3ª Autonómica: Unha boda adianta o comezo da Liga unha semana
Arrincaba a 3º Autonómica 2013/2014 unha semana antes do previsto. I é que unha boda no cadro loureán obrigaba aos muradáns a adiantar unha semana o partido da primeira xornada ante o Laxe. Así, o Montelouro sitúase líder pero terá que esperar unha semana para ver o resto de partidos desta curta Liga, con tan só 12 equipos.
Montelouro - Laxe (4-1)
- MONTELOURO: Isma, Pedro, Canelo, Álvaro, Geijo (Abel, min.80), Isma, Cosme, Chema, Edu, Benjamín (Raúl, min.75), Dani Deza (Edu, min.65), Pesco (David, min.75).
- LAXE: Diego, Aarón, Alberto (Iván, min.70), Naya, Samuel, Gora (Zurich, min.60), Borja, Castro, Samuel Lema, Saleta, Carracedo.
- Goles: 0-1, min.15: Samuel; 1-1, min.30: Benjamín; 2-1, min.40: Geijo; 3-1, min.60: Dani Deza; 4-1, min.75: Raúl á contra.
Ilusionados comezan os loureáns esta nova campaña ás ordes de Jurjo. O equipo mantén o bloque e conta con dúas boas fichaxes, Benjamín, do Volantes, e mais Dani Deza, un pedazo de xogador que mesmo ten pasado polo Deportivo xuvenil e por 3ª División, e que está casado en Louro e vai botar unha man ao equipo.
Por bando contrario, o Laxe comeza ás ordes de Toni unha nova campaña tamén con moitas gañas de facelo ben e de poder aspirar ao ascenso.
Foi un partido igualado, no que o Montelouro estivo máis acertado cara gol. Cun Laxe que intentou dominar máis o balón pero sen chegar con demasiado perigo. E un cadro local que machacou á contra facendo moito dano por banda dereita.
Empezou marcando o Laxe, pero o campo da Agra da Filgueira é complicado. E malia que aguantou ben a primeira metade, o Louro conseguía darlle a volta ao marcador aproveitando varios rexeites. Co 3-1 veuse abaixo o Laxe, e se cadra a vitoria pode ser xusta pero dende logo o marcador é demasiado abultado.
Ambos conxuntos coincidiron no baixo nivel na arbitraxe.
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Máis información
- Altas e Baixas no #FútboldaCosta.
- Facebook Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
- 1ª Autonómica: O Baio álzase por arriba e o Ponteceso afunde por abaixo.
- Preferente: Xornada sen derrotas costeiras.
- Resultados da fin de semana futboleira do ecuador de outubro.
- Futsal Carballo: Os penaltis dan a Supercopa ao Tasca A Cunca/Supermercado C&M.
Artigos relacionados
- A Pizarra de Corredoira: Cursos de adestrador para o Fútbol da Costa.
- #Regateegol: Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Dieguito.
- Entrevista de David Castro con Manu Saleta: “Temos equipo de sobra para ascender” .
Fonte
- Redacción de QPC Deportes ([email protected]).