sábado. 09.11.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Independiente escapa

3ª Autonómica: O Independiente escapa
Só o Independiente suma 3 de 3 tras esta xornada, unha vez que o Nantón espertou a costa do Soneira B. Os carballeses sitúanse como líderes en solitario tras superar ao Corcoesto e aproveitar o descanso do Porteño, que suma 2 de 2. Cómpre destacar tamén a primeira vitoria do Ameixenda, que sorprendía ao Coristanco cun xogo moi forte e cunha intensidada maior que a das pasadas xornadas.

Soneira B - Nantón (0-3)

O Nantón rompeu a súa mala racha e a boa do Soneira B
  • SONEIRA B: Martín (Víctor, min.46), Chuchi, Curra, Pichón (Richi, min.55), Alberto, Jemisa, Cristian de Cereixo (Chans, min.70), Cristian de Carantoña, Chino, Félix (Quilmes, min.58) e Fernando.
  • NANTÓN: Bonano, David Lareo, Carlos Santos, Diego, Félix, Carlos Vidal, Fabio, Rubén, Dani (Martín, min.65), Borja (Cachi, min.81) e Luís.
  • Goles: 0-1, min.49: Luís, de penalti; 0-2, min.84: Rubén; 0-3, min.89: Rubén.
  • Expulsións: O local Chuchi (min.77) e o visitante Carlos Vidal (min.75), ambos por dobre cartón amarelo. Tamén foi expulsado o adestrador local Jose Angel (min.42). O colexiado foi Zas Vazquez.
Rematou a imbatibilidade do filial Soneirán e fixo ante un Nantón que acabou gustándose nos minutos finais. A primeira metade non foi moi vistosa e apenas houbo ocasións de gol. Na segunda metade saíu ben o Nantón, e Luís, o home máis activo dos visitantes, foi derribado polo meta Víctor, a pena máxima transformouna el mesmo. O filial sen renunciar ao seu xogo combinativo, tentou a igualada, pero non chegou con claridade a meta de Bonano, mellorou a defensa dos cabaneses con respecto a semana pasada, principalmente polo retorno do central Félix. Jemisa e Alberto tiveron o empate a pouco do final con sendos remates de cabeza, pero o meta Bonano fixo dúas grandes intervencións. Nos últimos minutos o Nantón aproveitou moi ben os espazos para crear perigo, así Rubén marcaba por partida dobre, primeiro de cabeza nun córner e logo ao recibir un pase atrás dende a liña de fondo de Cachi, que fixo unha moi boa xogada individual, o vimiancés saíu ovacionado do que ata a tempada pasada foi a súa casa. Soneira B-Nantón

Coristanco - Ameixenda (0-1)

  • CORISTANCO: Ché, Óscar, Rubén, Marcos, Marquiños, Iván (García, min.46), Damián, Añón (Edgar, min.60), Torreira, Cancela e Omar (Diego, min.75).
  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, Álvaro, Demetrio, Alex, Bichiño, Diego Trillo (Javicho, min.46), Borja, David (Roco, min.40), Jorge, Javi e Rioliño (Manuel Mito, min.60).
  • Goles: 0-1, min.13: Rioliño tras un erro do meta local.
Primeira vitoria da historia do Ameixenda, e conseguida no difícil campo do Coristanco. E o fixo ademais estreando míster, Pepe do Bicho, do Ézaro, que substitúe a un Balayo que apenas durou 2 partidos. Os ceenses fixeron un gran partido, cheo de intensidade e moito mellor coordinado en defensa i é que os partidos vanse notando. Púidose meter por diante o cadro local pero Torreira mandou ao corpo de Riolo. Asi e todo os de Rochichioli, que botan de menos a Toniño, non se deron metido no partido, e apenas tiveron ocasións. Iso si, tiveron un erro e pagárono. O Ameixenda soubo aproveitar a súa ocasión e Rioliño meteunos por diante, renda suficiente para sumar unha vitoria para a historia.

Muxía - Fisterra B (5-1)

Papi no Muxía-Fisterra B - Foto- Luigi da Costa
  • MUXÍA: Luís Romaní (José Antonio, min.82), Pesqui, Martinciño, Currás, Pataca, Papi, Javi, Dimas (José Manuel, min.76), Adrián Negro (Gemelo, min.82), Casais (Julián,m in,46) e Alberto (Carrera, min.51)
  • FISTERRA B: David (Iago, min.80), Juanjete (Abel, min.60), Juan, Jorge, Santi, Sheg, Cote, Dani, Mario, Bruno e Gonzalo (Estrella, min.60)
  • Goles: 1-0, min.15: Adrián Negro de penalti; 1-1, min.43: Bruno; 2-1, min.63: Papi; 3-1, min.70: Adrián Negro de penalti; 4-1, min.73: Dimas; 5-1, min.80: José Manuel.
O Muxía demostrou que este ano vai estar arriba. E superou ao Fisterra B tras unha primeira metade igualada. Foi un encontro bastante brusco, con moita forza, no que o Muxía xa se puxo por diante pronto, contou ademais con dous penaltis, e o Fisterra B tivo que ir a remolque todo o partido. Así e todo empataron antes do descanso os de Borrasca e Pana, pero co gol de Santi Papi aos 20 minutos da 2ª metade o filial fisterrán desapareceu. O Muxía amosou moi boa imaxe pero aínda parece que ten que afianzar mellor a zona defensiva do medio campo. O fisterrán Sheg en Arliña - Foto- Luigi da Costa

Corcoesto - Indep. Carballo (1-3)

  • CORCOESTO: Anxo, Alberto (Uru, min.65), Pablo Longo, Sergio (Rodri, min,60), Angel, Edelmiro (Germán, min.55), Pablo Sevillano, Javi (Pablo Patelo, min.46), Xabi (Miguel, min.46), Héctor e Josiño.
  • INDEPENDIENTE: Noé, Suso Noya, Dani Rosalía (Jonathan, min.80), Brais, Juny (Fran, min.75), Ivi (Benítez, min.55), Míchel, Carlos, Cholo, Mario (Palermo, min.77) e Castro.
  • Goles: 0-1, min.5: Suso Noya tras un balón entre liñas; 0-2, min.25: Mario tras un balón mal despexado; 0-3, min.60: Juny á contra cun golazo dende a esquina; 1-3, min.65: Pablo Sevillano.
Fo superior este Independiente Carballo que se queda só no liderato. "Estamos lanzados" apunta o presi, Paco, que salienta ademais o debut de Palermo. Os de José Sánchez foron moi efectivos e aproveitaron 3 das 5 ocasións claras das que dispuxeron. Ben armados atrás e saíndo á contra, conseguiron matar facilmente o partido. Iso si, os carballeses foron superiores en todo momento a un Corcoesto algo despistado.

Cerqueda - Lira (3-0)

Cerqueda-Lira- Foto- UD Cerqueda
  • CERQUEDA: Rubén, David, Javi, Santi, Bastón, Dani, Dieguito, Javi Pazos, Iván (Pablo, min.60), You (Iván Ponte, min.73) e Juanjo (Maikel, min.46).
  • LIRA: Garrido, Herminio, Fran Chancho, Pelexo (Uxío, min.30), Manolo de Abelleira (Abel, min.55), Chindo, Pachín, Miguel, Suso Perico, Michelón e Suso Patachín (Juan Andrés, min.65).
  • Goles: 1-0, min.10: Javi Pazos dende fóra da área; 2-0, min.15: Dieguito de falta directa; 3-0, min.85: Iván Ponte nunha contra.
Partido cómodo para o Cerqueda ante un Lira que contaba con moitas baixas por mor das lesións... e das festas. Os lirachos amosaron bo xogo arriba pero estiveron algo frouxos atrás. E o Cerqueda non perdoou. Pronto se colocaban 2-0, e o Lira tivo que arriscar subindo a liña defensiva e xogando ao fóra de xogo. Así permitiron que os malpicáns tiveran varios mans a mans pero non sentenciaron o choque ata o minuto 85, polo que a incertidume estivo presente todo o partido. A Unión Cerqueda entregou 4 placas de recoñecemento á fidelidade por estar máis de 5 anos aos Lorenzo, Josiño, Javino e Santi, e outra a Alex por ser o primeiro xogador do Cerqueda en conseguir o Pichichi. O Cerqueda cos 5 galardoados-Foto- UD Cerqueda

Alcaián - Castrelo (4-1)

  • ALCAIÁN: Martín, Jorge Facal, Martínez, Dino, Marcos (Fede), Pombo, Dani, David, Daviciño, Rubén (Corral) e Facal (Diego).
  • CASTRELO: Roberto, Kevin (David, min.75), Luís, César (Sergio, min.80), Mario, Estebo, Manolo Insua, Denís (Bolli, min.70), Andrés, Germán e Litos.
  • Goles: 0-1, min.20: Germán; 1-1, min.50: Daviciño de gol olímpico; 2-1, min.60: Diego; 3-1, min.70: Rubén; 4-1, min.80: Daviciño dende fóra da área.
  • Expulsión: o local Jorge Facal (min.60) e visitante Estebo (min.75) con cartón vermello directo por unha falta, moi discutida.
O Alcaián superou ao Castrelo tras un partido apretado. I é que os vimianceses se adiantaban por medio de Germán, e se metían atrás ben armados e sacando balóns en longo. Pero non aguantaron a segunda metade, e nun cuarto de hora os locais xa lle deron a volta ao marcador, a pesar de quedar con 10.

Xaviña - Camelle (1-2)

Foto da familia camarina do Camelle e do Xavina -Foto-SD Camelle
  • XAVIÑA: Moro (Lalá, min.46), Juan Antonio, Beto, Caamaño (Gallego, min.30), Chiriví, Bieito, Ismael, Elvis, David (Felipe, min.46), Rusiño (Pirucho, min.46) e Frutos (Dani, min.46).
  • CAMELLE: Púrrua, Carlos de Dido, Coruña, Manuel, Matías (Diego, min.86), Iván, Miguel (René, min.83), Sergio (Adrián, min.72), Jose (Tedín, min.62), Mario e Felipe Barreiro (Varu, min.89).
  • Goles: 0-1, min.53: Barreiro; 0-2, min.78: Tedín; 1-2, min.83: Felipe.
  • Expulsións: O local Ismael (min.60) e os visitantes Púrrua (min.85), Iván (min.89) e Manuel (min.91). A segunda metade chegou ata os 56 minutos.
Derbi en estado puro no Hermanas Patiño no que o resultado favoreceu a un Camelle que, co partido completamente controlado, estivo a piques de tiralo pola borda. Iso si, o bo ambiente reinou antes e despois do partido entre os dous equipos veciños. Na primeira metade viuse un mal partido con moito balón largo e moi pouco xogo combinativo, no que as mellores ocasións foron para un Xaviña que mandou dous balóns ó pau, un ó principio nunha xogada rápida e outro ó final no lanzamento dunha falta que desviou Purrúa e acabou dando no longuerio. Pola contra o Camelle tivo a súa por medio de Barreiro no minuto 40, pero o porteiro local fixo unha boa parada. Cambiou o partido no segundo tempo en canto a ocasións, non en canto ó xogo, no que foi o Camelle o que tivo as ocasións máis claras. Aos oito minutos marcou Felipe un golazo pola escadra a pase de Miguel e tivo só cinco minutos despois o cero a dous, pero o balón fóiselle ao longueiro no remate dun córner. Acabábase de cumprir a media hora do segundo tempo cando Tedín remataba a pracer un bo centro para facer o segundo do Camelle, e parecía o partido sentenciado xa que o Xaviña xogaba cun xogador menos. Pero non foi así xa que un gol do Xaviña no remate dun córner e a expulsión de tres xogadores do Camelle nos últimos minutos (o porteiro e dous centrais) concederon unha incertidume ao choque ata o pitido final. De feito, os Felipe e Juan Antonio tiveron dous cabezazos que ben puideron siginificar o empate.

Laxe - Baiñas (1-0)

Laxe-Baiñas - Foto- Santi Diaz
  • LAXE: Illote, López, Naya, Adrián, Aarón, Iván (Darío, min.60), Pailos, Felipe, Borja, Samuel e Zurich (Mandi, min.46).
  • BAIÑAS: Kiko, Héctor, Samuel (Luís, min.70), Sancho, Dani (Simón, min.70), Cristian, Iván, Estiven, Diego (Susiño, min.46), Fernando e Adrián.
  • Gol: 1-0, min.25: Zurich tras unha xogada por banda de Felipe.
  • Expulsións: O local e o visitante Adrián (min.35).
Coma sempre, moita xente no campo do Laxe para ver un partido bronco e con pouco ritmo o que se disputou na tarde calurosa do sábado. Zurich foi o autor do único gol do partido no ecuador da primeira, ante un Baíñas que, cun xogo moi físico, fixo un moi bo partido, moi forte en defensa e con bastante mordente arriba pero sen acerto. O Laxe xogou mellor na segunda, con 10 que con 11 homes, e puido sentenciar cunha ocasión de Felipe ou un balón ao longueiro. O Baíñas tivo o empate pero unha falta marchouse fóra por pouco. Laxe-Baiñas - Foto- Santi Diaz

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios