5 colexios de Cee e Camariñas pecharán cunha regata a campaña "O Mar na Escola"



A Escola de Vela Cataventos e o Club Marítimo Carrumeiro porán este sábado o broche de ouro ao programa "O mar na escola", coa organización dunha regata na que participarán cinco centros escolares de Cee e Camariñas.
A iniciativa de "O Mar na Escola", coa que colabora Ferroatlántica e o Concello de Cee, desenvolveuse durante os meses de marzo, abril e maio e este sábado culminará coa regata "III Competición en idade escolar" na que os nenos e nenas demostrarán os coñecementos adquiridos en navegación.
Os colexios participantes son os de Cee, Colexio Manuela Rial Mouzo e CEIP Eugenio López, que estarán con tres embarcacións; e de Camariñas, O Areal, o da Ponte do Porto e o Pedra da Aguia, tamén con tres embarcacións.
O sábado 4 de xuño ás 15:00h levará a cabo o rexistro de participantes e ás 16:00 darase o pistoletazo de saída á regata. Está previsto que a entrega de premios leva a cabo ás 18:00h.
Programa lúdico-educativo

O programa, que se desenvolve xa desde fai dez anos en Camariñas, imprantouse en Cee fai tres cun gran éxito de aceptación e este ano non foi menos. Durante tres meses os alumnos dos centros de Cee e Camariñas gozaron da práctica da vea combinada con clases teóricas e prácticas. Ademais de navegar, os nenos aprenderon a facer nós mariñeiros, normas de seguridade, nomenclatura náutica, achegamento á cultura mariñeira e os ventos.

Novas relacionadas
- Dumbría tamén apúntase á vela.
- O nordés dificultou a regata máis numerosa da ría de Corcubión.
- O C.N. Camariñas sorprende na 1ª Regata da Liga Costa da Morte de Vela.
- Corcubión, Camariñas e Fisterra abren a Liga Costa da Morte de Vela.
- Un paseo a vela cos pequechos da Escola Municipal de Corcubión.
- Liga Costa da Morte 2010: O Carrumeiro certificou a súa supremacía en Camariñas na Liga Costa da Morte de vela .
- II Competición en Idade Escolar 2010: A ría de Camariñas acolleu a súa competición do Mar na Escola.
Máis novas
Fonte
- Nota de prensa de Cataventos Escola de Vela.