mércores. 13.11.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Primeiro cambio no banco

2ª Autonómica: Primeiro cambio no banco
Nito deixa o seu posto a Senra no Corcubion

Xa van 6 xornadas desta 2ª Autonómica e non parece que o Outes siga aí por casualidade. O equipo de Manu Roque foi quen de remontarlle o partido ao Buño para sumar a súa 6ª vitoria consecutiva. O que mantén tamén un ritmo de vertixe é o Cee, que parece que este ano vai loitar por todo. Os de Floreal venceron in extremis tras case que regalar o partido a un aguerrido San Lorenzo. Castriz e Sofán xa están aí. Con 13 puntos xa superan ao Porteño, que non puido con unha SD que xa está a altura do que se espera dela. Ademais, o Fisterra e o Zas vaise colocando e falta ver o estirón dun Corme que seguro que acaba aparecendo por arriba.

Por abaixo, a xornada deixa a primeira substitución nos banquiños. A directiva do Corcubión decidiu destituír a Nito e situar a Senra no seu lugar. Os corcubioneses seguen empatados co Cabana na última praza, só con 1 punto, a falta do partido do Castriz, no que aínda quedan por disputar 10 minutos co 1-0 para o Corcubión.

Camelle - Fisterra (1-1)

  • CAMELLE: Ángel, Javi Rañal, Miguel Riveiro, Baliña, Matías, Iván, Mario, Ángel Riveiro, Sergio, Adrián Tajes e Barreiro.
  • FISTERRA: Joselu, Robertín (Sergio, min.20), Munitis, Manuel Cartamil, Julito, Tati (Guardiola, min.46), Aitor, Toni, Bruno, Isma Leis (Roa, min.55) e Bebeto.
  • Goles: 1-0, min.20: Barreiro; 1-1, min.60: Aitor.

Partido bronco, sen dominador claro, nun campo sempre complicado para xogar. Comezaba o choque cun tiro ao pau do Fisterra, pero era o Camelle o que marcaba primeiro, como non por medio de Barreiro.

O míster camellán, Anxo, situaba aos veteranos na zaza, e Javi Rañal e Miguel Riveiro, habituais nas zonas de arriba, se metían na defensa para auanatar mellor o partido. Chegaban ocasións, cotadas, para ambos equipos, e só ao cuarto de hora da segunda Aitor facía o empate.

Cómpre destacar o debut de Isma Leis co Fisterra.

Mazaricos - Corcubión (7-0)

Mazaricos-Corcubion-Foto-Sara Ramos
  • MAZARICOS: Pejo, Chico, Matías, Ramón (Coxo, min.60), Estéfano (Casais, min.75), David, Ricardo, Oreiro, Sandelo (Ferreiro, min.60), Esteban (Cristian, min.60) e Molinos.
  • CORCUBIÓN: Abelleira, Alán, Senra, Sergio (Pedro, min.46), Balucho, Gabi (Mario Atán, min.85), Alberto (Checho, min.75), Edu, David (Coiradas, min.70), Lema e Mario (Diego, min.83).
  • Goles: 1-0, min.15: David; 2-0, min.20: Ricardo; 3-0, min.30: Ricardo; 4-0, min.40: David; 5-0, min.55: Esteban; 6-0, min.80: Coxo; 7-0, min.85: David.
  • Lesión: o central amarelo Matías cun xeonllo tocado.

Aguantou, pero apenas 10 minutos, o Corcubión, que fallaron un par de ocasións ao principio, pero a partir do segundo desapareceu do campo. Un Corcubión que preocupa tanto que a directiva, que prantexaba un proxecto a 4 anos, decidiu mover ficha, e substituir a Nito para deixar o equipo nas mans do fisterrán Moncho Senra. Un Senra que coñece de sobra ao equipo. De feito, o seu fillo José María, é o central, e se este ano era o adestrador escollido para dirixir un equipo de xuvenís que nunca se creou por falta de efectivos, xa foi adestrador do primeiro equipo hai varias tempadas.

