Xoves. 09.12.2021
El tiempo

3ª Autonómica: O Porteño pega forte

3ª Autonómica: O Porteño pega forte
O Porteño ponse de líder a base de eficacia

A base de pegada e eficacia o Porteño ponse de líder tras 6 vitorias en sendos partidos. Onte superaba con demasiada renda a un Alcaián que leva unha mala liña de resultados. Por detrás segue o Independiente, aínda sen coñecer a derrota, pero que non podía romper a defensa dun Lira que amosaba a súa mellor versión. O Camelle caía no partido da semana ante un Fisterra B que o deu todo ata o último suspiro. Cerqueda e Ameixenda seguen aí tralo seu empate mentres que o Soneira B se mete en postos "uefa" ao vencer ao Laxe.

Fisterra B - Camelle (3-2)

Fisterra-B-Camelle-Foto-Fran-Insua
  • FISTERRA B: David, Insua, Dani, Jorge (Juanjete, min.35), Santi (Sheg, min.60), Juan, Bebeto, Pana, Mario (Eleoy, min.90), Rivas, Cristian.
  • CAMELLE: Purrúa, Matías, Valiña, Manuel (Coruña, min.80), Carlos de Dido, Jose, Mario, Iván, Sergio (Adrián de Barca, min.65), Miguel Riveiro, Javi Rañal.
  • Goles: 0-1, min.35: Miguel Riveiro dende 55 metros e co vento; 1-1, min.38: en propia meta de Valiña; 1-2, min.55: Matías de penalti; 2-2, min.75: Bebeto de cabeza nun córner tras un mal despexe do porteiro visitante; 3-2, min.90: Insua.
  • Expulsión: Insua tras quitar a camiseta ao marcar o gol da vitoria no min.90.
Bo-ambiente-en-Ara-Solis-para-recibir-ao-Camelle-Foto-Fran-Insua

Partido igualadísimo que se decantaba nos últimos intres. Foi un choque con ocasións para os dous bandos, no que se cadra un empate sería o máis xusto, pero a eficacia e a sorte final dos locais foi clave.

Segue mellorando o equipo de Laureano e Pana e fixo un bo partido ante un Camelle que chegaba moi forte, con JaviRañal moi incisivo na punta de ataque, e un Miguel Riveiro que puña notas de calidade como o seu tremendo gol dende máis de 55 metros á media hota. Pero non duraba a alegría no bando visitante pois un tanto en propia metía o empate

Na segunda o Camelle comezaba con valentía, Matías facía o segundo de penalti e puideron sentenciar pero Javi Rañal picou un balón que saíu lambendo o pao e outra Sergio mandou alta un pase de morte sen porteiro. O Fisterra repúxose e Bebeto de cabeza empataba e a base de brega daba a volta ao marcador cun tanto de Insua á épica.


Laxe - Soneira B (1-2)

  • LAXE: Illote, Rafa, Roi, Naya (Adrián Porteiro, min.40), López, Ventura (Iván Vilanova, min.60), Pailos, Felipe, Mandi (Darío, min.30), Borja, Samuel.
  • SONEIRA B: Víctor, Chans, Chuchi (Borja, min.55), Alberto, Curra, Jemisa, Quilmes, Canosa, Chino (Felix, min.75), Richi, Pablo.
  • Goles: 1-0, min.15: Roi de falta directa dende unha banda pasando por diante; 1-1, min.65: Pablo; 1-2, min.85: Chino.

Comezou o Laxe dominando e se puña por diante por medio de Roi. Pero cos minutos foise diluindo o Laxe, deixando que o Soneira tomara o mando. Oas de José Ángel, moito mellor fisicamente, foron superiores na segunda metade e deron a volta ao marcador con tantos de Pablo, e un de Chino na recta final.


Muxía - Castrelo (4-1)

Muxia-en-Arlina-Foto-Luigi-na-Costa
  • MUXÍA: José Antonio, Peski, Martinciño, Pataca (José Manuel, min.46), Currás, Julián (Dimas, min.69), Adrián Negro (Juan Prado, min.60), Santi Papi, David (Carrera, min.78), Iván Lagoa (Casais, min.75) e Albertiño.
Castrelo-en-Arlina-Foto-Luigi-na-Costa
  • CASTRELO: Roberto, Luís, Sergio, Kevin, Andrés, David (Edreira, min.46), Manolo, Jota, Litos, Estebo, Bolli.
  • Gol: 1-0, min.25: Adrián Negro; 1-1, min.35: Litos de penalti feito sobre el. 2-1, min.40: Pataca; 3-1, min.50: Martinciño; 4-1, min.80: Casais.

Non xogou a nada o Castrelo, que chegou con moitas baixas, e permitiu que o Muxía fose o dono e señor en Arliña. Adiantouse o Muxía tras un aviso de Litos, e respostou o Castrelo cun penalti que forzaba e transformaba Litos. Pero Pataca puña xustiza antes do descanso poñendo en vantaxe aos locais. O gol á volta dos vestiarios de Martinciño sentenciaba o partido e o Castrlelo baixaba defintivamente os brazos.

Muxia-Castrelo-Foto-Luigi-na-Costa

Corcoesto - Baíñas (0-1)

  • CORCOESTO: Anxo, Edelmiro, Germán, Mato, Ángel (Couto, min.60), Pablo Vázquez, Pichuco (Miguel, min.70), Javi, Martín, Rodri (Xabi, min.55), Josiño.
  • BAÍÑAS: Damián, Simón, Samuel, Sergio, Héctor, Luís, Dani (Fernando, min.55), Cristian (Diego, min.75), Styven, Esteban, Yanki (Adrián, min.85).
  • Goles: 0-1, min.55: Yanki tras un saque de falta.

Choque moi disputado no medio campo, con poucas ocasións no que o Baíñas fixo valer o seu acerto cara gol. Porque o cadro local tivo máis ocasións, como un man a man de Martín, un par de Josiño na segunda ou unha de Xabi que tampouco entrou.

Os vimianceses buscaban ocasións a balón parado, e viron como lle anulaban un gol por falta ao porteiro. Pola contra, os locais pediron dous penaltis por unhas mans e un empurrón que o colexiado non sinalou e que puido significar un empate que sería máis xusto tralo visto no campo.


Alcaián - Porteño (0-4)

  • ALCAIÁN: Martín, Marcos (París, min.55), Rubén, Pombo, Martínez (Jorge, min.70), Iván, David, Dani, Framil, Daviciño, Facal (Diego, min.46).
  • PORTEÑO: Pablo, Óscar, Pejo, Antón, Maikol, Asier (Nené, min.65), Ismael, Iaguito Martínez (Gabi, min.75), Brais Grela (Yuyo, min.46), Búa (Cousillas, min.50), Bieito (David Toja, min.55).
  • Goles: 0-1, min.30: Antón tras un rexeite nun córner; 0-2, min.35: Bieito aproveitando un erro do meta local que se lle escapa o balón; 0-3, min.40: Bieto tras un erro da defensa no despexe; 0-4, min.85: David Toja tras un bo pase do Pejo.

Demasiada renda para o Porteño nun partido máis igualado do que sinala o marcador final. Foi un partido de igual a igual, sen ocasións de gol, pero no que o Porteño cada vez que chegaba marcaba nunha primeira hora que remataba con 0-3.

E iso que non foi o mellor partido do Porteño, que se limitou a aproveitar os erros graves da defensa local, e os da Ponte non desperdiciaron os regalos. Os de Lorenzo non tiveron tampouco demasiadas ocasións, pero non mereceron tal derrota. Iso si, uns e outros loubaron a boa arbitraxe do colexiado Benito Martínez Raúl.


Cerqueda - Ameixenda (1-1)

  • CERQUEDA: Rubén, Javier, Daniel, David (Pablo, min.46), Bastón (Manuel, min.60), Santi, Pazos, Dani Seaia, Juanjo (Lorenzo, min.46), You (Ato, min.46), Diego.
  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, Álvaro, Demetrio, Alex, Bichiño, Mateo, Borja, Jorge (Manuel, min.75), Rioliño (José Manuel, min.67), Javier, Javichu.
  • Goles: 0-1, min.30: Rioliño; 1-1, min.60: en propia meta.

Primeira metade fantástica do Ameixenda, das mellores de toda a Liga, cun Rioliño espléndido tivo dúas faltas, un ao longueiro e outro paradón do porteiro Rubén. I é que o cadro ceense leva 5 partidos sen percer e está 4º. E iso que o Cerqueda comezou metendo perigo con boas ocasións no primeiro cuarto de hora, pero a segunda media hora foi de claro dominio viistante.

Na segunda o cansanzo fixo mella no Ameixenda e o Cerqueda veuse arriba e dominou. Tralo empate estivo enriba o Cerqueda toda a segunda pero non foi quen de marcar o gol da vitoria.


Independiente - Lira (0-0)

  • INDEPENDIENTE: Iván, Jonnie, Scott, Castro, Dani (Toni, min.75), Cholo, Michel (Brais, min.80), Carlos, Benítez (Palermo, min.55), Ivi (Rives, min.60), Juny.
  • LIRA: Garrido, Pelexo, Herminio, Manolo de Abelleira (Santi, min.65), Ismael, Cristian, Oliver (Pacheco, min.70), Suso Patachín (Abel, min.80), Miguel do Caracho, Suso Perico, Germán (Saúl, min.85).
  • Expulsión: Herminio no min.70.

Partido igualado, cun Lira moi ben armado e saíndo á contra moi ben ante un firme líder. Bo partido deste irregular Lira, con boas ocasións na primeria metade, que marraron Oli, e Suso Patachín e Suso Perico que a mandou fóra. Oliver fixo un partidazo no que era o seu segundo partido cos lirachos, baixando balóns longos e creando moito perigo.

O Independiente tivo máis ocasións, sobre todo na segunda, pero xogou con máis corazoón de cabeza. Jonnie tivo un man a man na primeira e varias na segunda e Palermo mandou unha falta preto da meta. Os últimos 20 minutos, trala expulsión de Herminio, o Independiente veuse arriba pero sen acerto. Cómpre destacar que saltaba ao campo o xuvenil Saúl, con tan só 16 anos, nas filas visitantes.


Xaviña - Nantón (3-2)

Xaviña-Nantón- Foto- Victor Santos
  • XAVIÑA: Moro, David, Juan Antonio, Caamaño, Rodrigo, Pirucho, Martelo (Pequenao, min.75), Gatusso, Elvis (Ghallegho, min.60), Borja, Felipe.
  • NANTÓN: Bonano, Eloy, Carlos Santos, Felix, Diego, Carlos Vidal, Fabio (Dani Costa, min.78), Rubén, Luís, Martín, Cachi (Borja, min.78).
  • Goles: 1-0, min.10: Felipe tras boa xogada por banda esquerda; 1-1, min.48: Luís tras asistencia de Cachi; 2-1, min.59: Pirucho de cabeza tras un saue de banda; 3-1, min.66: Felipe de cabeza a un córner; 3-2, min.84: Luís tras asistencia de Carlos Vidal.
  • Expulsión: o visitante Carlos Vidal tras segunda amarilla.
  • Lesión: o visitante Fabio cunha escordadura de nocello.

Merecida vitoria do Xaviña cunha primeira parte na que lle pasou por encima ó Nantón a base de contras moi rápidas e ben trenzadas, creando numerosas ocasións de gol. Na segunda o Nantón saiu máis asentado empatando ó pouco da reanudación pero o 2-1 fixo moito dano aos cabaneses e non volveron entrar no partido ata os últimos minutos co 3-2.


Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

comentarios