Venres. 29.03.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Porteño frea ao Montelouro e o Outes segue sumando

3ª Autonómica: O Porteño frea ao Montelouro e o Outes segue sumando
Xornada festiva de defuntos que volveron aproveitar os de Terceira Autonómica para acurtar as distancias no remate final da tempada co resto de categorías e agora tan só lle queda unha, a que xogarán o vindeiro 6 de decembro, para rematar ao mesmo tempo e solventar os problemas co comezo da Copa da Costa. A xornada estivo marcada por esa espera tensa que seguen a ter os familiares e compañeiros de Gabri, do que chegan boas noticias, pero queda agardar a súa reacción unha vez deixe de estar sedado, ante esta situación os seus compañeiros aprazaron o encontro a non ter moitos ánimos para xogar. No resto da xornada segue a loita entre os primeiros clasificados e cada partido se xoga a vida e morte. O Coristanco gañou con moito sacrificio en Cerqueda pola mínima, mentres que o Porteño fixo o mesmo ante o Montelouro. O líder gañou sen apuros, mentres que o Cabana se deixaba dous puntos en Fisterra.

Porteño – Montelouro (2-0)

  • PORTEÑO: Asiel, Pejo, Maikol, Yago Carril, Brais, Asier, Cousillas, Piti (Oscar, min.75), Jorge (Pablo Santacristiña, min.81), Ismael (Yago, min.85) e Wii.
  • MONTELOURO: Isma, Pablo (Raúl, min.76), Juan (Pedro, min.70), César, Alvaro, Fernando (Teo, min.52), Dani (Pesco, min.60), Chema, Denís (Jose, min.86), Chumy e Rico.
  • Goles: 1-0, min.60: Brais; 2-0, min.65: Asier.
  • Lesión: O visitante Fernando con problemas musculares.
Partido de moito respecto entre os dous equipos, con moi poucas ocasións de gol. Na segunda metade a maior necesidade dos puntos dos locais e os problemas que teñen os de Louro para defender as xogadas a balón parado foron decisivas para que os da Ponte se levaran tres importantísimos puntos. Brais abriu o marcador ao recoller un balón peinado por Jorge tras un saque de banda e pouco despois Asier marcaba de cabeza nun córner sacado por Ismael.

Camelle – Xaviña (1-0)

  • CAMELLE: Carlos, Coruña, Cristian, Mauri, Carlos II, René, Valiña, Mario, Barreiro, Adrián (Buri, min.46) e Iván.
  • XAVIÑA: Pablo, Sergio, Chapu, Caamaño, Jallejo, Búa, Juan Antonio, Ángel, Elvis, Frutos e Martín.
  • Gol: 1-0, min.90: Mario.
Unha falta lateral que Mario cabeceou na área pequena deulle o triunfo ao Camelle sobre o Xaviña, no derbi de equipos recén creados. Os locais impuxéronse nun encontro moi malo, no que tiveron as mellores oportunidades durante a primeira metade. Pola súa parte, o filial do Camariñas apenas inquedou, salvo cun lanzamento que se estrelou no longueiro da portería defendida por Carlos. Só se fixo unha substitución, claro exemplo de que as dúas plantillas nadan moi xustas e estes partidos de entre semana non axudan a ninguén.

Carnota – Laxe (2-0)

  • CARNOTA: Peipo, Boni (Urko, min.55), Manuel, Pedro Capitán, David, Manuel Luís, Rodrigo, Tono da Caixa, Borja Santos (Pedro, min.90), Manoliño (Pumuki, min.75) e Casti (David Castro, min.85).
  • LAXE: Illote, López, Aarón, Jaja (Ventura, min.70), Antonio Castro, Rubén, Jacinto (Zurich, min.55), Iván Ferreiro, Gándara (Naya, min.46), Darío e Felipe.
  • Goles: 1-0, min.25: Casti; 2-0, min.65: Pedro Capitán.
Moi boa sensación deixou o Laxe en Carnota e a diferenza estivo no maior acerto rematador dos locais. Casti abriu o marcador ao rematar un balón dentro da área. Darío e Felipe tiveron as súas ocasións para empatar, pero sería Pedro quen poría o segundo e definitivo ao rematar de cabeza tras un córner e botar abaixo as esperanzas dos de Laxe que por medio de Zurich tiveron dúas moi boas ocasións de gol.

Fisterra B – Cabana (3-3)

  • FISTERRA B: David, Didier, Pablo, Jorge, Roberto, Eddy, Piti, Cote Xuvenil, Insua, Juanjete e Pirri. Tamén Xogaron Carlos, Bruno, Diego e Dani.
  • CABANA: Añón, Eloi García (Eloi Pereira, min.60), David, Jacobo, Jose, Fernando (Diego, min.55), Adrian, Sandro, Josiño, Rubén Rama e Nando (Rubén, min.90)
  • Goles: 1-0, min.25: Insua; 2-0, min.38: Insua; 2-1, min.65: David Sande; 2-2, min.84: Nando; 3-2, min.92: Bruno; 3-3, min.94: Diego.
  • Expulsión: O visitante Adrián (min.85) por dobre cartón amarelo.
Os locais tentaron impoñer o seu fútbol de toque durante os primeiros minutos nos que conseguiron adiantarse no marcador, logo o partido caeu nun xogo moi directo e con ocasións para os dous bandos, calquera dos dous puido levarse o encontro, pero o reparto de puntos finais non deixa descontentos a ningún dos dous equipos.