Porteño - Sofán (1-4)

Porteno-Sofan-Foto-SD Sofan
  • PORTEÑO: Bonabo, Gabi, Pejo, Iago, Juan Antonio (Brais, min.60), Doyle, Cousillas, Marcos (Elvis, min.67), Felipe, Varela e Isma.
  • SOFÁN: Buguy, Cantudo, Marcos, Pablo, Boedo, Jorge, Martín (Javi Souto, min.46), Iván Rojo (Brais, min.55), Iván Rey (Santi, min.65), Suso Docampo (Berti, min.65) e Raúl.
  • Goles: 1-0, min.15: Doyle aproveita o rexeite do porteiro a unha falta; 1-1, min.25: Iván Rojo aproveita un rexeite a un remate de Suso; 1-2, min.35: Pablo Martínez tras un rexeite de Bonano a tiro de Martín; 1-3, min.60: Pablo Martínez; 1-4, min.85: Boedo de volea.

Non foi tan fácil como sinala o marcador a vitoria do Sofán na Grixa. Bo ambiente no campo pero non demasiado xogo. Comezaba marcando o equipo local, que logo se dispuña cunha boa e seria liña defensiva. A SD foise asentando e foi creando perigo, sobre to en xogadas a balón parado. Iván Rojo e Pablo Martínez aproveitaban sendos despexes do porteiro mal pechados pola defensa local para darlle a volta ao marcador antes do descanso.

Na segunda chegaría pronto o tanto da sentenza. O Porteño intentaba pero non era quen de crear perigo ante un tremendamente consistente Sofán, que levou 3 puntos que xa o aúpan á 5ª praza.

Porteno-Sofan-Foto-SD Sofan

Castriz - Cabana (4-1)

  • CASTRIZ: Juan, Martín (Sergio, min.60), Álex, Alberto, Agra, Pose, Chinda, Bruno, Cili (Fabio, min.75), Anxo (Javito, min.80) e Sergio Ferrín (Pichín, min.75).
  • CABANA: Añón (Chechu, min.46), Ismael, David, Iván de Treos, Charlie, Sandro (Rubén Rama, min.46), Adán (Eloi Pereira, min.46), Josiño (Diego, min.75), Fernando, Iván e Berti.
  • Goles: 1-0, min.22: Alberto en colaboración cun defensa tras un córner tras tropezar o porteiro cun defensa; 2-0, min.35: Álex de cabeza nun córner; 2-1, min.50: Josiño; 1-3, min.62: Anxo nunha contra; 1-4, min.74: Pichín.

Máis complicada do que parece co resultado foi a vitoria do Castriz de Corredoira ante un Cabana que segue en melloría. Na primeira metade foi moi superior o cadro xalleiro, que puido acabar cunha renda algo máis. Caeron dous goles e a balón parado, unha das armas das de Corredoira. O cadro local pedíu un penalti sobre Anxo que o colexiado acabou con tarxeta para o punta local.

Empezaba a segunda co gol do Cabana, e tivo 20 minutos moi boa o cadro de Periscal, pegando un cambio radical. Os cabaneses tiveron varias ocasións a balón parado, pero o empate non chegou e e cando máis apretaba o Cabana, sentenciou nunha contra o Castriz.

Indep. Carballo - Muros (1-3)

  • IDC: Noé, Atu, Seo, Belar, Yoni, Carlos (Fraga, min.46), Pichel (David, min.75), Cholo, Juni )Adrián, min.75), Manuel e Mario.
  • MUROS: Fabio, Berni, Nieto, Teo, Veloso (Samuel, min.75), Dani, Adrián (Ramón, min.65), Gelo, Yanki, Bibi e Juanchi (Piki, min.50).
  • Goles: 0-1, min.20: Yanki; 1-1, min.44: Mario; 1-2, min.75: Yanki; 1-3, min.93: Bibi nunha contra.

Partido moi igualado que levou un Muros máis acertado cara gol. A primeira metade estivo moi igualada, sen un dominador claro. O IDC moi directo, e o Muros, con ata 6 xuvenís no equipo, buscando as xogadas a balón parado.
Meteuse por diante o equipo de Manolo Camelle, pero ao fío de descanso Mario metía un gol para os de Rafa que puña as táboas no marcador.

A segunda metade comezaba de nvo igualada, con idas e vidas. Pero co 1-2, o IDC foise polo partido e meteu presión e a piques estiveron de empatar sobre todo nos últimos minutos. Pero o gol non chegou e Bibi, nunha contra, sentenciaba xa no desconto.

Cee - San Lorenzo (4-2)

  • CEE: Parroto, Nico, Jorgito, Jacobo, Berto, Piquero, Angeliño, Diego Cespón (Carlos Leis, min.72), Josiño (Rodri, min.77), Penedo (Yayá, min.83) e Cristian (Llanero, min.55).
  • SAN LORENZO: Gabi, David, David Rey, Sergio (Dani, min.80), Casillero, Anxo, Nelo (Cachizo, min.45), Schuster, Joaquín, Fuentefria e Javi (Chucho, min.75).
  • Goles: 1-0, min.15: Nico; 2-0, min.22: Josiño a pase de Penedo; 2-1, min.80: Joaquín a centro de Fuentefría; 2-2, min.86: Jorgito en propia meta; 3-2, min.88: Carlos Leis; 4-2, min.92: Llanero.

Partido de tolos no San Paio de Refoxos, que encarrilou o Cee, e que nos intres finais case regala pero que acabou solventando cunha apurada vitoria. Foi o Cee quen dominou o primeiro tempo. Penedo avisou e pronto Nico facía o primeiro cun centro chut. Josiño facía o segundo tras un roubo de Cristian e un bo pase de Penedo.

Na segunda o San Lorenzo saíu a remontar, con moita máis pelexa, balóns arriba e a facer dano por alto. Pero o Cee seguía creando perigo como nun remate de Piquero a centro de Diego Cespón que pegou nun defensa.

O San Lorenzo estirábase e Joaquín quedaba só diante de Parroto pero este salva o man a man. Na seguinte xogada Penedo non despexa ben, o balón quédalle a Fuentefría que cede a Joaquín e este recurta. Quedaban só 10 minutos, pero os de Gueli tiñan fe. E chegou o empate, tras un centro de Joaquín que Jorgito ten a mala sorte de despexar cara a súa portería.

E cado parecía que a cousa quedaría en empate, só 2 minutos despois, Piquero manda un balón ás costas da defensa, e Carlos Leis, facendo de extremo controla e chuta suave pero o suficientemente esquinado para batir a Gabi. O San Lorenzo volcábase de novo, pero xa sen tempo. Só houbo tempo para un gol máis de Llanero que roubou na saída do balón, regateou a Gabi e marcou o cuarto.

Outes - Buño (4-3)

  • OUTES: Gato, Arturo, Borja, Rubén, Chúa, Chía (Arturo, min.46), Martín, Fabio (David, min.46), Piki, Elías (Edu, min.60) e Kin.
  • BUÑO: Toni, Casais, Rubén, Alfredo, Iago, Diego, Secundino, Miguel (Martín, min.75), Gurita, Elías e Fran.
  • Goles: 0-1, min.1: Diego de córner; 0-2, min.20: Gurita; 1-2, min.35: Arturo; 2-2, min.55: Arturo; 3-2, min.60: David; 4-2, min.70: Migui; 4-3, min.89: Iago.
  • Expulsión: o visitante Secundino (min.60)

Bo partido, vibrante, de ida e volta, pero cun Outes en estado de gracia, moi acertados arriba, que lle proporcionou a 6ª vitoria consecutiva. E con forzas para remontar o cadro de Manu Roque, pois o Buño púñase 0-2 aos 20 minutos, aproveitando os erros atrás do cadro da Serra, que moi ben arriba, pero abaixo aínda ten que afinar.

