Sábado. 20.04.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Sorpresas arriba e os de abaixo levantan cabeza

2ª Autonómica: Sorpresas arriba e os de abaixo levantan cabeza

Xornada curiosa esta na Liga da Costa. I é que podemos calificar como sorpresas a vitoria do Castriz en Corme (ben é certo que o Corme chegaba tocadísimo), ou a rotunda vitoria da Esteirana ante un Cee que chegaba moi forte. Rubrica así a Esteirana a súa candidatura e se mantén 2º a 2 dun Sofán que case ve escapar 2 puntos de Carral nun apretado final ante o Outes.
É o Carnota de Cambeiro o que se pon 4º tras vencer ao Montelouro, que baixa o ritmo como o veciño Volantes, superando a cormeláns, baieses e zaenses, que sumaban unha goleada ante os de Baño.

E boa xornada para os equipos de abaixo, pois Dumbría B e Cabana sumaban a súa primeira vitoria da tempada. Os dumbireses eran quen de darlle a volta a un 0-2 ante o San Lorenzo, mentres que o Cabana vencía ante un Mazaricos que sufría 2 expulsións e 2 lesións graves.

Sofán - Outes

  • SOFÁN: Bugui, Iván Rey, Carlos Lista (Gustavo, min.85), Juanjo, Diego, Pikas (Santi, min.65), Eloy, Boedo, Míchel, Edy (Iván Rojo, min.60), Eloy Cabeza, Abel (Marcos Pensado, min.75).
  • OUTES: Peipo, Chúa, Saúl, Martín (Coke, min.85), Caamaño, Damián (Borja, min.80), Potro, Ángel, Deivi, Iago Dosil (Elías, min.45), Pesco (Quin, min.45).
  • Goles: 1-0, min.1: Eloy Cabeza tras un pase da morte de pikas que deixa pasar Edy; 2-0, min.15: Abel tras un roubo de Eloy Cabeza; 3-0, min.60: Eloy de penalti cometido sobre Pikas; 3-1, min.70: Elías a centro de Iago Dosil; 3-2, min.86: Quin aproveita un erro defensivo.

Recupera a senda da vitoria o Sofán e iso que acabou sufrindo na casa ante o Outes. Os locais saíron moi enchufados, tanto que ao primeiro minuto xa abrira o marcador Eloy Cabeza e aos 15 Abel asinaba o segundo. Tardou en entrar o Outes, pero a base de boas combinacións íase achegando á área local.

Antes do descanso o Outes protestaba un claro penalti e Iago Dosil probaba a Bugui. Si pitou o colexiado un penalti sobre Pikas que puido ser clave. Aí comezou a remar, xa con todo, o Outes, e a base de garra e orgullo, conseguiron recurtar por medio de Elías e Quin e meteron medo no Sofán, que tamén tivo un par de contras para sentenciar que Santi marrou ante Peipo.

Sofan-Outes-Foto SD Sofan

Esteirana - Cee (5-2)

  • ESTEIRANA: Benito, Chispi, Simón, Dani Rama, Pablo, Adelino, Damián (Ángel min 46), Alex, Pepe, Kike (Sergio, min.75), Roberto Pladur (Eloy, min.78).
  • CEE: Parroto, Fiuza (Llanero, min.46), Jorge (Mario, min.85), Piquero, Rafa, Fermín (Rubén Yaya, min.57), Diego, Nico, Chiru (Penedo, min.57), Angeliño, Fer.
  • Goles: 0-1, min.5: Fer; 1-1, min.20: Kike de falta; 2-1, min.27: Kike tras un barullo; 3-1, min.35: Adelino dende a frontal; 4-1, min.55: Roberto Pladur dende fóra da área; 4-,1 min.75: Simón; 5-2, min.85: Llanero de falta.
  • Expulsión: o ceense Piquero por doble cartón no min.65.

Partidazo da Esteirana que arrollou a un Cee que chegaba cunha gran racha de resultados, pero que fixo o seu peor partido da tempada. E iso que se metía por diante cun bo tanto de Fer. Pero era só un espellismo porque o balón tiña cores blaugranas e non se despegou das botas dos locais. Non tardou Kike Paluca en darlle a volta ao marcador, non sen antes obrigar a lucirse a Parroto que sacou unha falta que se colaba pola escuadra. Adelino, antes do descanso atopaba un balón no borde da área e asinaba o 3º, e antes de ir ao descanso Angeliño puido recurtar pero marrou diante de Benito.

A segunda comezaba de novo coa Esteirana mandando, e marcando. Era Pladur o que se unía á festa goleadora local. Angeliño volvía estar preto do gol, pero o seu cabezazo foi sacado na liña de gol por un defensa. Piquero protestaba que o balón traspasara a liña de gol e acabou expulsado por protestar. Remataba o partido para o Cee, que viu un novo gol en contra e como Llanero lucía a súa calidade cunha maxistral falta.

Dumbría B - San Lorenzo (3-2)

Dumbria B- San Lorenzo - Foto- Jorge Parri
  • DUMBRÍA B: Sergio, Carreira (José, min.65), Samuel, Fernando García (Álex, min.57), Tati (Cabana, min.57), Pereira, Pedrosa, Josiño, Roi (Vicente, min.89), Cacho, Toja.
  • SAN LORENZO: Abraham, Quillo, Adrián (Miguel, min.80), David, Anxo, Cucho, Fuentefría, Peke, Javi Pensado, Carlos (Bolón, min.45 (Jorge Pichel, min.70), Eloy.
  • Goles: 0-1, min.8: Eloy; 0-2, min.37: Javi Pensado; 1-2, min.50: Roi; 2-2, min.55: Cacho; 3-2, min.60: Pedrosa.

Primeira vitoria, e primeiros puntos, do filial dumbriés nun choque que lle puña costa arriba. Pero os de Angel Canosa contaban co apoio de xogadores importantes, como Tati ou Cacho, que veñen meter unha man ao filial, e remaron ata remontar o partido. Pois na primeira metade Eloy e logo Javi Pensado puñan o partido moi de cara para os de Verdillo, que saíron algo relaxados na segunda metade pensando que o Dumbría ía dar o partido por perdido.

Pero non foi así. Saíron con moitas gañas os locais, e Roi, Cacho e Pedrosa facían en 15 minutos 3 goles quedaban a volta ao marcador. Intentou empatar o San Lorenzo a balón parado, pero a meta de Sergio estivo ben escoltada ata o final.

Dumbria B- San Lorenzo - Foto- Jorge Parri

Baio - Corcubión (1-1)

Baio-Corcubion-Foto- Santi Diaz
  • BAIO: Anxo, Mario, Chema, Ramon, Pablo, Martin, Yago, Jorge (Cristian, min.60), MC, Eloy (Fachal, min.80), Alberto.
  • CORCUBIÓN: Abelleira, Paulo, Senra, Lema, Conguito, Pablo, Sebas (Miguel, min.80), David, Alán (Edu, min.45), Lourido, Javi (Jonnie, min.45).
  • Goles: 1-0, min.5: Eloy cuntiro raso tras unha xogada combinada; 1-1, min.75: Lema de penalti.

Unha parte para cada un e empate final que todos consideraron xusto. O Corcubión conseguíu sacar un puntiño do Platas Reinoso e corrobora a súa reacción. Comezaba sorprendendo o Baio cun gran tiro de Eloy, e o Corcubión tivo que ir a remolque toda a primeira parte. O Baio, buscando con moita intención as diagonais, dominaba e chegaba con relativo perigo á meta de Abelleira.

Na segunda o partido igualaríase, e os de Manolín, con máis ambición e perigosidade, sobre todo trala entrada de Edu e Jonnie, dominou o choque e conseguía o empate da man de Lema de penalti, deixando as xustas táboas finais.

Baio-Corcubion-Foto- Santi Diaz

Zas - Volantes (5-1)

Zas-Volantes-Foto- Gonzalo Sestayo
  • ZAS: Elías, César, Oliver, Víctor, Pereiro, Peque, Lagoa (Quintáns, min.50), Jaime, Rubio (Martín, in.60), Pastor (Pablo, min.55), Pichín.
  • VOLANTES: Rubén, Fran, Pardelo (Ramón, min.55), Nimo, Josiño (David, min.10), Mingos, Varo, Ivi, Seluco, Jaro, Benja (José María, min.46).
  • Goles: 0-1, min.10: Ivi; 1-1, min.20: Rubio; 2-1, min.25: Pichín; 3-1, min.35: Rubio, 4-1, min.55: Victor , 5-1, min.85: Jaime.
  • Lesión: o visitante Josiño.

Chegaba o Volantes con moitísimas baixas (ata 11 lesionados e mesmo algún tocado no campo) a San Andrés. E non puido ca intensidade local, que fixo moito dano á feble defensa muradá, sobre todo con balóns altos e segundas xogadas.

Comezaba o partido cun espellismo, e un gol de Ivi na primeira chegada dun Volantes que intentaba tocar pero que fixo o peor partido da tempada. Pola contra, o Zas, moi metido no partido, aproveitada canda córner, cada falta, cada saque de banda para crear perigo.

Remontou en breve e marchou 3-1 ao descanso ante unha bancada, que contaxiada pola afección laranxa, remou como nunca. Na primeira xogada da segunda metade marcou o Zas o 4º e aí acabou o partido.

Zas-Volantes-Foto- Gonzalo Sestayo

Muros - Buño (1-1)

  • MUROS: Fabio (Trozo, min.55), Manu, Paki, Teo, Javi, Elisardo (Dani, min.15), Gelo (Pulpo, min,.70), Juanito, Adrián, Saúl, Sexo.
  • BUÑO: Brais, Casais (Ángel, min.65), David, Diego, Rubén, Jorge, Emilio, Mauri, David Dourado (Víctor, min.60), Elías, Gurita (Miguel, min.75)
  • Goles: 1-0, min.55: Sexo tralo reixete do seu propio penalti; 1-1, min.70: Elías de falta.
  • Lesións: os muradáns Elisardo e Fabio.

Partido con poucas ocasións, e de feito os goles chegaron a balón parado. A posesión era muradá pero o Buño, á contra, facía máis dano ante unha defensa tocada polas baixas.
Na primeira apenas houbo unha ocasión para cada bando: un man a man de Gurita para os visitantes, e unha internada de Sexo que lanzou ao lateral da rede. Polo que ao descanso chegábase cun merecido 0-0.

Adiantouse o Muros nada máis comezar a segunda metade cun penalti dubidoso. Pero o Buño non se amilanou e foi polo empate con moito empuxe meteron atrá ao Muros. A saída de Víctor foi importante pero foi todo o equipo o que meteu presión. O gol chegaría de falta, por medio de Elías, quen tamén tivo unha ocasión ao final para levar os 3 puntos para o campo de Xaviña, así como un pase da morte de Miguel que non atopou rematador.

Ao final, empate, 5º empate do Buño, e 9º punto para o Muros.

Mazaricos - Cabana (1-2)

Mazaricos-Cabana-Foto- Sara Ramos
  • MAZARICOS: Juan, Casais, Rodri, Tubi (Martín, min.70), Matías, Ricardo, Ramón (Esteban Pereiro, min.60), Estéfano (Pejo, min.75), José Ángel (Aldo, min.50), Brais, Kevin (Molinos, min.15).
  • CABANA: Añón, Isma, Marcos (Adán, min.65), Mato, Eloy, Fariña, Fernando (José, min.75), Sandro, Rubén Rama (Diego, min.46), Manolo (Edgar, min.70), Berti.
  • Goles: 1-0, min.10: Berti a balón parado; 1-1, min.25: Ricardo tras unha falta; 1-2, min.40: Marcos tamén despois dunha falta.
  • Expulsións: os mazaricáns Rodri e Brais.
  • Lesións: os mazaricáns Kevin e Estéfano, ambos no xeonllo.

Dúas expulsións e dúas lesións aparentemente graves (ata acabou o Pejo, o porteiro suplente, de punta) foron demasiadas trabas para un Mazaricos que permitiu que o Cabana sumase a súa primeira vitoria da tempada. E iso que un empate sería máis xusto segundo recoñecía o propio Periscal, que voltaba a que é a súa casa, o equipo no que adestrou durante 3 anos e no que xa fora campión da Liga da Costa como xogador.

Pero desta volta tivo a sorte que lel faltou noutros envites o Cabana, e quedou cos tres puntos, a pesar de que na segunda, entre o seu medo a perder e a ambición do Mazaricos, que mesmo con 9 apretaron e meteron atrás aos cabaneses, o partido puido rematar en empate.

O partido estivo igualado, disputado, quente por momentos, e no que os 3 goles chegaron a balón parado, xogadas nas que estivo máis acertado o Cabana, ante un Mazaricos que levou o peso do partido pero que non tivo acerto.

Mazaricos-Cabana-Foto- Sara Ramos

Corme - Castriz (0-2)

  • CORME: Javi, Adolfo, Dani (Chino, min.40), Jesús, Pandi, Martín, Diego (Fran, min.70), Brais (Brais Torrado, min.80), Manu (Antonio, min.88), Lucas, Juanma.
  • CASTRIZ: Adrián, Avelenda, Alex, Jose Luis, Jose Ares, David, Prego (Sergio Gerpe, min.29), Victor Pazos, Caamaño, Ruben, Sebas (Alex Cao, min.84).
  • Goles: 0-1, min.68: José Luis; 0-2, min.81: Sebas.

A sorpresa da xornada protagonizouna este Castriz, capaz do peor e do mellor. Os rossoneros souberon aproveitar as numerosas baixas do Corme, e malia os seus erros defensivos, que permitiron que na segunda metade Jose Luís e Sebas fusilasen a Javi.

Montelouro - Carnota (1-2)

Montelouro-Carnota-Foto- Edu Olveira
  • MONTELOURO: Isma, Bolo, García, Canelo, Pablo, Fernando, Chema, Mingos, Raúl, Edu, Ancho. Tamén jugaron: Denís, Geiko, Pepiño.
  • CARNOTA: Luis de la Peña, Tono da Caixa, Manolo Chouza, Pedro Pichín, David, Nakata (Pumuki, min.55), Jacobo (Urko, min.89), Andrés, Rodri (Andrés Fandiño, min.76), Joselu (Martín Piñeiro, min.90), Bernardo (Pablo, min.60).
  • Goles: 0-1, min.25: Pedro Pichín de cabeza; 1-1, min.55: Edu de tiro raso; 1-2, min.75: Pedro Pichín de cabeza.

A alma do Carnota erixiuse en protagonista nun choque de rivalidade como é este choque do sur da Costa. Pedo Pichín asinou dous tantos fundamentais, en sendas xogadas a balón parado, para sacar 3 puntos que meten ao Carnota nada menos que no 4º posto da táboa.

Foi un choque complicado, igualado e tenso, que non deu lugar a moitas florituras. Foron os balóns aéreos e as segundas xogadas as que definiron o partido, e o gol de Edu non puido anular a potencia do capitán carnotán por arriba.

Montelouro-Carnota-Foto- Edu Olveira

Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

Comentarios