Xoves. 28.03.2024
El tiempo

3 xogadores do volei costeiro na Selección Galega e un carballés na Selección Española de balonmán

3 xogadores do volei costeiro na Selección Galega e un carballés na Selección Española de balonmán

De internacionais vai hoxe a crónica deportiva. I é que parece que a Costa da Morte segue dando alegrías. Hoxe coñecemos aos 3 xogadores do Voleu Dumbría, que foron convocados pola Selección Galega, e repasaremos a actuación do carballés David García Pichel coa Selección Española.

3 xogadores do Volei costeiro na selección galega

A liga de voleibol fai un parón este fin de semana para posibilitar os adestramentos das Seleccións Galegas cadetes masculinas e femeninas para preparar os campionatos de España por autonomias.

E nestes adestramentos participarán tres xogadores do Voleibol Dumbría. Dous xa son veteranos da Selección Galega, como son o corcubionés Javier Domínguez e o ceense Juan Carballo, que o pasado mes de maio acadaban o 7º posto no Campionato de España.

Pero ademais, nesta convocatoria debutará Ana Trinidad coa Selección Galega femonina. Os adestramentos serán o domingo para os chicos en Noia e as chicas en Lugo.

Un carballés na Selección Española de Balonmán

E xa que falamos de seleccións, non podemos esquencer a participación, estes días, do xogador do Xiria David García Pichel, coa Selección Española Xuvenil de Balonmán.
David comparte convocatoria con outros dous galegos, Gonzalo Carro Castro (Academia Octavio) e Manuel Iglesias Castro (OAR Coruña).

O carballés está en Dinamarca disputando o Scandibérico 2011, o campionato do mundo da categoría. tras dous encontros, o cadro español está na 3ª, tras caer no encontro inicial contra Suecia, e vencer ante Brasil.
David anotaba 1 tanto ante os brasileiros e 5 na derrota in extremis ante Suecia, encontro onde a "aportación de David García, xogador da AD Xiria, foi fundamental para reducir as distancias", como indica a crónica do encontro na web da Federación Española de Balonmán.

A vindeira cita do combinado vermello será esta mesma tarde de xoves cun encontro ante Portugal a partir das 18:00h.

Novas relacionadas

Comentarios