4 equipos costeiros participaron na doble sesión de Campionatos Provinciais de Atletismo en Pista

10:28 24/05/18
Fin de semana axitada en clave de atletismo escolar. En Ferrol e Ribeira celebráronse os campionatos provinciais de atletismo en pista, no que estiveron membros do Olimpia, do CEIP Santa Eulalia, do Manuela Rial e as Escolas Deportivas de Vimianzo.
Familia do Olimpia en Ribeira
O pasado sábado 19 de maio tivo lugar nas Pistas da Fieiteira (Ribeira) o Campionato Provincial de Atletismo en Pista en categoría benxamíns e alevíns.
Ata Ribeira viaxaron con Jorge Lariño por parte do Olimpia 3 nenos e 4 nenas. O resultado máis destacados foi o 3º posto en salto de lonxitude de Pablo Taboada. O resto da expedición foron Rubén Díaz (60 e 500m), Juan Castiñeira (en 1000m), Sabela Carreira (500m e en lonxitude), Liana Quintela (en 1000m e en relevos de 4x60), Laura Castiñeira (en 2000m e relevos de 4x60) e Lucía Quintela e Martina García (en relevos 4x60).
Pablo Taboada foi 3º en Salto
Pablo Costa Carabel quedou subcampion nos Provincias de 500
Tamém estivo o CEIP Santa Eulalia de Dumbría, con Dani López, e os participantes acadaron uns magníficos resultados. Martín Castiñeira Sánchez proclamábase campión provincial en lanzamento de pelota. Ademais, Pablo Costa Carabel subía tamén ao podio como subcampión provincial en 500 metros lisos, e Andrea Rey Barcia alcanzaba un meritorio 9º posto en lanzamento de peso.
Martín Castiñeira Sánchez foi campión de lanzamento de pelota nos Provinciais
Andrea Rey Barcia en peso
Das Escolas Deportivas do Concello de Vimianzo (e coa camisola do Terra de Soneira), Lucía Roget (80m e vallas), Nerea Blanco (en 80m e lonxitude), e María Mas, (avelina e peso). Unha emocionada Vicki Ulloa quere agradecer o traballo e o compromiso das súa “alumnas”.
Nerea Blanco do Terra de Soneira en Ribeira
Maria Mas terceira no podio
Sábado benxamín e alevín