Outes – Corcoesto (4-1)

  • OUTES: Gato (Jona, min.70), Martín, Saúl (Lago, min.67), Chúa, Arturo, David, Lass (Damian, min.63), Fabio (Poke, min.56), Deivi, Pesco e Potro (Kin, min.46).
  • CORCOESTO: Siro, Pablo, Germán, Edelmiro, Rodri, Lista, Uru, Luís, Martín, Couto e Pichón.
  • Goles: 1-0, min.21: Lass; 2-0, min.45: David; 3-0, min.51: Fabio; 4-0, min.55: Deivi; 4-1, min.75: Luís.
Non fallou o líder que chegaba descansado tras non xogar o domingo e isto foi un plus de vantaxe con respecto a un rival que ademais tivo que xogar con 11 xustos. Un córner a favor dos visitantes converteuse nunha contra levada por Potro que cede para Pesco que centra e Lass marcaba o primeiro. Xusto antes do descanso, un córner botado por Potro é rematado por Deivi en primeira instancia e logo o rexeite queda para David que marcaba, os visitantes reclamaron falta ao meta Siro. Na segunda metade os visitantes baixaron bastante o ritmo e primeiro Fabio ao rematar un man a man tras pase de Deivi e logo o propio Deivi ao rematar de cabeza un centro de Arturo puxeron a sentenza para un público que volveu a abarrotar as gradas do Conchido. O gol da honra visitante veu tras un saque de falta lonxano de Edelmiro que Luís rematou de cabeza.

Independiente – Atl. Pereiriña (Aprazado)

A familia ceense e a do fútbol da Costa en xeral están a espera da evolución do xogador verdillo Gabri que o sábado pasado tras un encontronazo na cabeza cun xogador do Soneira B sufriu mareos e tivo que ser intervido de urxencia polos coágulos sanguíneos producidos na cabeza. Tralo último parte médico, o xoven xogador de tan só 20 anos, atópase estable e limpo de coágulos, agora queda esperar 48 horas máis para ver a reacción tras desenchufalo das máquinas que o manteñen sedado. Os seus compañeiros de equipo que pese a non poder velo están a acompañalo nestes duros momentos e non se atopan con ánimos para xogar e tras acordo co Independente decidiron aprazar o encontro.

Cerqueda – Coristanco (0-1)

  • CERQUEDA: Ché, Rober (Athu, min.46), Juan, Javi, Javi Pazos, Dani, Lorenzo, Nión (Iván, min.86), Manu, Dani Añón (Jorge, min.57) e Alex.
  • CORISTANCO: Pombo, Castro (Carlos, min.65), Oscar, Luís, Arantón, Pazos, Adrián, Iván, Gonzalo (Pichel, min.50), Benitez e Toniño (Chutín, min.85).
  • Gol: 0-1, min.8: Toniño.
Partido moi competido e que pronto se puxo de cara para os visitantes ao rematar a media volea Toniño tras pase de Iván. Con este resultado e coas numerosas baixas, o verdillos aplicáronse en defensa e aguantaron as investidas dos locais que levaron o peso do encontro, pero non foron quen de romper a ben ordenada defensa visitante. Os xogadores locais renderon homenaxe ao seu compañeiro Dieguito que a semana pasada se lesionou de gravidade en Muros e que será unha baixa importante para os malpicáns.

Soneira B – Muxía (1-1)

  • SONEIRA B: Víctor, Damian, Marquitos, Jemisa, Roi, Quilmes (Dani, min.71), Mayor, Chans (Pichón, min.80), Félix (Cho, min.76), Cristian de Cereixo e Cristian de Carantoña (Capote, min.46).
  • MUXÍA: Angel Luís, Raúl (Carrera, min.60), Martinciño, Jose Manuel, Javi, Pataca, Arxires (Ramón, min.76), Ziro, Alberto, Yuni e Jose Ignacio.
  • Goles: 1-0, min.30: Chans; 2-0, min.62: Javi.
  • Expulsión: O xogador visitante Javi (min.90) por dobre cartón amarelo.
Partido igualado e de bo fútbol con moitas ocasións para os dous bandos, pero un acertado meta Angel luís polo Muxía e pouco acerta rematador entre os tres paus do equipo muxián evitaron ver máis goles no Municipal. Os dous goles foron de similar fabricación con sendos lanzamentos dende fóra da área.

Alcaián – Volantes (0-3)

  • ALCAIAN: Rizos, París, Pombo, Luisito, Víctor, Víctor Pazos, Iván, Pío, Roberto, Daviciño (Tote, min.70) e Nando.
  • VOLANTES: Masu, Fran, Josiño, Mou, Paqui (Piru, min.65), Nimo (Edu, min.65), Ramón (Benja, min.70), Brais, Piti (Pardelo, min.70), Seluco e Ivi (Javi, min.55).
  • Goles: 0-1, min.20: Nimo; 0-2, min.40: Nimo; 0-3, min.55: Piti.
As numerosas e importantes baixas dos locais estanlle a truncar a boa racha ao equipo de Víctor Pazos que está a descolgarse dos postos de promoción de ascenso. O Volantes que anda a caza dun porteiro e pode que en breve o atope, de seguro que vai dar moita guerra ata o final. Nimo foi o autor dos primeiros dous goles cun lanzamento dende a frontal da área e cun remate de cabeza tras unha falta. Piti poría a sentencia na segunda metade ante un Alcaián que non inquedou en ningún momento.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios