé, Yonathan, Seo, Pichel (Atu, min.46), Gato, Belarmino, Carlos, Cholo, Juni, Mario, Esteban (Fraga, min.15)
- CEE: Parroto, Nico, Jorgito, Jacobo, Poky, Piquero, Angeliño, Penedo (Yayá, min.75), Josiño (Rodri. min.62), Diego Cespón (Carlos Leis, min.62), Cristian (Javi, min.76).
- Goles: 0-1, min.11: Diego Cespón de penalto cometido sobre el; 0-2. min.16: Angeliño a centro de Penedo; 1-2, min.36: Cholo de penalti; 1-3, min.42: Angeliño; 1-4, min.45: Piquero; 1-5, min.46: Angeliño; 1-6, min.60: Cristian; 2-6 min.62: Mario; 3-6, min.67: Cholo.
- Lesión: Esteban.
Partido que o Cee encarrilaba moi pronto cos tantos de Diego Cespón e Angeliño ante un cadro carballés algo frouxo en defensa. Cholo recurtaba e Mario puido empatar pero o seu tiro pegou no pau. Pero o Cee retomou o mando e seguiu aprentando e chegando con ocasións como as de Angeliño, Josiño e Cristian. Pero a sentencia chegou ao fío do descanso, con dous tantos consecutivos de Angeliño, de novo, e Piquer.
Na segunda, sobre todo tralos dous goles tempraneiros de Angeliño, para completar o seu hat trick, e de Cristian, o Cee relaxouse e o IDC tomou o mando. Media hora boa dos de Rafa para recurtar, cos tantos de Mario e Cholo, pero non puido achegarse no marcador a pesar das boas ocasións de Gato.
Castriz -Corme (1-0)
- CASTRIZ: Juan, Martín (Quintáns, min.60), Agra, Alberto, Alex, Rubén (Sergio, min.65), Chinda, Bruno, Cili, Ferrín (Pose, min.70), Marqués (Pichín, min.75).
- CORME: Susiño, Jesús (Diego, min.70), Pandi, Dani, Alejandro, Adri, Sergio (Manu, min.80), Miguel Torrado, Lucas, Juan, Alejo (Adolfo, min.65).
- Gol: 1-0, min.78: Álex de cabeza tras unha falta lateral de Bruno.
- Lesión: Quintáns cunha rotura do narís tras un choque coa cabeza de Alejandro.
Dúas propostas que intentan xogar ao fútbol e que están chamadas a estar arriba enfrontábanse en San Pedro. Pero sen ben o Castriz están en plena forma, parece que aínda non arrincou o Corme.
Así e todo foi un choque tremendamente igualado que se decantou porque o Castriz estivo máis acertado. Comezou o equipo de Corredoira mellor, xogando moi ben e chegando con perigo, como un zapatazo de Cilindro que sacou Susiño cun paradón. O Corme non podía amenazar a Juan ante a gran seriedade da defensa xalleira.
Na segunda o Castriz perdeu o ritmo, axudado ademais polos cortes de ritmo do árbitro, e o Corme intentou aproveitar os poucos espacios, xogando bastante ben. Fixo nesta segunda metade méritos para empatar o cadro de Lelo, fallando varias ocasións por medio de Adri ou Adolfo, que nun rexeite marrou cando tiña todo para igualar. Ademais, pediron un penalti cos cormeláns, por falta do porteiro que tras perder o balón.
Corredoira valoraba a importancia do balón parado nesta Liga, pois 5 dos seus 6 tantos chegaron en xogadas de estratexia.
Crónicas da semana
- 1ª Autonómica: Doble e igualado derbi.
- Preferente: 3 moi arriba e un rezagado.
- Resultados e crónica da xornada no #Futboldacosta.
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Máis información
- Altas e Baixas no #FútboldaCosta.
- Facebook Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Artigos relacionados
- QPC fará seguemento da Liga Intermunicipios de Bergantiños.
- Aberto o prazo de inscrición para a Liga de Fútbol Sala de Cee 2013/2014.
- #Regateegol: Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Dieguito.
- Entrevista de David Castro con Juan Chans: “Volvín ao Corme porque xogan os amigos de toda a vida”.
Fonte
- Redacción de QPC Deportes ([email protected]).
- Colabora Unión Club Cee e a SD Sofán.