3ª Autonómica: Vanse clarexando as cousas
Van esclarecéndose as cousas por arriba na 3ª Autonómica a falta de 4 partidos para o remate da Liga regular. Por arriba, seguen as dúas loitas máis fermosas que nunca. O título segue en mans dun Independiente que salvou un dos partidos máis difíciles, o do Porteño na Grixa, que deixa aos carballeses líderes, xa só con 2 puntos sobre o Camelle (que superaba ao Ameixenda e segue nunha boa liña) e con 4 sobre o Porteño. Precisamente, a loita por esa 2ª praza será aínda máis dura, pois o cambio do ascenso directo á xogar a promoción é moi grande.
E na promoción, o Soneira B xa está matematicamente e o Cerqueda xa ten un pé posto trala vitoria ante o Alcaián. Un Cerqueda que leva nas últimas semanas vencendo a trancas e barrancas pero que matén unha privilexiada 5ª praza con 8 puntos xa sobre o Ameixenda, que ademais ten un partido máis. Así, parece que o Laxe o é que mellor chega a este treito final de competición. Vén de colocarse 6º, ten un partido menos que o Ameixenda, ten que sumar os 3 puntos do filial fisterrán e, o máis importante, chega con forzas e ilusión. Ten agora 2 puntos máis que o Laxe, e 5 sobre Nantón, Lira e Baíñas, que parece que quedan algo descolgados, pero aínda manteñen algunha opción.
Por certo, na promoción as tarxetas amarelas acumuladas durante a Liga non contan (si contan se sumas a 5ª na última xornada) así que vaian aguantando.
Porteño - Indep. Carballo (1-1)
- PORTEÑO: Pablo, Maikol, Sestayo, Óscar, Pejo, Ismael, Mario Toja, Gabi (Brais, min.55), David Toja, Cousillas (Búa, min.65), Yuyo.
- IDC: Noé, Castro (Jonathan, min.50), Seo, Scott, Belar, Carlos, Cholo, Mario, Velo (Jorge, min.48), Benítez, Juni.
- Goles: 1-0, min.60: David Toja tras revolverse dentro da área e a trompicóns; 1-1, min.63: Mario tra unha gran xogada individual.
- Lesión: o local Gabi.
Baíñas - Castrelo (4-1)
- BAÍÑAS: Damián, Simón (Sancho, min.70), Samuel, Luís, Héctor (Suso, min.80), Styven (Diego, min.60), Iván, Mario (Esteban, min.50), Cris, Fernando (Adrián, min.85), Taski.
- CASTRELO: Iván, Manolo, Mario, César (Edreira, min.55), Gus (Kevin, min.70), Litos, Esteban, Sergio, Felipe, Germán, Sergio Vilaseco.
- Goles: 1-0, min.25: Styven tras un erro do porteiro; 2-0, min.40: Cristian; 3-0, min.65: Cristian; 3-1, min.72: Edreira; 4-1, min.89: Diego.
Nantón - Lira (3-0)
- NANTÓN: Bonano, David, Eloy, Félix, Diego, Carlos Vidal, Fabio, Amado, Luís, Martín, Iván. Tamén xogaron Dani, Cachi e Rubén.
- LIRA: Andrés, Javier de Milucha, Pelexo (Isma), Fran de Muros, Santi, Germán (Mauro), Cristian, Michelón (Iago), Demetrio, Fran Perico, Oliver (Saúl).
- Goles: 1-0, min.50: Luís tras un rexeite do porteiro; 2-0, min.86: Luís; 3-0, min.89: Luís.
- Lesións: Michelón e Pelexo.
Coristanco - Muxía (1-1)
- CORISTANCO: Brais, Rubén, Jonathan, Juan (Magovi, min.60), Javi, Torreira (Alexis, min.30), Iván, Adrián, Navarro, Cancela, Gonzalo.
- MUXÍA: Ángel Luís, Luís Romaní, Martín, Ángel, Santi, Currás, Dimas (Casais, min.70), Javi, Adrián Negro (Carrera, min.80), Iván, Pardelo (Juan, min.65).
- Goles: 1-0, min.40: Rubén tras unha saída dende atrás; 1-1, min.92: Juan de penalti.
- Expulsións: os muxiáns Santi Papi e Javi na segunda metade.
- Lesión: o local Torreira.
Laxe - Corcoesto (3-0)
- LAXE: Diego, Samuel, Jacinto, Pailos, Samu Xuv, Gora (Adrián, min.80), Borja, Roi (Ventura, min.46), Mandi (López, min.46), Felipe, Carrabete (Zurich, min.46).
- CORCOESTO: Luís, Ángel, Sergio, Germán, Longo, Pablo, Javi, Xabi (Uru, min.80), Couto (Patelo,m in.65), Martín, Héctor.
- Goles: 1-0, min.48: Samuel con posición dubidosa; 2-0, min.60: Samuel; 3-0, min.80: Zurich.
Alcaián - Cerqueda (0-1)
- ALCAIÁN: Martín, Pombo, Marcos (Corral, min.75)Rubi, Iván, Facal, David, Pichel (Dani, min.70), Framil, Daviciño, Marqués.
- CERQUEDA: Rubén, Bastón, Javi, Pablo, Juanjo, Dani, Manu, Lorenzo, Dani Seaia, Dieguito, You (Iván Ponte, min.89).
- Gol: 0-1, min.50: Dani de falta directa.
Ameixenda - Camelle (2-4)
- AMEIXENDA: David, Álvaro, Alberto, Grille (Jorge, min.46), Bruno, Mateo, Manu (Demetrio, min.46), Jesús, Rioliño, Javi (Rodrigo, min.80), Ramiro.
- CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Valiña, Manuel, Matías, Mario, Barreiro (Mauri, min. 90), Tedín (Varu, min. 58), Jose (René, min. 69), Javi Rañal (Coruña, min.81), Miguel Riveiro.
- Goles: 0-1, min.15: Matías dende a súa propia área; 0-2, min.35: Barreiro; 0-3, min.55: Miguel Riveiro; 1-3, min.60: Mateo; 1-4, min.90: Barreiro; 2-4, min.93: Mateo.
Foi o vento un dos protagonistas do choque sabatino entre Ameixenda e Camelle no San Paio de Refoxos. O partido comezaba cun Ameixenda incisivo que metía ao Camelle na súa área. Pero un "tiro-despexe" de Matías dende a súa área era tragado polo meta ceense para que o Camelle se puxese por diante e se sacudise o control local.
O Camelle melloraba, baixando o balón e tocando, ante un Ameixenda que tamén combinaba pero que non era capaz de chegar con profunidade. Barreiro facía o segundo antes do descanso a pesar da igualadade.
A segunda comezaba de novo co Ameixenda volcado, desta volta co vento a favor, pero co gol de Miguel Riveiro aos 10 minutos, que case que mataba as esperanzas locais. E iso que o intentaban a balón parado de todas maneiras. Mateo foi o único capaz de superar a Purrúa en dúas inútiles ocasións.
Máis información
Crónicas da semana
- 2ª Autonómica: O Cee descólgase.
- 1ª Autonómica: Fisterra e Ponteceso segue metidos no lío.
- Preferente: Xornada de paso.
- Resultados e análise da xornada do #futboldacosta neste ecuador de abril.
Novas relacionadas
- Un cadete fisterrán do Dumbría probará co Levante.
- Entrevista de David Castro con Miki Pose, un cabanés en Dumbría.
- Vídeoentrevista de Anxo Garrido aos irmáns Mato do Cabana.
- Alberto Pose: Xa está de volta a Champions League do fútbol modesto.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Colabora Víctor Santos, Da Silva e o SD Camelle.