3 metais en Taekwondo e 6 podios en Baile deportivo para Arte e Movemento
08:20 23/05/12
Doble sesión esta pasada fin de semana para o activo Club Arte e Movemento. Baile e Taekwondo, con idénticos e positivos resultados.
6 podios en Baile deportivo
Este pasado domingo, o clube Arte e Movemento acudía ao Trofeo Sons/ Cidade de Compostela con 8 parellas. E volveron con 6 podios, nada menos.
No grupo Youth-adulto 1 E, coparon o podio por medio das parellas Iván e Aida, primeiros, Juan Luis e Noelia, segundos, e Martín e María, terceiros.
Ademais o clube costeiro tamén celebrou os podios de:
- En Senior 1 D - 2º posto para Manuel e Lucía.
- En Youth E - 3º posto para Cristian e Laura.
- En Adulto 1 B - 3º posto para Roberto e Patricia.
E rozando o podio estiveron os:
- Diego e Ariadna - 4º posto en Adulto 1 A standard.
- Cristian e Laura- 4º posto en Youth D latinos.
3 metais en Taekwondo
Paralelamente, o pasado sábado Arte e Movemento acodía tamén á Copa Cidade da Coruña de combate con 6 deportistas cos que acadaron 3 podios:
- Anxo Fernández, de Carnota, repite o ouro, algo caso ao que nos está xa acostumbrando.
- Adrián Saborido, de Carnota, acadou a prata.
- Cristian Domínguez, de Cee, deu a sorpresa coa prata, nun grupo bastante dificil.
Novas relacionadas
- Borracheira de trofeos para taekwondistas e bailaríns de Arte e Movemento.
- O carnotán Anxo Fernández representará a Galicia nun Open Internacional de Taekwondo.
- 3 medallas costeiras no Campionato Galego Infantil de Combate.
- O baile de Arte e Movemento estreou 4 novas parellas en Marín.
- Unha prata e un bronce con humildade para os taekwondistas da Costa da Morte.
- Xornada de aprendizaxe a nivel galego para os taekwondistas da Costa.
- Unha prata galega para o taekwondo ceense.
- Un ouro, dúas pratas e dous bronces para os taekwondistas da Costa en Malpica.
- 9 deportistas costeiros clasificados para a Copa Xunta de Galicia de Taekwondo.
- Comeza a campaña de taekwondo para ducias ducias de rapaces da bisbarra.
- 880 veciños participan nas actividades deportivas de Cee.
- Exhibición 2011: 2.000 persoas vibraron en Cee cunha tarde preciosa de baile e taekwondo.
- Exibición 2010: Máis de 1.500 persoas disfrutaron da beleza das artes marciais en Cee.
- Os taekwondistas costeiros acadaron o 2º posto nos Provinciais e preparan a exhibición anual.
- 3 pequenos taekwondistas da Costa clasifícanse para o Campionato Galego.
- Camariñas puxo o quimono.
- Doble éxito do taekwondo e do baile da Costa da Morte.
- A escola Arte e Movemento baila e pelexa.
Fonte
- Nota de prensa do Club Arte e Movemento, da man de Juan Carlos Díaz e Graciela Toba.