Recurtaba Arturo antes do descanso, e tras unha primeira igualada, cun Buño algo máis metido, a segunda si que foi de cor local. Arturo empataba e de contado David e Migui metían o 4-2. Só contra o final chegaría o 4-3, xa sen tempo á buscar o empate.

Volantes - Carnota (2-2)

  • VOLANTES: Rubén Santos, Yeray, Juan, Mingos, Miguel, Martín, Iago, Ivi, Pardelo (Edu, min.80), Piru, Gabi (Cajulo, min.46).
  • CARNOTA: Luís De la Peña, Ferreiro (Elías, min.80), Pedro Pechín, Manolo Chouza, Pumuki, Pablo Pichín, Manuel Luís (David, min.5), Urko (Boni, min.70), Pablo Beiro (Joselu, min.90), Adrián, Miguel Poyo.
  • Goles: 0-1, min.2: Ferreiro de penalti por mans de Miguel; 0-2, min.65: Ferreiro tras un córner; 1-2, min.70: Cajulo; 2-2, min.85: Ivi de falta pola escuadra.
  • Expulsión: o carnotán Pumuki (min.70).
  • Lesión: o carnotán Manuel Luís con problemas musculares.

Partido igualado, bronco, con moitas interrupcións e pouco xogo, que comezou cun penalti protestado para o Carnota. Non fallaba Ferreiro, improvisado goleador da tarde, e os de Cambeiro se colocaban por diante. Foi unha primeira metade bastante igualada, cun Carnota algo mellor chegando algo máis, pero o xogo era moito de balón directo polas dúas bandas.

A segunda metade comezaba case co segundo tanto de Ferreiro, pero a expulsión de Pumuky deixaba ao Carnota con 10 e o Volantes foise polo partido. Cajulo recurtaba tras unha boa xogada, e o Ivi xa contra o final facía xustiza cun golazo de falta pola escuadra.

Zas - Corme (1-0)

  • ZAS: Miki, Martín, Pereiro, Óliver, Víctor (Lagoa, min.25), Canedo, Peque, Jaime (Fabián, min.70), David Blanco, Pablo (Pastor, min.60) e Damián (Isma, min.57).
  • CORME: Suso, Adolfo (Abel, min.80), Dani, Jesús, Sergio, Alejandro, Diego (Manu, min.75), Adri, Miguel Torrado (Pandi, min.55), Lucas, Alejo.
  • Goles: 1-0, min.89: Iván Lagoa de penalti cometido polo porteiro sobre David Blanco.
  • Lesión: o zaense Víctor.

Comezaba o choque igualado, de gran intensidade e concentración. Un partido que puido caer de calquera lado, e no que un empate podería ser máis xusto. Pero non está tendo sorte o Corme, que non foi mellor no cómputo global pero que tampouco mereceu perder, e xa suma 3 derrotas fóra da casa, e as 3 nos últimos minutos. Ocasións se cadra tivo algunha máis o Zas, pero o xogo algo máis dominado polo Corme. Mentres, parece que o Zas de Iván Cancela vai asentando o que quere o míster, e pouco a pouco vai intentado saír co balón xogado.

O partido comezaba con ocasións para os dous bandos. Lucas entraba dende a segunda liña e tivo a primeira para os cormeláns. Lagoa nada máis entrar avisou cun bo chut para os zaenses, e David Blanco tivo un man a man antes do descanso, demostrando que ao Zas tamén lle custa marcar.

Tívo o partido o Corme xa contra o final, cando Alejo no min.85 fixo unha boa xogada persoal pero ao seu centro non chegou Manu. E case que na seguinte xogada Canedo avisou cun remate de cabeza e David Blanco forzaba un penalti no min.90 que vale 3 puntos.

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios